mércores, 11 de novembro de 2020

Semana da ciencia 2020: Ernesto Viéitez Cortizo


Ernesto Viéitez Cortizo foi elixido como o científico galego na Semana da Ciencia 2020. O científico cursou os primeiros estudos no Colexio dos Maristas de Pontevedra e os de bacharelato no Instituto da mesma cidade. Ao non poder seguir a carreira de Ciencias Naturais, titulación que só se impartía nas Universidades de Madrid e Barcelona, optou por matricularse na Universidade de Santiago en Farmacia, carreira que daba satisfacción á súa vocación naturalista e permitíalle adquirir coñecementos en física e química. Obtivo a licenciatura en Farmacia aos 21 anos, en 1942, e un ano despois pediulle ao recen incorporado catedrático de Botánica da Facultade de Farmacia, Francisco Bellot , que lle dirixira a súa tese doutoral, Estudios botánicos sobre la flora alergógena y contenido en polen de la atmósfera de la comarca de Santiago de Compostela, que presentou en 1946 na Universidade Central de Madrid.

Froito do traballo realizado para a tese foi a publicación de seu primeiro artigo científico, asinado con Francisco Bellot, “Primeros resultados del análisis polínico de las turberas gallegas” (Anales de Edafología y Fisiología Vegetal, II, 4, 1945). Outras publicacións ligadas ao tema da súa tese foron: “Análisis polínico atmosférico de Pontevedra y estudio de la flora alergógena en la comarca” (Anales de la Real Academia de Farmacia, 3.1947); “El polen de las mieles de Galicia” (Anales de Edafología y Fisiología Vegetal, X, 1, 1951), “El uso del cloruro 2,3,5-trifenil tetrazolium para determinar la vitalidad del polen” (Anales de Edafología y Fisiología Vegetal, 3: 297-308; 1952).

Podedes seguir lendo a súa biografía na web do Consello da Cultura Galega


Ningún comentario :