Páginas

mércores, 28 de xuño de 2017

Danza en ruta



O Concello de Neda ten o pracer de ser a primeira Vila que acollerá o programa Danza en Ruta vinculado ao Festival Vai de Baile de Ferrol, dentro da Rede Complicidades, Rede Galega de Festivais de danza en espazos urbanos.
Temos a sorte de contar coa participación de tres grandes bailarinas que representarán pezas en formato curto:
Irene Vázquez de Descalzhinha de Ferrol-Madrid.
Estefanía Dondi de Costa Rica.
Nuria Sotelo e Cristina Vilariño de Galicia.

A duración total é de 45 minutos o venres 30 de xuño ás 20.30 h na Rúa Real. (zona torre do Reloxo)

Se queredes velo noutras zonas da comarca...


 

xoves, 22 de xuño de 2017

Ir a la escuela

LA SUERTE DE IR  A LA ESCUELA

"A menudo nos olvidamos de la suerte que tenemos de ir a la escuela." 

luns, 19 de xuño de 2017

E sí que estivemos na X Xornada de Clubs de Lectura



Dez rapaces de 1º e 3º da ESO e unha lectora do club de lectura de adultos acompañáronnos a esta festa da lectura na X Xornada dos Clubs de Lectura. Como dicíamos no post anterior disfrutamos de encontros con autores, con outros clubs de rapaces, asistimos a obradoiros de booktubers, de programa de TV con Óscar López de Página Dos, de manga, deseño grafico, graffiti, rap, regueifas, de literatura de medo, de viaxes.... da entrega do III Premio dos Clubs de Lectura a Miguelanxo Prado, unha xornada de calor asfixiante e frescor coa temática de Somérxete!!!. 
Non deixaremos de agradecer á Asesoría de Bibliotecas, o CAFI e Consellería de Educación tan boa organización e tanto que ver e apreciar.

Moitas grazas

Velaquí algúns exemplos da difusión que tivo esta xornada na prensa e nas redes sociais:

xoves, 15 de xuño de 2017

X Xornadas dos Clubs de lectura. Nos imos estar aí!




O 17 de xuño, en Compostela, celebrarase unha gran "quedada lectora" de integrantes dos clubs de lectura dos centros de ensino secundario de Galicia. 
Unha boa representación dos preto de 11.000 lectores e lectoras que, de forma periódica, se xuntan para compatir experiencia arredor dos libros e da lectura polos institutos e outros centros de ensino galegos, terán a oportunidade, xunto co profesorado que coordina estes clubs, de atoparse, compartir lecturas, experiencias e un importante número de actividades en compañía de autores.
Pedro Feijoo, Marcos Calveiro, Ledicia Costas, Carlos Negro, Rosalía Fernández Rial, Suso Fraga, Andrea Maceiras, Rosa Aneiros, Miguelanxo Prado, María Reimóndez, Miguel Anxo Fernández, Antón Riveiro Coello, Antía Otero, Xosé Tomás, Fran Alonso, Berta Dávila, Tamara Andrés e Francisco Castro
Entre outros participantes nesta X Xornada dos Clubs de Lectura, Óscar López, xornalista cultural (Página 2), ou Luís Pardo (cadena Ser); críticos como Ramón Nicolás ou Montse Pena Presas; expertos do mundo da dobraxe (Anxos Ferradáns) e do cine (Jorge Coira) ou narradoras, como Soledad Felloza,  compartirán coas lectoras e os lectores o seu tempo e as súas experiencias. 
As regueifas, o rap, o graffiti tamén estarán presentes, así como o teatro, o circo e a música tradicional galega (Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre). Haberá sesións específicas para profesorado que coordina os clubs de lectura, con Inés Miret e Mercedes Queixas. 
O final literario correrá a cargo de César MallorquíPremio Nacional de Literatura Infantil y Juvenil 2013 e Premio Cervantes Chico 2015 a toda a súa obra xuvenil,  un dos autores en lingua castelá máis lidos polos clubs de lectura ano tras ano.
Unha grande celebración co gallo dos dez anos continuados da iniciativa CLUBS DE LECTURA nos centros de ensino secundario de Galicia, dentro do programa HORA DE LER para o fomento da lectura no ámbito educativo.

Norabóa a todos os centros e á Asesoría de Bibliotecas Escolares de Galicia 
por propiciar esta marabillosa aventura!

Ver o programa

martes, 6 de xuño de 2017

IntraExp de 1ºESO e Carlos Casares


 

 Tras varias semanas de traballo e incidencias como festivos, excursións, etc, por fin saen os Popplets adicados a Carlos Casares.

luns, 5 de xuño de 2017

Premios Xerais 2017. Norabóa


Os distintos xurados das edicións dos Premios Xerais acaban de resolver a incógnita e os gañadores son:


Norabóa a todos e xa estamos desexando ler as novidades.




sábado, 3 de xuño de 2017

Visita á Semana do Libro en Santiago



O pasado luns invitáronnos á Feira do Libro en Santiago de Compostela, a razón foi o 25º aniversario da publicación de O enigma de Embívicus de José Antonio Perozo. Onte venres xuntámonos algúns dos membros do club de lectura de 1º e 2º da ESO cos lectores na época da súa saída ao mundo da literatura xuvenil e o mesmo autor.
Unha experiencia apaixoante porque tres dos nosos alumnos puideron participar como portavoces do grupo na rolda de conversa co autor e o editor Francisco Castro, director da editorial Galaxia á que temos que agradecer a experiencia e o convite.
Tamén tivemos o pracer de falar con David Cortizo da editorial Urco que nos explicou o nacemento da editorial os fondos que foron publicando e mesmo nos fixo unhas recomendacións que xa lle encargamos coa promesa de que nos ía traer algún autor para o curso que ven.
Logo de dar un paseo polo salón, mercar algún libro, non podía ser doutro xeito, fixemos unha escapada polo casco vello da cidade para visitar a biblioteca da Facultade de Xeografía e Historia, unha delicia aínda que como había moita xente estudando non puidemos revolver moito.
Esperamos que o pasaran ben e disfrutaran da experiencia.