Seguro que non lembrades a David Rubín, un dos nosos ilustradores e autores favoritos máis creativos, que veu de visita por alá no 2015.
Acaba de presentar a súa última obra O lume, e como temos contacto con él, nola asinou e dedicou ao club de lectura.
Un inmenso asteroide aproxímase á Terra en traxectoria de colisión. Alexander Yorba, un afamado arquitecto de mediana idade, é o encargado de idear e levantar con urxencia unha colonia lunar para asegurar a pervivencia da humanidade #ante o inevitable desastre. Inmerso na devandita construción, diagnostícaselle un tumor cerebral en fase terminal; apenas lle restan de vida os mesmos meses que faltan para que o asteroide choque co noso planeta. Este dramático feito fará que se reformule a súa propia natureza profesional e persoal, o que lle leva a renunciar aos seus labores na colonia para reunirse coa súa familia, coa que apenas tiña contacto. Unha decisión que desencadeará unha serie de fatídicos acontecementos que danarán o crédito profesional e a vida familiar de Alexander, condenándoo a vagar nunha dramática, visceral e reveladora odisea por diferentes lugares do mundo; unha desesperada carreira cara ao fin dos tempos, contra a morte, a tolemia e a súa propia e atormentada conciencia.
Estamos desexando ler esta obra tan agaiolante. Esta edición de Demo Editorial contén unha ilustración que enmarcaremos, a edición en castelán de Astiberri pon á venda o making of da obra cos borradores orixinais.
Grazas David pola dedicatoria.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Agradecemos as vosas aportacións sempre que sexan respetuosas. Os amantes da cultura, da información e da lectura non poden ser doutro xeito.
Grazas