Pasamos preto de 4 horas e media ao día mirando o móbil. Sabes que outras cousas poderías facer con ese tempo?:
- Organizar o teu propio Festival de Eurovisión en casa.- Montar o teu propio herbario.- Practicar o urban sketching.- Apuntarche ao self-care e crear os teus propios potingues de beleza.- Aprender lingua de signos.- Descubrir os trucos de supervivencia indispensables para sobrevivir á apocalipse.
Estas son só algunhas das 111 ideas que atoparás neste libro. Propostas que che axudarán a cultivar a creatividade, a gozar máis e mellor do teu tempo libre e, por encima de todo, a lembrar o marabilloso que era o mundo cando non tiñas que cargar a batería para seguir gozando del.
Non o deixes escapar, divértete e comparte o que aprendas!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Agradecemos as vosas aportacións sempre que sexan respetuosas. Os amantes da cultura, da información e da lectura non poden ser doutro xeito.
Grazas