Páginas

domingo, 30 de abril de 2023

Agochado no andel:El Bosón de Higgs no te va a hacer la cama : la física como nunca te la han contado

 


Viajes en el tiempo, agujeros negros, motores de antimateria, aceleración del universo… La física moderna suena a película, pero es ciencia, de la de verdad verdadera, la que nos cuenta una historia fascinante de descubrimientos y sueños cumplidos, de luchas y disputas, de pasión por comprender la naturaleza. 

Este divertidolibro te ayudará a entender de una vez por todas lo que nos rodea, desde lo más pequeño a lo más grande, y a saber que el bosón de Higgs no te va a hacer la cama, ¡ni aunque le insistas!

sábado, 29 de abril de 2023

Agochado no andel: El libro de las cosas perdidas


Cuando la madre de David fallece, su padre decide casarse con una de las enfermeras que había cuidado de ella en el hospital. Sin embargo, David no quiere olvidar a su madre ni, mucho menos, permitir que otra mujer la suplante. Por eso se vuelve insolente, maleducado y desobediente. Mientras la Primera Guerra Mundial asola Europa, David se encierra en su cuarto y lee una y otra vez los cuentos de hadas que su madre le leía cuando era pequeño.
De pronto, un día, mientras pasea por Londres, David se ve transportado a un misterioso bosque que nunca antes había visto. Cuando despierta, se encuentra tirado en la calle y los adultos le dicen que ha sufrido un “ataque”. Pero estos ataques van siendo cada vez más largos y empiezan a sucederle con mayor frecuencia. Y no sólo eso: David también cree ver a un Hombre Torcido que le susurra historias al oído y que le promete cosas increíbles si le sigue.
A partir de entonces, David descubre que existe un mundo completamente diferente al suyo y que, en él, los cuentos de hadas, las fantasías y las pesadillas cobran vida propia. Y, aunque algunas criaturas son bondadosas y amables, otras son crueles, despiadadas y mentirosas. David tendrá que aprender a elegir en quién confiar, contra quién luchar y, por encima de todo, a conocerse a sí mismo.

El libro de las cosas perdidas sigue esperando no andel a que o escollas e o leas.

venres, 28 de abril de 2023

Agochado no andel: O infinito nun xunco

 


«O infinito nun xunco» é un libro sobre os libros. Os libros e a súa historia, os libros e o seu nacemento, os libros e o seu impacto social. Irene Vallejo condúcenos a través dunha fascinante viaxe pola historia dos libros, ese asombroso artefacto que atravesou o espazo e o tempo. Ao longo de trinta séculos, a fabricación dos libros botou man do fume, da pedra, do barro, dos xuncos, da seda, da pel, das árbores e, finalmente, do plástico. Esta é unha abraiante aventura colectiva protagonizada por miles de persoas que ao longo dos séculos fixeron e protexeron libros: narradoras orais, escribas, iluminadores, tradutoras, vendedores ambulantes, mestras, sabios, espías, rebeldes, monxas, escravos, aventureiras, lectoras e lectores... 

«O infinito nun xunco» é un libro orixinal, entretido, erudito; unha alfaia literaria que se le coma unha novela. Escrito cunha voz profundamente literaria, que conecta trinta séculos de historia, Irene Vallejo constrúe rutas que se deteñen na Vila dos Papiros, nos pazos de Cleopatra, nas primeiras librarías coñecidas e nos talleres de copia de manuscritos, nas fogueiras dos códices prohibidos, no Gulag, na biblioteca de Saraxevo e no labirinto subterráneo de Óxford en 2000. Son rutas que vencellan os clásicos co trepidante mundo contemporáneo, conectándoos cos debates actuais.

xoves, 27 de abril de 2023

Agochado no andel: El señor Penumbra y su librería 24 horas abierta

La crisis económica obliga a Clay Jannon a dejar atrás su vida como diseñador de páginas web en San Francisco y las casualidades, la curiosidad más absoluta y la habilidad de subir escaleras como si fuera un mono le llevan a empezar su nuevo trabajo en la librería permanentemente abierta del señor Penumbra.

