A Dirección Xeral do Libro, o Cómic e a Lectura, a través da Subdirección Xeral de Coordinación Bibliotecaria, impulsa a celebración do Día das Bibliotecas, este 24 de outubro de 2023.
"O lema deste ano, "Tecendo Comunidades", pretende destacar o papel fundamental que desempeñan as bibliotecas na construción de lazos fortes dentro das nosas comunidades. Estas institucións son centros de conexión e aprendizaxe, onde as historias, as experiencias e os coñecementos son os fíos que unen aos cidadáns".
Desde a nosa biblioteca aportamos o noso gran de area lembrando un autor de recoñecido prestixio que os nosos alumnos non deben esquecer facendo lectura das súas obras e expoñendo a súa vida e creación literaria. Como sabedes este ano falamos de C.S. Lewis do que tedes a exposición na galería xunto cos materiais para o concurso.
Feliz Día das Bibliotecas porque ler é vivir dúas,
tres, catro...infinitas veces!!
Nunca deixemos de ler pois aprendemos a entendernos.
tres, catro...infinitas veces!!
Nunca deixemos de ler pois aprendemos a entendernos.
Lede a noticia completa no blog da Asesoría de BEs onde nos mencionan.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Agradecemos as vosas aportacións sempre que sexan respetuosas. Os amantes da cultura, da información e da lectura non poden ser doutro xeito.
Grazas