mércores, 28 de abril de 2021

Participamos no Calendario Científico Escolar?


O equipo do Calendario Científico Escolar convida a todos os centros educativos a participar activamente na creación do próximo calendario 2022, a través da procura de aniversarios científicos e tecnolóxicos.

O tema que propoñemos é a vacinación, aproveitando a Semana Mundial da Inmunización que se celebra entre o 24 e 30 de abril e cuxo lema este ano é “As vacinas achégannos”. Esta semana representa unha oportunidade única para desenvolver accións que xeren confianza no valor das vacinas como un ben público que salva vidas, protexe a nosa saúde e permitiranos volver estar preto das nosas familias e amizades.

Se vos gusta a idea, animámosvos a participar! Escollede unha efeméride e enviádea ao correo electrónico (calendario.cientifico@csic.es).

Poden ser aniversarios que conmemoren o descubrimento e desenvolvemento de vacinas ou a erradicación de enfermidades a través da inmunización.

Ningún comentario :