Páginas
mércores, 21 de decembro de 2022
Qué miras bobo?
martes, 20 de decembro de 2022
Novidade exclusiva asinada polo autor: O lume de David Rubín
Seguro que non lembrades a David Rubín, un dos nosos ilustradores e autores favoritos máis creativos, que veu de visita por alá no 2015.
Acaba de presentar a súa última obra O lume, e como temos contacto con él, nola asinou e dedicou ao club de lectura.
Un inmenso asteroide aproxímase á Terra en traxectoria de colisión. Alexander Yorba, un afamado arquitecto de mediana idade, é o encargado de idear e levantar con urxencia unha colonia lunar para asegurar a pervivencia da humanidade #ante o inevitable desastre. Inmerso na devandita construción, diagnostícaselle un tumor cerebral en fase terminal; apenas lle restan de vida os mesmos meses que faltan para que o asteroide choque co noso planeta. Este dramático feito fará que se reformule a súa propia natureza profesional e persoal, o que lle leva a renunciar aos seus labores na colonia para reunirse coa súa familia, coa que apenas tiña contacto. Unha decisión que desencadeará unha serie de fatídicos acontecementos que danarán o crédito profesional e a vida familiar de Alexander, condenándoo a vagar nunha dramática, visceral e reveladora odisea por diferentes lugares do mundo; unha desesperada carreira cara ao fin dos tempos, contra a morte, a tolemia e a súa propia e atormentada conciencia.
Estamos desexando ler esta obra tan agaiolante. Esta edición de Demo Editorial contén unha ilustración que enmarcaremos, a edición en castelán de Astiberri pon á venda o making of da obra cos borradores orixinais.
Grazas David pola dedicatoria.
luns, 19 de decembro de 2022
Xa estamos quentando motores para a V Olimpiada Cultural
A Olimpiada Cultural vai comezar e por iso vos invitamos a participar, será un reto estimulante que faremos por parellas seguindo as tres categorías doutros anos:
- Junior primeiro ciclo da ESO
- Genius segundo ciclo da ESO
- Máster bacharelato
Para participar tedes que inscribirnos na aula virtual seguindo as instruccións que atoparedes en Biblioteca e indicar nome do equipo e de membros, sempre da mesma categoría, tamén podedes coller o boletín de inscripción que hai na biblioteca física. Tedes ata o vindeiro 24 de xaneiro para inscribirvos porque a Olimpiada comezará o 30!!!
Lembrade que tedes as preguntas dos anos anteriores no site da Olimpiada. Lede e as bases do concurso para coñecer cada unha das probas e lembrade que atopar os enigmas en libros para a Pregunta do día vos dará comodíns, así anulades erros nas respostas.
Ánimo e non deixedes de participar!
venres, 16 de decembro de 2022
Novidade: Destino Santiago
sábado, 10 de decembro de 2022
Derechos Humáns
O 10 de decembro de cada ano, o mundo celebra o Día dos Dereitos Humanos, o mesmo día en que, en 1948, a Asemblea Xeral das Nacións Unidas adoptou a Declaración Universal dos Dereitos Humanos.
O lema do Día dos Dereitos Humanos deste ano é "Dignidade, liberdade e xustiza para todos e todas" e o chamamento á acción é #StandUp4HumanRights.
xoves, 8 de decembro de 2022
Adiccións e saúde mental
A través das historias de dous adolescentes
este vídeo tenta sensibilizar sobre as adiccións sen substancia (tales como os
videoxogos, xogos de azar, redes sociais, etc) como as adiccións con substancia
(alcol e outras drogas).
Con motivo do Día Internacional contra o
Tráfico Ilícito e o Abuso de Drogas Saúde Mental España dá a coñecer unha serie
de materiais, dirixidos a persoas mozas, co obxectivo de traballar na
sensibilización e prevención das adiccións con e sen substancia neste sector da
poboación.
#EngánchateALaSaludMental e os seus materiais elaboráronse grazas ao financiamento do Ministerio de Dereitos Sociais e Axenda 2030.
mércores, 7 de decembro de 2022
Cómics para prevenir las adicciones comportamentales
La Confederación Salud Mental España ha lanzado ya tres cómics dirigidos a jóvenes con la intención de sensibilizar y prevenir las adicciones comportamentales y que suponen el desencadenamiento de trastornos mentales. Se trata de los cómics Una más, orientado de prevención de la adicción al juego y a las apuestas; Entre dos mundos, centrado en la adicción al alcohol, el consumo de estupefacientes y su relación con la salud mental; y Next Level, centrado en la adicción a los videojuegos.
Leer máis en consaludmental.org o en som360.org
martes, 6 de decembro de 2022
Aexia na Coruña, en Galicia
44º Aniversario da Constitución Española, a Carta Magna que nos une a todos
- O Congreso: Que é? Onde está? Cales son as súas funcións? Como as realiza? Cal é a súa historia?
- Leis: A función lexislativa: o nacemento dunha lei
- Control: A función de control ao Goberno
- Deputados: Cal é a función dos deputados?
- Vocabulario: Vocabulario do Parlamento
- Constitución 1: A Constitución española (primeira parte)
- Constitución 2: A Constitución española (segunda parte)
luns, 5 de decembro de 2022
Novidade na biblioteca: Diana & Charlie
venres, 2 de decembro de 2022
Tal día como hoxe 2 de decembro...
..sucederon moitos fitos, algún deles curioso pola coincidencia:
- 1915, Albert Einstein presenta a teoría da relatividade.
- 1942, En Estados Unidos, no marco do proxecto Manhattan, para a construcción da bomba atómica, un equipo liderado por o físico Enrico Fermi pon en marcha o primeiro reactor nuclear do mundo (o Chicago Pile-1).
- 1949, a Unesco declara o Día Internacional para a Abolición da Escravitude.
- 1971, a sonda soviética Mars 3 aterra en Marte, convirtíndose no primeiro vehículo humano que chega a este planeta. Como obxetivo tiña enviar fotografías da superficie do planeta e analizar a atmósfera.
- 1993, a NASA lanza o transbordador Endeavour para reparar o telescopio espacial Hubble, que foi lanzado cun error no aparato óptico que sirve de guía ao espello principal do telescopio, e así non podía funcionar correctamente...
xoves, 1 de decembro de 2022
Tal día como hoxe...en 1990
...os obreiros de ambos lados do Eurotúnel se encontraron.
A Canle da Mancha foi un símbolo da separación entre o continente europeo. 34 quilómetros de auga separan as costas francesas e británicas, o que supoñía un problema para o comercio europeo.
Tras varios meses de preparativos e comprobacións, o presidente francés François Mitterrand e a súa homóloga británica Margaret Thatcher asinaron o 29 de xullo de 1987 un acordo para construír o Túnel da Canle ou Eurotúnel, cun orzamento de 4.500 millóns de euros a través de empresas privadas.