Después de unos días trabajando, Clay se da cuenta de que la librería es un lugar mucho más extravagante de lo que su nombre indica. Solo hay unos cuantos clientes, pero van continuamente y nunca compran nada. Lo que hacen es llevarse libros prestados, ejemplares misteriosos que se encuentran en los lugares más recónditos de la librería, todo de acuerdo a un trato especial que mantienen con Penumbra. Clay concluye que la tienda no es más que una tapadera para otro negocio y su curiosidad pronto le lleva a ponerse a analizar el complejo comportamiento de los clientes y a arrastrar a sus amigos para que le ayuden a descubrir qué es lo que realmente pasa en la librería. Sin embargo, cuando le llevan sus descubrimientos al Sr. Penumbra, acaban por descubrir que los secretos se extienden mucho más allá de las paredes de la librería…

El señor Penumbra y su librería 24 horas abierta unha das obras da nosa lista de libros sobre libros que tanto nos gustan.

mércores, 26 de abril de 2023

Agochado no andel: Trazo de tiza


Huyendo de un temporal, Raúl llega a un islote remoto en medio del océano. Es un islote minúsculo. Tiene muelle, fonda, un faro inservible y una población exigua. Están Sara y su hijo Dimas, que llevan la fonda, y está una mujer llamada Ana, que llegó hace días y que, según parece, espera a alguien. Los cuatro van a enredarse en un complejo tejido de pasión, casualidad y desengaño.

Trazo de tiza es una obra maestra que convirtió a Miguelanxo Prado en uno de nuestros historietistas más internacionales.

Celebramos el 30.º aniversario de su primera publicación con una edición conmemorativa repleta de extras y prologada por Álvaro Pons.

 

martes, 25 de abril de 2023

Agochado no andel: Dispara tus notas en Bachillerato: 50 reglas para triunfar en el juego de los exámenes

Ya en la biblioteca: Dispara tus notas en Bachillerato: 50 reglas para triunfas en el juego de los exámenes

¿Cuántas veces te han evaluado mediante exámenes? Sin embargo, ¿cuántas veces vez te han enseñado cómo hay que hacerlos para sacar buenas notas?

Estás a punto de descubrir los secretos que hay detrás de un examen.

·         Sabrás cómo afrontarlos con mentalidad de hierro.

·         Aprenderás a estructurar mejor tus respuestas para aumentar la nota.

·         Conocerás cómo corrigen los profesores (y te diré cómo usar esto a tu favor).

·         Conseguirás herramientas para reducir el estrés, evitar bloqueos y administrar mejor el tiempo.


Web do autor.
Entrevista có autor en El Español

luns, 24 de abril de 2023

Berta Dávila, Ledicia Costas, Antía Otero, Eva Mejuto: os Premios Follas Novas do libro galego son das mulleres

 

O Teatro Principal de Santiago acolleu o pasado sábado a entrega de galardóns da oitava edición dos Premios Follas Novas do libro galego, organizados polas asociacións de escritores e escritoras (AELG), de editoras (AGE) e de librarías (FLG). Foi unha gala na que as obras escritas por mulleres levaron os principais galardóns e na que as tres asociacións tamén entregaron cadanseus premios honoríficos, á mexicana con raíces galegas Lydia Cacho, a Edicións do Castro que cumpriría 60 anos desde a súa fundación por Isaac Díaz Pardo, e á compostelá Libraría Númax.

Estas foron algunhas das obras premiadas que xa tedes na biblioteca:

  • Obra de narrativa: Os seres queridos. Berta Dávila. Edicións Xerais de Galicia.
  • Libro de poesía: Barroco. Antía Otero. Apiario.
  • Libro de teatro: As alumnas. Paula Carballeira. Editorial Galaxia.
  • Obra infantil: O neno de lume. Ledicia Costas (autora), Iván R.(lustrador). Edicións Xerais de Galicia.
  • Obra xuvenil: A ladroa da biblioteca de Meirás. Eva Mejuto. Edicións Xerais de Galicia.
  • Libro ilustrado: Verme. Federico Fernández. Germán González.Kalandraka Editora.
  • Libro de banda deseñada, gráfico e humor: Roxín Roxal. A daga do conde. Manel Cráneo e Brais Fierro. Demo Editorial
  • Obra de ensaio e investigación: A defunción dos sexos. Disidentes sexuais na Galiza contemporánea. Daniela Ferrández Pérez. Edicións Xerais de Galicia.
  • Obra de divulgación: Memoria diversa. Eva Mejuto. Deputación da Coruña.
  • Iniciativa bibliográfica: Chévere 1987-2022. Trinta ecinco anos de axitación cultural. Chévere. Kalandraka Editora.
  • Obra traducida: Léxico familiar. Natalia Ginzburg/Traducido por María Alonso Seisdedos. Editorial Laiovento.

domingo, 23 de abril de 2023

Na semana do libro: Que é para ti o libro, a lectura e a biblioteca?

