martes, 16 de abril de 2024

Libros curiosos para o mes do Libro e a Lectura: 11 cosas que podrías hacer en lugar de mirar el móvil


 Pasamos preto de 4 horas e media ao día mirando o móbil. Sabes que outras cousas poderías facer con ese tempo?: 

- Organizar o teu propio Festival de Eurovisión en casa. 
- Montar o teu propio herbario. 
- Practicar o urban sketching. 
- Apuntarche ao self-care e crear os teus propios potingues de beleza. 
- Aprender lingua de signos. 
- Descubrir os trucos de supervivencia indispensables para sobrevivir á apocalipse.

Estas son só algunhas das 111 ideas que atoparás neste libro. Propostas que che axudarán a cultivar a creatividade, a gozar máis e mellor do teu tempo libre e, por encima de todo, a lembrar o marabilloso que era o mundo cando non tiñas que cargar a batería para seguir gozando del.

Non o deixes escapar, divértete e comparte o que aprendas!

Ningún comentario :