Páginas
xoves, 30 de marzo de 2023
Encontros PLAMBE 2022/2023, alí estaremos
luns, 27 de marzo de 2023
Visita de autores: Eva Mejuto
Hoxe 27 de marzo Eva Mejuto acompañounos para presentar a súa última obra A ladroa da biblioteca de Meiras e falarnos da memoria histórica que tamén retratou en Memoria do silencio e A lavandeira de San Simón sembre desde a perspectiva da rapazada e as mulleres que lles tocou vivir eses tempos.
A autora nos lembra coas súas obras a presencia das mulleres como elemento fundamental como voz da historia.
No caso de Mariña na ladroa da biblioteca, có perigo de ser vista, o medo de que desen con ela, formaba parte dun xogo ao que a rapaza estaba prendida. Coábase na mellor biblioteca do mundo, a de Emilia Pardo Bazán. Ata que non puidese saír da aldea, ese era, sen dúbida, o único paraíso posible. Ás veces a felicidade era tal que esquecía onde estaba e o perigo que corría. Facía mal en coller «prestados» os libros? E ese verán pasarían tantas cousas que todo cambiaría de vez na vida de Mariña, no Pazo de Meirás e, talvez, no país enteiro...
No caso de a Memoria do silencio, as irmáns Touza que axudaron a tantas persoas que escapaban da tolemia nazi, cruzando a liña para embarcar a América desde Portugal.
En A lavandeira de San Simón Xullo e Teresa achéganse á illa para levar roupa e alimentos ás persoas que están nela, pero por qué están alí....?
Moitas grazas á autora por achegar eses periodos da nosa historia que os rapaces non coñecen ben.
Día Mundial do Teatro
Neste día tan próximo ao Día da Muller imos repasar a Historia do Teatro desde o punto de vista da muller, porque sí, houbo mulleres dramaturgas, non só actrices... estivemos relegadas a non subir á escea pero non sempre!. Inés de Arce nos fai este repaso:
00:00 Intro 04:47 Grecia 08:30 Roma 11:34 La Edad Media 16:25 El Renacimiento (La Comedia del Arte) 18:34 El Siglo de Oro 20:56 El teatro Isabelino 21:59 La ópera 22:49 Aphra Behn 23:24 Los avances de las mujeres en el teatro inglés 24:58 El teatro en Latinoamérica antes de la colonización 25:21 Las misiones evangelizadoras y Sor Juana Inés de la Cruz 26:43 La independencia estadounidense 27:13 El teatro moderno y contemporáneo.
xoves, 23 de marzo de 2023
No mes da muller: Exposición Elvira López Mourín, unha enfermeira de altura
Esta semana disfrutamos da exposición comisiarada pola Academia de Enfermaría de Galicia sobre Elvira López Mourín, unha heroína descoñecida cuxa figura sae á luz cen anos despois. Grazas á investigación coordinada polo presidente da Academia Isidoro Rodríguez.
A protagonista é de Lugo, muller e unha das cinco primeiras enfermeiras profesionais de España. Aínda por riba, en 1922 foi a primeira enfermeira en participar nun voo sanitario militar. Sobrevoou o campo de batalla na guerra do Rif para atender nunha noite a máis de 300 soldados feridos. A súa carreira non acabou aí senón que a levou ata enfrontarse a un consello de guerra polo seu labor no hospital. Todo isto sen perder o seu vínculo coa súa aldea natal.
A historia de Elvira empeza en Láncara. Naceu en 1893 na aldea de San Martiño de Río, filla de nai solteira. Os investigadores perden a súa pista ata os seus 25 anos. Entón, vivía en Madrid xunto a outra enfermeira e o seu afillado. Naquel 1921, conseguiu ingresar na primeira promoción da Escola da Cruz Vermella Española para enfermeiras. Os requisitos para ingresar eran saber ler, escribir e ter coñecemento básicos de matemáticas.
O feito de nacer na parroquia lucense garda unha gran importancia, xa que os investigadores cren que Elvira López aprendeu a ler e escribir concienzudamente para entrar na escola de enfermería. A principios de século, as mulleres non acudían ás escolas e menos nunha pequena aldea do rural. Elvira foi pioneira xunto a outras catro futuras enfermeiras. Ata 1915 as mulleres tiñan prohibido estudar na universidade. Ademais, a profesión de enfermería non existía como tal. As primeiras en solicitar esta formación foron as congregacións relixiosas femininas, pero tan só para as propias monxas. Posteriormente, en 1917, creouse a primeira escola en Barcelona, tamén de Cruz Vermella, pero formaba «damas enfermeiras» que non tiñan titulación. A promoción de Elvira foi a primeira de enfermeiras profesionais.
