Páginas

venres, 18 de novembro de 2016

Unha de Misterios Romanos



Como sabedes os que pasades pola biblioteca, gústannos Roma e todo o que ten que ver có mundo clásico e para demostralo vos invitamos a ler unha saga moi interesante de investigación criminal en Roma Misterios Romanos de Caroline Lawrence.  Flavia Gémina e a súa cuadrilla ofrecenos entretidas historias de detectives describindo como era a vida na antiga Roma.
E para mostra un botón no primeiro volume:
Ano 79 d.C. Flavia Gémina, filla dun mariño romano, está a piques de vivir unha emocionante aventura. Ao investigar o paradoiro dun anel que leva o selo do seu pai, Flavia coñece a Jonatán, un neno xudeu, a Nubia, unha nena escrava africana, e a Lupo, o pequeno esmoleiro mudo. A partir de entón, os catro novos amigos comezarán as pescudas para resolver a misteriosa morte duns cans, percorrendo xuntos o foro, a necrópole romana e o porto de Ostia, e o que é mellor, converteranse en moi bos amigos.


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Agradecemos as vosas aportacións sempre que sexan respetuosas. Os amantes da cultura, da información e da lectura non poden ser doutro xeito.
Grazas