Partindo de que
as matemáticas son utilizadas hoxe en día, e fórono en toda a historia por
todas as culturas no noso planeta, porque son imprescindibles para calquera
civilización, determinamos que en Neptuno tamén o serían. Por tanto cremos que
os habitantes de Neptuno deben de ter o seu propio sistema de numeración.
O sistema de
numeración decimal está directamente relacionado co número de dedos que temos
nas nosas mans. Como serán “as mans” dos neptunianos?
Os símbolos que
utilizamos para representar as cifras e as operacións son creacións humanas.
Entón crearemos os símbolos Neptunianos para as cifras que se necesiten no seu
sistema de numeración, e para as súas operacións.
Sistema de
numeración Neptuniano:
- Cada alumno debe realizar un debuxo no que represente unha man dun habitante de Neptuno.
- Determinará cal é a base do seu sistema de numeración en función do número total de dedos que teñan nas súas mans neptunianas.
- Deseñará os símbolos necesarios para as súas cifras e as súas operacións.
- Todos escribirán cos seus símbolos o número 231 e, tendo en conta a base de que se trate en cada caso, pasarano ao noso sistema decimal
Ningún comentario :
Publicar un comentario