sábado, 19 de xaneiro de 2019

Presentación da 18º Revista de Neda


O venres tivo lugar a presentación da decimoitava edición do Anuario Cultural Revista deNeda de mans da Concelleira de Cultura, Dna. Cristina Bouza, e do Sr Alcalde, Don Angel Alvariño, xunto có responsable da edición, Don Manuel P Grueiro, e  Don José Luis Tasset Carmona, Catedrático de Universidade e ex- Decano da Facultade de Humanidades,  (Campus de Ferrol) da Universidade da Coruña.
Despois de lembrar a dous colaboradores da revista falecidos este ano Manuel Grueiro presentou ó profesor Tasset quen fixo unha cálida escolma do contido da revista suliñando a calidade dos artigos e o interese para os lectores. O profesor destacou a temática variada da revista  e a súa pervivencia en formato papel nun tempo no que o dixital está máis presente.

Despois da charla houbo un pequeno concerto do grupo Encrucillada que engalanou a cita cun repertorio propio e clásico de música folk cun aire propio moi do gusto de todos os asistentes.


O contido da revista se divide en Homenaxes e Lembranzas:
  • Apuntamentos sobre a revolta popular de marzo do 1918 por Ánxel Rial Otero.
  • Manuel Rodeiro Pereira: un nedense de pro exiliado en Moscú, por Fernando Cendán Pazos.
  • Don Antonio Luis Crespo Prieto, por A. Couce Rguez de Alonso.
  • Andrés Perille Orozco, un nedense emigrante, inventor y empresario de "mil negocios", de Fernando Cendán Pazos.
  • Historias do Hispano-Argentino, un adeus a Juan Cadenas por Vicente Araguas.
  • Breve biografía do médico Enrique Malde Lapique, por A. Couce Rguez de Alonso.
Na sección de Humanidades atopamos:
  • Neda e as outras Nedas, por Manuel Pérez Grueiro
  • Urbano Feyjóo Soutomayor y Cejo por Elisa Vázquez de Gey.
  • De naos e carabelas: A construcción naval e a exportación madeireira na ría de Ferrol e na vila de Neda no século XVI, por Fernando Dopico Blanco.
  • Leyendas de Neda por Sara Sequeiro Río
  • Cerámica de Manuel Laso, cerámica de Casadelos, por Fernández Negral.
  • Itinerario por la ruta del pan de Neda, por Manuela Santalla e Juan Carlos Rico
  • Pregón do 9º Festival Río Belelle Folk, 2016 por Manuela Santalla
  • Estatística de peregrinos en Neda no ano 2017 por Luís Manuel Fdez Novoa.

Ningún comentario :