Nestas datas recollemos unha selección de citas de autores e personaxes do panorama cultural mundial (Groucho Marx, Anna Frank, Publio Cicerón, Homer Simpson, García Lorca...) para saber o que pensan ou pensaban do libro, a lectura e a biblioteca, xunto con unha selección de viñetas sobre o mesmo tema. 

Agora vos toca a vos deixar a vosa opinión e logo escolleremos as citas máis ocurrentes.

Feliz Día do Libro... mellor dito

Feliz Vida con Libros

Gañadores

sábado, 22 de abril de 2023

Premio dos Clubs de Lectura 2023 para Manuel Núñez Singala

 

Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, da Consellería de Cultura, Educación, Formación profesional  e Universidades fai pública a Resolución de 21 de abril de 2023 pola que se recoñece a Manuel Núñez Singala co Premio dos Clubs de Lectura 2023.

 No ano 2015 creouse este premio co obxecto de recoñecer cada ano a aqueles autores e autoras que, cos seus libros, axudan á construción de lectoras e lectores nestas etapas da adolescencia e a mocidade que, no ámbito da lectura, están consideradas como etapas de risco de abandono, ao ampliarse o abano de estímulos e intereses.  Até o momento recibiron este galardón os escritores Agustín FernándezPaz (2015), Ledicia Costas (2016), Miguelanxo Prado (2017), Carlos Negro (2018), María Reimóndez (2019), Andrea Maceiras (2020), Eva Mejuto (2021) e Antía Yáñez (2022).

Manuel Núñez Singala é un dos autores máis seguidos polo lectorado infantil e xuvenil galego.  Dous dos seus títulos, O achado do castro e  Atranco no banco, están entre os 50 libros máis lidos nos Clubs de lectura no curso 2021/2022.

xoves, 20 de abril de 2023

No Día Mundial do Libro 2023

No Día Mundial do Libro e do Dereito de Autor a Consellería de Cultura, Educación, Formación profesional e Universidades edita o cartel para conmemorar este día 23 de abril de 2023.

Como en anos anteriores,  a Profesora da Área de Didáctica da Lingua e da Literatura na facultade de Ciencias da Educación da Universidade de Santiago de Compostela, Montse Pena Presas  creou un texto orixinal cedido xenerosamente para esta pequena peza de difusión do Día do Libro, "que é unha celebración da mediación, de ser profe, bibliotecaria, mestra.", a súa investigación está moi centrada na literatura infantil e xuvenil contemporánea, cun foco específico na literatura galega, na educación literaria e nos estudos de xénero.
 
Este agasallo ás bibliotecas escolares de Galicia, complétase cunha versión longa, baixo o lema Dar de ler, que afonda no papel dos mediadores no mundo do libro.
 
Neste mes, e todo o ano, non esquezamos que "Para nosoutras, silandeiras e navegantas, todos os días son o día do libro."
 

mércores, 19 de abril de 2023

Tal día como hoxe... Charles Darwin


Hoxe iniciamos a nosa viaxe a Londres onde visitaremos o Museo de Historia Natural, lugar no que atoparemos moitas dos descubrimentos e ensinanzas de Charles Darwin, e tal día como hoxe en 1882 falecía o eminente naturalista británico quen viaxou durante cinco anos a bordo do 'Beagle' e posteriormente edificou a súa grandiosa teoría da evolución das especies, o darwinismo.

luns, 10 de abril de 2023

10 de abril: Día Mundial de la Ciencia y la Tecnología


Cada 10 de abril celébrase o Día Mundial da Ciencia e a Tecnoloxía para destacar a importancia que o desenvolvemento da ciencia, o coñecemento científico e o labor investigador teñen na nosa sociedade. Esta efeméride tamén trata de sinalar o reto que ten a ciencia de ser capaz de comunicar os seus avances de maneira clara, próxima e creativa. Tamén pode servir para visibilizar o traballo de quen observa, miden, analizan e experimentan coa realidade.

En que medida crees que a ciencia e a tecnoloxía son importantes na túa vida? Se nos detemos a pensar nas actividades que realizamos nun día calquera vemos que gran parte das nosas accións están mediadas por algún tipo de tecnoloxía, á que accedemos a través de dispositivos, aparellos electrónicos, medios de transporte e unha serie de procesos automatizados que facilitan a nosa vida diaria.

Pódese dicir que a nosa inmersión coas tecnoloxías que facilitan a nosa vida cotiá é evidente. Simples xestos como acender o móbil, revisar mensaxes, consultar o estado do tempo, escoitar música, realizar unha compra desde un pequeno dispositivo que a maioría levamos no peto, representan accións rutineiras, pero que eran apenas imaxinables hai uns anos atrás. A ciencia, a tecnoloxía e a innovación contribuíron ao desenvolvemento da humanidade e continúan cambiando as nosas vidas... seguir lendo en FAD Juventud-Planeta Joven.

