Páginas

venres, 30 de novembro de 2007

Televisión con xeito (para ver sen morrer de pena...)

Toca viaxar polo mundo mundial, cada semana da man dun famosete como Santi Millán, ou Florentino Fernández, ou Wyomin, Esther Arroyo, Imanol Arias, Carolina Cerezuela, Paula Vázquez...; todos/as eles/as fan de guías para a ocasión e engaden atractivo ao que per se xa teñen os destinos propostos ( Nova York, Londres, Lisboa, Noruega, Túnez, Exipto...): Planeta Finito é unha aposta televisiva entretida e con moito humor, moi variada nos destinos e que amosa moitas realidades distintas de cada espazo que visita. Pode ser un xeito de aprender de todo un pouco sobre os lugares e as xentes... Veña!

Canle: La Sexta

Emisión: Sábados polo serán

Formato/duración: Serie divulgativa de viaxes en capítulos independentes, de 60 minutos aprox.

Por que a escollín?: Polo seu carácter informal, cómplice co espectador, o que non significa falla de rigor na visita proposta e nos coñecementos que podemos adquirir sobre o lugar. Os destinos son todos interesantísimos. En definitiva, unha visita virtual entretida e satisfactoria.

xoves, 29 de novembro de 2007

La envidia es mil veces más terrible que el hambre, porque es hambre espiritual. Miguel de Unamuno


No tengamos envidia de nadie ni de nada, tal y como decía don Miguel de Unamuno que nació tal día como hoy en 1864, sino que enriquezcamos nuestro bagaje espiritual compartiendo conocimientos. En esta época que nos ha tocado vivir en la que saber no está de moda, aprendamos de este gran profesor que no dejó en ningún momento de su vida de darle vueltas a las ideas.
Disfrutemos con este fragmento de Niebla:

"El amor precede al conocimiento, y este mata a aquel. Nihil volitum quin praecognitum, me enseñó el padre Zaramillo, pero yo he llegado a la conclusión contraria y es que nihil cognitum quin praevolitum. Conocer es perdonar, dicen. No, perdonar es conocer. Primero el amor, el conocimiento después. Pero ¿cómo no vi que me daba mate al descubierto? Y para amar algo, ¿qué basta? ¡Vislumbrarlo! El vislumbre; he aquí la intuición amorosa, el vislumbre en la niebla. Luego viene el precisarse, la visión perfecta, el resolverse la niebla en gotas de agua o en granizo, o en nieve, o en piedra. La ciencia es una pedrea. ¡No, no, niebla, niebla! ¡Quién fuera águila para pasearse por los senos de las nubes! Y ver al sol a través de ellas, como lumbre nebulosa también."

mércores, 28 de novembro de 2007

Agochado no andel: ¡Maldito D.N.I.!


Ás veces cando revisamos os andeis, colocando os libros atopamos títulos que nos chaman a atención, libros que nos estaban esperando, obras nas que non repararamos, e tras ler a primeira páxina, non podemos evitalo e levámonolo para casa.
Que marabilla eses encontros inesperados!
Nesta ocasión tratabase de ¡Maldito DNI! de Pepe Carballude, unha historia tenra cun final insospeitado.
Se che apetece le a primeira páxina.

domingo, 25 de novembro de 2007

Lope de Vega



Siempre que citamos sus obras recordamos Fuente Ovejuna, El caballero de Olmedo, EL perro del hortelano, El alcalde de Zalamea... y nos olvidamos de su poesía.
Hoy precisamente en esta fecha tan señalada de lucha contra la violencia doméstica, se conmemora el nacimiento de Félix Lope de Vega y Carpio quien reconocía los derechos de los ciudadanos en sus obras de teatro y también supo ensalzar el amor como en este soneto.

Ya no quiera más bien que sólo amaros,
ni más vida, Lucinda, que ofreceros
la que me dais, cuando merezco veros,
ni ver más luz que vuestros ojos claros.

Para vivir me basta desearos,
para ser venturoso, conoceros,
para admirar el mundo, engrandeceros,
y para ser Eróstrato, abrasaros,

La pluma y lengua, respondiendo a coros,
quieren al cielo espléndido subiros,
donde están los espíritus más puros;

que entre tales riquezas y tesoros,
mis lágrimas, mis versos, mis suspiros,
de olvido y tiempo vivirán seguros.

Violencia doméstica: unha tarefa a evitar por todos

Este vídeo ten moito que leer.

venres, 23 de novembro de 2007

Televisión con xeito (para ver sen morrer de pena...)

