Páginas
venres, 30 de abril de 2021
xoves, 29 de abril de 2021
Tal día como hoxe.... naceu Constantino Cavafis
O 29 de abril de 1863 naceu o poeta grego Constantino Cavafis, unha das figuras literarias máis importantes do século XX neste país. Algunhas das súas obras máis coñecidas son "Ítaca" ou "Esperando a los bárbaros".
Pide que el camino sea largo. Que sean muchas las mañanas de verano en que llegues, ¡con qué placer y alegría! , a puertos antes nunca vistos.
Tu llegada allí es tu destino. Mas no apresures nunca el viaje. Mejor que dure muchos años y atracar, viejo ya, en la isla, enriquecido de cuanto ganaste en el camino.
mércores, 28 de abril de 2021
Participamos no Calendario Científico Escolar?
O tema que propoñemos é a vacinación, aproveitando a Semana Mundial da Inmunización que se celebra entre o 24 e 30 de abril e cuxo lema este ano é “As vacinas achégannos”. Esta semana representa unha oportunidade única para desenvolver accións que xeren confianza no valor das vacinas como un ben público que salva vidas, protexe a nosa saúde e permitiranos volver estar preto das nosas familias e amizades.
Se vos gusta a idea, animámosvos a participar! Escollede unha efeméride e enviádea ao correo electrónico (calendario.cientifico@csic.es).
Poden ser aniversarios que conmemoren o descubrimento e desenvolvemento de vacinas ou a erradicación de enfermidades a través da inmunización.
luns, 26 de abril de 2021
Novo código QR para a Olimpiada Cultural
sábado, 24 de abril de 2021
venres, 23 de abril de 2021
Novidades: Un agasallo neste día Saga El arco de la guadaña
Se es deses que temen a tecnoloxía, que desconfían do big data e todas esas cousas que non sabemos moi ben que son pero que tan ameazadoras parecen, déixanos dicirche que che equivocas. O mellor que podería pasar é que a tecnoloxía tomase o mando.
Así sucedeu no futuro no que viven Rowan e Citra; un futuro controlado pola intelixencia artificial do Nimbo, onde non existen os gobernos, nin as guerras, nin a pobreza… nin a morte.
Antes, as persoas morrían por causas naturais. Existían asasinos invisibles chamados enfermidades, o envellecemento era irreversible e producíanse accidentes dos que non se podía regresar. Agora, todo iso quedou atrás e só perdura unha verdade moi simple: a xente ten que morrer. E esa é a tarefa dos segadores. Porque nun futuro onde a humanidade controla a morte, quen decide cando e como sementala?
Esta triloxía forma parte xa da series máxicas que vermos na pantalla non moi tarde, vos deixamos aquí as palabras de Neal Shusterman cando recibeu o Premio Templi pola súa 2º entrega da saga:
Ler a reseña en La devoradora de libros.
Amor polos libros
Al lector de pronto se le llenaron los ojos de lágrimas,Y una voz cariñosa le susurró al oído:
-¿Por qué lloras, si todo
en este libro es de mentira?
Y él respondió:
-Lo sé;
pero lo que yo siento es de verdad.
Ángel González (1925/2008)
Na Feira do Libro de Ferrol...encontros con autores
No Día do Libro 2021 Emilia Pardo Bazán
Doodle, libros e autores
Están a Biblioteca Nacional de España, Emilia Pardo Bazán, Concepción Arenal, Rosalía de Castro, Lope de Vega, Cervantes, Dumas, Chejov, Pasternak, Kafka, Paz, Grimm, Flaubert, Shakespeare, Flaubert, Dickens, Pessoa, Zambrano, Wolf, Wilde, Shelley... e moitos máis, os vedes???
Feliz Día do Libro
xoves, 22 de abril de 2021
Falamos con Andrea Maceiras
Hoxe na víspera do Día do Libro, Andrea Maceiras visitounos aínda que de xeito virtual. Andrea xa nos visitara noutras ocasións e coa experiencia que nos da este dato podemos dicir que estamos encantados.
Os alumnos dos dous grupos de 3º ESO disfrutaron da súa compaña e da súa experiencia como escritora, eso sí coas debidas medidas de afastamento nas súas aulas, como non pode ser doutro xeito.
A proposta de O que sei do silencio supuxo unha chamada de atención aos rapaces para que non den a espalda a comportamentos insolidarios e pouco recomendables, todos somos aqueles que son esquecidos, abusados e insultados, non podemos mirar cara outro lado e Andrea Maceiras coa súa obra nos fai reflexionar do noso papel na sociedade.
Despois da presentación da autora por rapaces de 3º iniciouse unha charla moi placentera na que pensamos que Andrea estivo cómoda, os rapaces encantados coma sempre pois a autora xa estivo con nos en outras dúas ocasións e con outros grupos.
Esperamos que Andrea siga despertando en nos tantos sentimentos e que nos siga engaiolando coa palabra.
Vos deixamos o vídeo da entrega do Premio dos Clubs de Lectura 2020 que se lle fixo entrega en novembro, cando se puido nas Xornadas de Bibliotecas Escolares.
mércores, 21 de abril de 2021
Polo Día do Libro unha rosa de papel e...algo máis
martes, 20 de abril de 2021
No mes das letras...Manuel Rivas na Caixa das letras
Galicia e as súas paisaxes literarias
Hoxe no Instituto Cervantes de Moscú Ramón Villares dará unha conferencia virtual baixo o título de "Santiago de Compostela, unha cidade europea" no ciclo Cidades e paisaxes literarios de España celebrando o Ano Santo.