Seguir lendo en La Voz de Galicia.
mércores, 22 de marzo de 2023
¡Hola, menstruación!
Tal y como indican las autoras en el prólogo, es totalmente normal sentir, durante la pubertad, nervios, miedo e incluso emoción ante los primeros síntomas menstruales. Para conocer al detalle todo el proceso y responder a las múltiples preguntas que pueden surgir a lo largo de esos años la doctora Melissa Kang, con la ayuda de la escritora y periodista Yumi Stynes, que aporta una visión humorística y desenfadada de cada asunto, ofrece un completo y riguroso catálogo de aclaraciones, datos curiosos, apuntes de anatomía fundamental… en esta obra "¡Hola menstruación!"
Todo ello conforma una necesaria y ambiciosa guía que va mucho más allá de un análisis del ciclo, incluyendo la visión que tienen los chicos sobre esa fase, las relaciones existentes entre la menstruación y el medio ambiente, las características de los órganos genitales y una amplia variedad de temas prácticos que serán, sin duda, de gran ayuda, además de un glosario final.
Las ilustraciones, en tono caricaturesco y con ciertos rasgos del mundo del cómic, corren a cargo de la joven artista británica Jenny Latham. La pareja de escritoras son muy populares gracias al podcast de la cadena ABC Ladies, we need to talk.
luns, 20 de marzo de 2023
1984
Londres 1984.
Winston Smith es un empleado del Partido. Se encarga de revisar la historia, borrando los rastros del pasado. En un mundo aterrador, dominado por la paranoia, donde todo sentimentalismo está prohibido, Winston se siente atraído por una joven llamada Julia, pero una relación sería potencialmente peligrosa, incluso mortal. Juntos, intentarán escapar del control del Gran Hermano, líder omnipotente del gobierno. Pero ¿es eso posible en una sociedad totalitaria donde cada hecho y gesto es controlado y grabado?
Baseada na novela orixina de George Orwell esta novala gráfica segue espertando en nos inguedanzas.venres, 17 de marzo de 2023
Día Nacional do Cómic
xoves, 16 de marzo de 2023
Europesadilla; Alguien se ha comido a la clase media
Cuando la clase media protagoniza una peli de terror, Europa tiembla.
Cuando Europa dirige una peli de terror, la clase media tiembla.
¿Sabemos identificar nuestros miedos más ancestrales? ¿Dónde están los monstruos que quieren chuparnos la sangre? Y lo peor de todo... ¿qué demonios significa ser europeos?
Aleix Saló amplía su punto de mira y nos lleva de safari por la Unión Europea, un territorio salvaje e indómito en el que ni Dios sabe por dónde van los tiros.
Aleix Saló preséntanos en Europesadilla a súa opición en clave de humor, ou non tanto, da sociedade e do mundo actualsábado, 11 de marzo de 2023
Ana Alonso na Semana Internacional da Muller
Ana Alonso visitounos onte 10 de marzo para falar da súa obra e presentarnos "20 días de
abril", unha novela onde un grupo de rapaces sobreviven ao confinamento
nunha residencia estudiantil na Universidade de Sterling, Escocia; falan de
curiosidades e vivencias dos seus países de orixe, destacando as diferencias
pero tamén as similitudes.
Ana contounos a
súa experiencia como escritora e cómo chegou a escribir obras xuvenís tan
dispares como a saga de ciencia ficción (aínda que agora non tanto) La llave
del tiempo, ou a saga de fantasía histórica Yinn, ou obras tan realistas como
esta de "20 días de abril" ou "El sueño de Berlín" ou
"Odio el rosa".
Un pracer contar con ela nesta semana onde as autoras están tan presente polo Día Internacional da Muller.
Ver a galería de imaxes.
venres, 10 de marzo de 2023
mércores, 8 de marzo de 2023
No Día Internacional da Muller
En marzo de 1908 un grupo de obreiras téxtiles de Nova York decidiu saír á rúa para protestar polas malas condicións de traballo. Entre outras cousas, demandaban a igualdade salarial, a diminución da xornada laboral a 10 horas e un período de tempo para poder dar de mamar aos seus fillos. Aos poucos días, un incendio nunha fábrica de camisas acabou coa vida de máis dun centenar de mulleres, moitas delas inmigrantes. O impacto social do suceso foi tal que Estados Unidos fixo cambios lexislativos na súa memoria. E por iso, ademais, cada 8 de marzo celébrase o Día da Muller.
Estos recursos son ideais para transmitir os motivos da loita feminista e reinivindicar a igualdade nas aulas:
- Cortometraxes sobre a igualdade e non discriminación na aula e na casa.
