Páginas

domingo, 21 de xuño de 2020

7.000 mapas e planos do Ministerio de Defensa xa son de dominio público



O Ministerio de Defensa pon ao dispor do persoal investigador, e da cidadanía en xeral, máis de 7.000 mapas e planos da cartografía histórica conservada no Arquivo do Centro Xeográfico do Exército, un referente para o estudo da cartografía en xeral e da cartografía militar en particular. Dita documentación está publicada baixo a licenza Creative Commons CC0 (dominio público) e pódese consultar desde a Biblioteca Virtual de Defensa onde temos que seleccionar o menú superior «Consulta» e na apartado Biblioteca seleccionar «Arquivo Cartográfico de Estudos Xeográficos do Centro Xeográfico do Exército».

Vía Julián Marquina

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Agradecemos as vosas aportacións sempre que sexan respetuosas. Os amantes da cultura, da información e da lectura non poden ser doutro xeito.
Grazas