Nin pandemia nin
ningún dos outros tres termos finalistas relacionados con ela. Nós foi
proclamada Palabra do Ano 2020 polas persoas que participastes na elección
popular que promovemos dende o Portal das Palabras.
A voz gañadora salienta
algo bo dun ano ben complicado, a celebración do centenario da xeración Nós, e
olla cara ao futuro con optimismo porque nos lembra tamén que saírmos da crise
global provocada polo SARS-CoV-2 depende da primeira persoa do plural máis
absoluta, xusto nun momento en que cobra forza outra das palabras finalistas
cuxo éxito dependerá da implicación de todas e todos nós: vacina.
Seguir lendo no Portal das palabras
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Agradecemos as vosas aportacións sempre que sexan respetuosas. Os amantes da cultura, da información e da lectura non poden ser doutro xeito.
Grazas