O venres tivo lugar a presentación da decimoitava edición do Anuario Cultural Revista deNeda de mans da Concelleira de Cultura, Dna. Cristina Bouza, e do Sr Alcalde, Don Angel Alvariño, xunto có responsable da edición, Don Manuel P Grueiro, e Don José Luis Tasset Carmona, Catedrático de Universidade e ex- Decano da Facultade de Humanidades, (Campus de Ferrol) da Universidade da Coruña.
Despois de lembrar a dous colaboradores da revista falecidos este ano Manuel Grueiro presentou ó profesor Tasset quen fixo unha cálida escolma do contido da revista suliñando a calidade dos artigos e o interese para os lectores. O profesor destacou a temática variada da revista e a súa pervivencia en formato papel nun tempo no que o dixital está máis presente.
Despois da charla houbo un pequeno concerto do grupo Encrucillada que engalanou a cita cun repertorio propio e clásico de música folk cun aire propio moi do gusto de todos os asistentes.
O contido da revista se divide en Homenaxes e Lembranzas:
- Apuntamentos sobre a revolta popular de marzo do 1918 por Ánxel Rial Otero.
- Manuel Rodeiro Pereira: un nedense de pro exiliado en Moscú, por Fernando Cendán Pazos.
- Don Antonio Luis Crespo Prieto, por A. Couce Rguez de Alonso.
- Andrés Perille Orozco, un nedense emigrante, inventor y empresario de "mil negocios", de Fernando Cendán Pazos.
- Historias do Hispano-Argentino, un adeus a Juan Cadenas por Vicente Araguas.
- Breve biografía do médico Enrique Malde Lapique, por A. Couce Rguez de Alonso.
Na sección de Humanidades atopamos:
- Neda e as outras Nedas, por Manuel Pérez Grueiro
- Urbano Feyjóo Soutomayor y Cejo por Elisa Vázquez de Gey.
- De naos e carabelas: A construcción naval e a exportación madeireira na ría de Ferrol e na vila de Neda no século XVI, por Fernando Dopico Blanco.
- Leyendas de Neda por Sara Sequeiro Río
- Cerámica de Manuel Laso, cerámica de Casadelos, por Fernández Negral.
- Itinerario por la ruta del pan de Neda, por Manuela Santalla e Juan Carlos Rico
- Pregón do 9º Festival Río Belelle Folk, 2016 por Manuela Santalla
- Estatística de peregrinos en Neda no ano 2017 por Luís Manuel Fdez Novoa.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Agradecemos as vosas aportacións sempre que sexan respetuosas. Os amantes da cultura, da información e da lectura non poden ser doutro xeito.
Grazas