Ernesto Viéitez Cortizo foi elixido como o científico galego na Semana da Ciencia 2020. O científico cursou os primeiros estudos no Colexio dos Maristas de
Pontevedra e os de bacharelato no Instituto da mesma cidade. Ao non poder
seguir a carreira de Ciencias Naturais, titulación que só se impartía nas
Universidades de Madrid e Barcelona, optou por matricularse na Universidade de
Santiago en Farmacia, carreira que daba satisfacción á súa vocación naturalista
e permitíalle adquirir coñecementos en física e química. Obtivo a licenciatura
en Farmacia aos 21 anos, en 1942, e un ano despois pediulle ao recen
incorporado catedrático de Botánica da Facultade de Farmacia, Francisco Bellot
, que lle dirixira a súa tese doutoral, Estudios botánicos sobre la
flora alergógena y contenido en polen de la atmósfera de la comarca de Santiago
de Compostela, que presentou en 1946 na Universidade Central de Madrid.
Froito do traballo realizado para a tese foi a publicación de seu primeiro
artigo científico, asinado con Francisco Bellot, “Primeros resultados del
análisis polínico de las turberas gallegas” (Anales de Edafología y
Fisiología Vegetal, II, 4, 1945). Outras publicacións ligadas ao tema da
súa tese foron: “Análisis polínico atmosférico de Pontevedra y estudio de la
flora alergógena en la comarca” (Anales de la Real Academia de Farmacia,
3.1947); “El polen de las mieles de Galicia” (Anales de Edafología y
Fisiología Vegetal, X, 1, 1951), “El uso del cloruro 2,3,5-trifenil
tetrazolium para determinar la vitalidad del polen” (Anales de Edafología y
Fisiología Vegetal, 3: 297-308; 1952).
Podedes seguir lendo a súa biografía na web do Consello da Cultura Galega
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Agradecemos as vosas aportacións sempre que sexan respetuosas. Os amantes da cultura, da información e da lectura non poden ser doutro xeito.
Grazas