Blog da biblioteca do I.E.S. FERNANDO ESQUÍO de Neda (A Coruña)
Páginas
▼
sábado, 20 de xuño de 2020
Tal día como hoxe...abolición da escravitude por Isabel a Católica
20 Xuño do 1500 mediante unha Real Provisión Isabel a Católica prohibe a escravitude. Con esta Real Provisión a soberana castelá, converteuse na primeira persoa por preocuparse dos dereitos dos indios.
@abc
Atopándose a soberana en Sevilla acudira a ver o desembarco de dúas naves recentemente chegadas de América. Os barcos chegaron abarrotados de indios.
Isabel quedou impactada ao ver a escena e preguntouse: «Que poder ten meu o Almirante para dar a ninguén aos meus vasallos?». Por este motivo, o 20 de xuño de 1500 Isabel decretou na cidade de Sevilla unha Real Provisión. Nela, prohibía a escravitude e que se devolvesen as terras que antes lles pertenceron. Esta lei é moi importante, porque non só se prohibe a escravitude senón que considera aos indíxenas súbditos da Coroa.
«Y no consientan ni den lugar que los indios reciban agravio alguno en sus personas y sus bienes, mas manden que sean bien y justamente tratados, y si algún agravio han recibido, lo remedien».
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Agradecemos as vosas aportacións sempre que sexan respetuosas. Os amantes da cultura, da información e da lectura non poden ser doutro xeito.
Grazas