O tema que propoñemos é a vacinación, aproveitando a Semana Mundial da Inmunización que se celebra entre o 24 e 30 de abril e cuxo lema este ano é “As vacinas achégannos”. Esta semana representa unha oportunidade única para desenvolver accións que xeren confianza no valor das vacinas como un ben público que salva vidas, protexe a nosa saúde e permitiranos volver estar preto das nosas familias e amizades.
Se vos gusta a idea, animámosvos a participar! Escollede unha efeméride e enviádea ao correo electrónico (calendario.cientifico@csic.es).
Poden ser aniversarios que conmemoren o descubrimento e desenvolvemento de vacinas ou a erradicación de enfermidades a través da inmunización.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Agradecemos as vosas aportacións sempre que sexan respetuosas. Os amantes da cultura, da información e da lectura non poden ser doutro xeito.
Grazas