O noso ben querido poeta e
tradutor nedense Vicente Araguas foi galardoado co Premio Internacional de
Literatura Gustavo Adolfo Bécquer polo
seu libro "Basilio de Brito volveu a Lisboa" e o conxunto da súa
obra.
Segundo informou
a editorial Sial Pigmalión, este premio, creado en 2008 xunto
co PEN Club Español, reivindica a figura de Gustavo Adolfo Bécquer, máximo representante do posromanticismo literario en lingua española,
un dos poetas con maior influencia na poesía do século XX no ámbito hispánico, de quen se conmemora
en 2020 o 184 aniversario do seu nacemento.
A obra premiada
será presentada na próxima Feira do Libro de
Bogotá ( FILBO) e na Feira do Libro de Madrid (FILM) 2020
Norabóa por tan fermoso e merecido galardón
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Agradecemos as vosas aportacións sempre que sexan respetuosas. Os amantes da cultura, da información e da lectura non poden ser doutro xeito.
Grazas