O vindeiro xoves teremos o pracer de disfrutar da maxia de David Rubín e as súas obras.
Levou o segundo premio no XV Concurso Galego de Banda Deseñada Xuventude 99 coa obra Penso en ti e o resto é sinxelo. Primeiro premio das Xornadas de Banda Deseñada de Ourense, na categoría de 22 a 30 anos, nos anos 2000 (por A sombra xigante que me afoga) e 2002 (por Antón ardendo) e mais o cuarto premio en 2001. Premio Ourense ao mellor autor afeccionado (Casa da Xuventude de Ourense, 2000). Gañador en xaneiro de 2003 do VIII Certame de Cómic de Arteixo, correspondente ao ano 2002. Gañador en marzo de 2004 do IX Certame de Cómic de Arteixo coa historia O segundo que ía dicirche. En 2004 fíxose co segundo premio do certame Na Vangarda (Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade) polo relato breve Corredora feito en equipo con Emma Ríos. Gañador en 2005 do I Premio Castelao de BD (Deputación Provincial da Coruña) coa novela gráfica Onde ninguén pode chegar. Venceu tamén en 2005 no certame Na Vangarda coa historia curta Patacas. Gañador do Premio Josep Toutain ao Mellor Autor Novel no Salón Internacional do Cómic de Barcelona 2007, pola súa novela La tetería del Oso Malayo. Este mesmo título valeulle o premio da crítica española á mellor obra nacional de 2006 e mais ser finalista no Premio Nacional de Cómic concedido en 2007. Polo primeiro volume de El Héroe foi recoñecido co premio da crítica española, anunciado en Aviles en 2011. A mesma obra valeulle o galardón á Mejor obra nacional de 2011 no Salón do Cómic de Zaragoza.E para ir facendo boca escoitade unha entrevista que se lle fixo có motivo da firma de exemplares de El Héroe para a MeGaBiblioteca do MGB.