- Charlas TED sobre feminismo.
- Podcast "De seños, a mestras e pioneiras"
- Oca feminista e outros xogos
- Ideas doutros profes xeniais
Rosco de Mulleres Científicas no Día Internacional da Muller
No Día Internacional da Muller: Para ser iguais
Os estereotipos non axudan, podemos ser iguais, somos iguais.
martes, 7 de marzo de 2023
No Día Internacional da Muller: Por un mundo dixital inclusivo: Innovación e tecnoloxía para a igualdade de xénero
Sumámonos á celebración de ONU
Mujeres e Nacións Unidas do Día Internacional da Muller baixo o lema "Por un mundo dixital inclusivo: Innovación e
tecnoloxía para a igualdade de xénero".
As decisións que tomamos influirán no camiño que temos que percorrer de agora en adiante.
1. Temos moito traballo que facer:
1.
Pechar
todas as brechas en materia de acceso e competencias dixitais
2.
Apoiar
ás mulleres e as nenas nas áreas da ciencia, a tecnoloxía, a enxeñería e as
matemáticas (STEM)
3.
Crear
unha tecnoloxía que satisfaga as necesidades das mulleres e as nenas
4.
Acabar
coa violencia de xénero facilitada pola tecnoloxía
xoves, 2 de marzo de 2023
Seguimos coa saúde mental: Non penses nun elefante rosa de Antía Yáñez
Aurora é nova, independente, ten traballo, amigas, vive soa na cidade, le novelas eróticas, sae cando quere e déitase con quen lle prace. Todo sería perfecto... se non fose porque na súa existencia case nada vai como debería. A súa vida cambalea, a súa parella abandonouna, foxe das súas amigas para non ter que dar explicacións e prefire manterse afastada da familia. Un día, por casualidade, Aurora coñece a Brais, un neno de dez anos, curioso, impertinente, con pinta de superdotado pero de familia desestruturada, do que non é quen de librarse.
Cun extraordinario sentido do humor e abordando a fondo o tema da saúde mental, Antía Yañez relátanos a historia de Aurora, unha «millennial» autoesixente e perfeccionista que vive a súa vida coma unha voráxine que non é capaz de controlar.As páxinas de «Non penses nun elefante rosa» son divertidas, atrevidas, profundas, politicamente incorrectas e vertixinosas, e arrastrarán canda si moitas lectoras e lectores que lerán esta novela coma se visen unha serie sobre o tempo que vivimos.
mércores, 1 de marzo de 2023
Andrea Maceiras no club de lectura con "Que me pare o corazón se te esquezo"
Esta semana tivemos o pracer de contar con Andrea Maceiras quen veu falarnos da súa última novela "Que me pare o corazón se te esquezo" así como doutras que tamén leramos no club como "O que sei do silencio" e así fixemos lecturas compartidas.
Andrea explicounos o por qué da escolla dos nome dos personaxes de Que me pare..., dos perigos das redes sociais, dos retos, de saberse distinto e a busca de aceptación nun grupo, dos medos e inseguridades da xente nova que non son exclusivos á xuventude de hoxe, senón que todos os adolescentes das distintas xeracións os sufrimos pero nestes tempos fanse aínda máis públicos polas novas tecnoloxías. Dos perigos de buscar á amizade nun like das redes, cando o mellor é a comunicación persoal...
Nesta sesión repasamos as circunstancias que viven os novos cun móbil nas mans e cómo podemos sortear os problemas empregando as armas de sempre: as palabras, non deixar de falar.
Un verdadeiro pracer ter a Andrea e ler as súas obras.
Ver a galería de imaxes completa.
Novidade: Sangue no dron
Na Cidade das Campás, nun mundo distópico, Lan é un mozo orfo que deseña e manexa os seus drons CL4. Malvive no Subterráneo grazas á venda de datos informáticos, que consegue conectándose ás redes da Ditadura Privilexia Bélica. Coñece a Chía, adicta ao Centroprazol, unha droga perigosa, e ambos os dous cooperan na loita ata que a fortuna abandona a moza nun lance cos inimigos.
Namorado da rapaza, para axudala Lan participa nun concurso organizado pola Ditadura. Alí coincide con Artur e mais con Belisa, e os tres baixarán ao campo de xogo e enfrontaranse ás tríades, formacións de combate compostas por drons XP9. Competirán, en desvantaxe, contra a tríade dos Licaóns e terán que destruír todos os tótems para vencela. Lan necesitará os seus coñecementos de cetrería no momento da batalla final, e os tres amigos descubrirán que no concurso hai un lado escuro...
Se che gustan as distopías non deixes de ler Sangue no dron, xa na nosa biblioteca.