Invitamosvos a visitar a nosa sección de divulgación científica e á entrar na visita virtual do MUNCYT de A Coruña.

sábado, 8 de abril de 2023

Tal día como hoxe...lembramos a Pablo Picasso no 50 aniversario do seu pasamento

Como lembramos na V Olimpiada Cultural, o 8 de abril de 2023 cúmprese o cincuenta aniversario do falecemento do artista español Pablo Picasso, evento que marcará a celebración da súa obra e a súa herdanza artística en Francia, España e internacionalmente.

Con este motivo, os gobernos de Francia e de España acordaron traballar conxuntamente nun programa de alcance internacional a través dunha comisión binacional que reúne ás administracións culturais e diplomáticas dos dous países. A Celebración de Picasso 1973-2023 xira ao redor dunhas cincuenta exposicións e eventos que se celebrarán en institucións culturais de renome de Europa e América do Norte e que, en conxunto, abordan unha análise historiográfico da obra de Picasso. A conmemoración, acompañada de celebracións oficiais en Francia e España, permitirá facer un balance das investigacións e interpretacións da obra do artista, especialmente durante un importante coloquio internacional que terá lugar no outono de 2023 e que coincidirá tamén coa apertura do Centro de Estudos Picasso de París.

O Musée National Picasso-París e a Comisión Nacional Española para a conmemoración do 50º aniversario da morte de Pablo Picasso comprácense en apoiar este programa excepcional.

Seguir lendo na web oficial do Museo Picasso de Málaga.

Ler O Guernica paso a paso do National Geographic.

xoves, 6 de abril de 2023

Tal día como hoxe...en 1992 faleceu Isaac Asimov


Isaac Asimov, o famoso autor estadounidense de obras de ficción creou as tres leis da robótica, coas que pretendeu normalizar a relación entre o ser humano e os robots.

Asimov é lembrado sobre todo polas súas obras de ciencia ficción, pero tamén é destacable a súa faceta como divulgador. Escribiu sobre matemáticas, astronomía e química, e tamén sobre historia. Asimov atreveuse así mesmo a facer algúns vaticinios. Nun artigo publicado en 1964, Asimov predixo como sería o mundo dentro de 50 anos, é dicir, en 2014, e acertou nalgunhas das súas predicións. Predixo que mentres realizabamos unha chamada telefónica, non só oiriamos, senón que tamén poderiamos ver ao noso interlocutor (o que hoxe coñecemos como videollamada). Tamén dixo que, aínda que non sería algo moi común, haberían robots. Afirmou que existirían aparellos de cociña que prepararían a comida e máquinas de café. Prognosticou a aparición de coches sen condutor ou, como el chamábaos, "vehículos con cerebro de robot". Pero tamén avanzou que non toda a poboación mundial podería ter acceso a estas novas tecnoloxías. Asimov advertiu tamén sobre os problemas da superpoblación, e afirmou ademais que os humanos só sobrevivirán como especie se algún día logran alcanzar a igualdade efectiva entre homes e mulleres.

Ademais, algunhas das súas predicións de futuro reais, nun tempo no que a IA e o ChatGPT está inundando todas os noticieiros lembramos a Isaac Asimov polas súas obras e as súas leis da robótica:

1. un robot non pode danar a un ser humano ou, por inacción, permitir que un ser humano sexa danado.

2. un robot debe obedecer as ordes dadas por un ser humano, excepto cando tales ordes entren en conflito coa Primeira Lei.

3. un robot debe protexer a súa propia existencia ata onde esta protección non entre en conflito coa Primeira ou a Segunda Lei.

domingo, 2 de abril de 2023

Día Internacional do Libro Infantil (DILI) 2023

Como todos os anos dende 1967, o IBBY (International Board on Books for Young People) promove a celebración do Día Internacional do Libro Infantil o 2 de abril, conmemorando o nacemento de Hans Christian Andersen.

Cada ano encoméndase a unha sección nacional a elección do tema do día do libro infantil. Esa Sección, que no ano 2023 é Grecia, convida a importantes profesionais da escrita e a ilustración do seu país a escribir unha mensaxe para a infancia do mundo e deseñar un cartaz que a represente. O cartel e a mensaxe, traducida a todas as linguas presentes na organización, difundirase a nivel internacional.

Photini Stephanidi foi o encargado de elaborar o cartel deste ano 2023 en colaboración co escritor Yagalis Iliopoulos, autor da mensaxe en formato poema: Son un libro, leme.