martes, 24 de outubro de 2023

Día das Bibliotecas Escolares.... e calquera outra


Dende 1997 celébrase o Día das Bibliotecas o 24 de outubro,  unha conmemoración impulsada pola Asociación de Amigos del Libro Infantil y Juvenil á que se foron sumando, xa dende hai algún tempo, o propio Ministerio de Cultura e todas as administracións autonómicas.

A Dirección Xeral do Libro, o Cómic e a  Lectura, a través da Subdirección Xeral  de Coordinación Bibliotecaria, impulsa a celebración do Día das Bibliotecas, este 24 de outubro de 2023.  
 
"O lema deste ano, "Tecendo Comunidades", pretende destacar o papel fundamental que desempeñan as bibliotecas na construción de lazos fortes dentro das nosas comunidades. Estas institucións son centros de conexión e aprendizaxe, onde as historias, as experiencias e os coñecementos son os fíos que unen aos cidadáns".

Desde a nosa biblioteca aportamos o noso gran de area lembrando un autor de recoñecido prestixio que os nosos alumnos non deben esquecer facendo lectura das súas obras e expoñendo a súa vida e creación literaria. Como sabedes este ano falamos de C.S. Lewis do que tedes a exposición na galería xunto cos materiais para o concurso.

Feliz Día das Bibliotecas porque ler é vivir dúas,
 tres, catro...infinitas veces!! 
Nunca deixemos de ler pois aprendemos a entendernos.

Lede a noticia completa no blog da Asesoría de BEs onde nos mencionan.

Ningún comentario :