Ramón Villares é Catedrático de Historia Contemporánea da Universidade de Santiago de Compostela, institución na que desempeñou o cargo de Reitor Magnífico (1990-1994). Foi Presidente do Consello da Cultura Galega (2006-2018) e é membro numerario da Real Academia Galega. Entre as súas múltiples publicacións merece destacarse Historia de Galicia (Galaxia, Vigo, 2004).
domingo, 18 de abril de 2021
Tal día como hoxe...comezou a construcción da Basílica de San Pedro
El 18 de abril de 1506 se coloca la primera piedra de la Basílica de San Pedro en la ciudad del Vaticano. Se comenzó a construir por orden del papa Julio II y terminó 120 años después!, el 18 de noviembre de 1626.
https://www.st-peters-basilica-tickets.com/es/st-peters-basilica
https://www.youtube.com/watch?v=kRyLV8Ra2Ps |
sábado, 17 de abril de 2021
Día Europeo da Información Xuvenil 2021
Como cada 17 de abril, todos os mozos e mozas e os Servizos de Información Xuvenil de toda Europa celebran o Día Europeo da Información Xuvenil.
Este día, que foi declarado no 1983 pola Axencia Europea de Información e Asesoramento Xuvenil (Eryica) e o Instituto Español da Xuventude (Injuve), significa unha oportunidade para recoñecer o traballo dos servizos de información xuvenil, especialmente nun momento como o actual.
Por iso vos invitamos a que visitedes o Servicio de Información do voso concello e non deixedes de participar nas distintas convocatorias que propoñen porque non debemos quedarnos parados, hai que moverse neste tempo de confinamento.
Visitade a web oficial para estar informado das convocatorias de ámbito nacional como:
mércores, 14 de abril de 2021
Gutenberg
martes, 13 de abril de 2021
É seguro onde gardas e cómo envías a información?
luns, 12 de abril de 2021
Homenaxe a Clara Campoamor
Hoxe comezou a homenaxe a Clara Campoamor no Congreso dos Deputados, unha das 3 primeiras diputadas na historia española xunto a Victoria Kent e Margarita Nelken, elixidas nas eleccións de 1931 que loitaron polo voto feminino. Consiguíu o seu escaño nun momento no que as mulleres podían ser designadas para o escaño pero non podían votar.
Con este homenaxe rematará o 1 de outubro cando se celebrará o 90º aniversario da histórica votación por 161 votos a favor e 131 en contra pola que se aprobou o dereito ao voto da muller en España.
Recordemos algunhas das súas palabras:
1 «Estou tan afastada do fascismo como do comunismo, son
liberal»
2 «A liberdade apréndese exercéndoa»
3 «Ante todo son humanista»
4 «A vitoria total, completa, esmagadora dun bando sobre o
outro, cargará ao vencedor coa responsabilidade de todos os erros cometidos e
proporcionará ao vencido a base da futura propaganda, tanto dentro como fóra
das nosas fronteiras»
5 «República, república sempre, a forma de goberno máis
conforme coa evolución natural dos pobos»
6 «Defendín en Cortes Constituíntes os dereitos femininos,
deber indeclinable de muller que non
pode traizoar ao seu sexo»
7 «Resolvede o que queirades, pero afrontando a
responsabilidade de dar entrada a esa metade do xénero humano en política, para
que a política sexa cousa de dúas»
8 «O feminismo é unha protesta valerosa de todo un sexo contra a positiva
diminución da súa personalidade»
9 «A división tan sinxela como falaz feita polo goberno
entre fascistas e demócratas para estimular ao pobo non se corresponde coa
verdade»
10 «É imposible imaxinar unha muller dos tempos modernos
que, como principio básico de individualidade, non aspire á liberdade»
domingo, 4 de abril de 2021
III Olimpiada Cultural
Lembrade, mañá comezamos a nova edición da Olimpiada Cultural.
Os participantes xa estades inscritos na aula virtual onde poderedes acceder ás preguntas do día, o pista a pista, a aposta e, para os do 2º ciclo e bacharelato, o preguntón.
Tedes moito que disfrutar nesta edición e se tedes algunha dúbida, entrade no site da Olimpiada premendo na imaxe de arriba ou na web do instituto onde tamén atoparedes as Bases do concurso.
venres, 2 de abril de 2021
Día Internacional do Libro Infantil 2021: A música das palabras
Desde 1967, o 2 de abril, coincidindo coa data do nacemento do escritor danés Hans Christian Andersen, o IBBY promove a celebración do Día Internacional do Libro Infantil co fin de promocionar os bos libros infantís e xuvenís e a lectura entre os máis novos.
Cada ano, unha sección nacional do IBBY ten a oportunidade de ser a patrocinadora internacional do Día do Libro Infantil e selecciona un escritor representativo e a un recoñecido ilustrador do seu país para que elaboren a mensaxe dirixida a todos os nenos do mundo e o cartel que se distribúe por todo o mundo, e promóvase a celebración nas bibliotecas, centros escolares, librerías, etc. Este ano correspóndelle á sección de Estados Unidos ( USBBY), que difunde a mensaxe da escritora Margarita Engle (co título de «A música das palabras»), ilustrado por Roger Mello.