Páginas

xoves, 24 de xaneiro de 2019

Proxecto Sistema Solar: Sistema de numeración Neptuniano

Partindo de que as matemáticas son utilizadas hoxe en día, e fórono en toda a historia por todas as culturas no noso planeta, porque son imprescindibles para calquera civilización, determinamos que en Neptuno tamén o serían. Por tanto cremos que os habitantes de Neptuno deben de ter o seu propio sistema de numeración.
O sistema de numeración decimal está directamente relacionado co número de dedos que temos nas nosas mans. Como serán “as mans” dos neptunianos? 
Os símbolos que utilizamos para representar as cifras e as operacións son creacións humanas. Entón crearemos os símbolos Neptunianos para as cifras que se necesiten no seu sistema de numeración, e para as súas operacións.

Sistema de numeración Neptuniano:
  • Cada alumno debe realizar un debuxo no que represente unha man dun habitante de Neptuno.
  • Determinará cal é a base do seu sistema de numeración en función do número total de dedos que teñan nas súas mans neptunianas. 
  • Deseñará os símbolos necesarios para as súas cifras e as súas operacións. 
  • Todos escribirán cos seus símbolos o número 231 e, tendo en conta a base de que se trate en cada caso, pasarano ao noso sistema decimal




Ningún comentario:

Publicar un comentario

Agradecemos as vosas aportacións sempre que sexan respetuosas. Os amantes da cultura, da información e da lectura non poden ser doutro xeito.
Grazas