Que tal parroquia!
Estaba desexando que chegara este momento... para poñervos verdes!. Porque a verde é a cor preferida deste produto televisivo que vos presento hoxe: os animais abandoados, o consumismo insostible, a contaminación acústica e lumínica, a agricultura ecolóxica, as mareas negras, a seca..., e tamén os problemas do porco ibérico ou as sustancias nocivas que comemos... son exemplos do abano de asuntos que nos achega esta proposta sobre a nosa relación co medio ambiente. "El escarabajo verde" leva dez anos en emisión porque é bó; explica e implica e faino en media hora, nos espazos e cos protagonistas; nada de plató, nada de disertacións científicas...Contan o que hai e punto.
Eu daríalle unha oportunidade...

Canle: TVE. La 2
Emisión: Domingos ás 12:00 horas
Formato/duración: Divulgativo sobre o terreo, en capítulos independentes de 30 minutos.
Por que a escollín?: Porque ten a duración axeitada para achegarnos ao asunto sen cansar, e nolo conta con espontaneidade e naturalidade; resulta un formato moi fresco

Ana Mª Matute: Novo Premio Nacional das Letras


Fai un par de anos a Fundación Caixa de Galicia nunhas xornadas literarias trouxo a Ferrol a Ana Mª Matute. A sala quedou pequena enseguida e gardábase un silencio espectral cando esta maga das palabras deunos unha clase maxistral de humanidade e sinxeleza.
Contounos que seguía escribindo porque "aínda non atopara o seu sitio no mundo" que non se sentía capaz de criticar ningunha obra porque "calquera obra que consigua espertar a imaxinación no lector é unha boa obra", e o mellor programa de fomento da lectura "está na casa, na lectura embelesada duns pais aos seus fillos".
Parabén Ana Mª.
Entrevista
Páxina oficial da autora.
É curioso pero no noso boletín de novembro reseñabamos a infancia de Jordi Sierra i Fabra e o seu afán de superación desde neno... a que non sabedes en que coincide con Ana Mª?

xoves, 22 de novembro de 2007

Otra manera de recordar la tabla periódica



Para todos los que como Loles llevamos sin verla desde hace muuuuuuucho tiempo.

mércores, 21 de novembro de 2007

Fernando Fernán Gómez


Entrañable cascarrabias, gran xenio, figura do cine español, traballador infatigable, intuitivo actor, director de garra, columnista ocurrente, brillante dramaturgo, escritor....todo isto era, e moito máis, este gran personaxe. Recordarémolo en moitas das súas películas e nos seus escritos pero eu recordareino por enriba de todo en "A lingua das bolboretas", no seu papel de amable e tenro mestre que todos tivemos algunha vez.
Galería de imaxes

Mendelejev e os elementos

No século XIX moitos químicos decatáronse de que as propiedades químicas dos elementos se repetían e que había unha certa periodicidade, pero a ordenación dos elementos resistíase unha e outra vez ata que un home de grande capacidade, despois de moitas horas de estudio, deu unha solución, e propuxo en 1869 o Sistema Periódico dos Elementos Químicos, Dimitri Mendelejev.
Á dereita tedes un dos primeiros modelos, no parece gran cousa, ¿non si? Pero foi un avance brutal. O mérito estivo non so en ordenar os elementos coñecidos, ademais o seu sistema descubriu erros nas medidas de masas atómicas, facilitou o descubrimento de novos elementos e foi flexible para incorporar un grupo novo de elementos químicos, os gases nobres (descoñecidos en 1869). Tan bo foi que o Sistema Periódico segue usándose actualmente e polo de agora, aínda que con algúns erros, segue sendo a mellor clasificación dos elementos.

Ademais, Mendeleiev fixo traballos notables en química e escribiu un libro de química considerado en Rusia o mellor texto de química do século XX.

Como reflexión final gustaríame destacar que a idea da periodicidade xa estaba presente, pero unha idea boa precisa ir acompañada de moito traballo para dar o seu froito. A construción do Sistema Periódico está salpicada de ideas boas, triadas de Dobereiner e octavas de Newlands e a Táboa de Lothar Meyer, que foron inferiores ó Sistema Periódico de Medeleiev porque os seus autores nin as documentaron tanto nin foron tan exhaustivos como Mendeleiev. Outro xenio, Edison, dixo "O
xenio é un por cento de inspiración e un noventa e nove por ciento transpiración" e Mendeleiev foi un bo exemplo das dúas cousas.

martes, 20 de novembro de 2007

Día universal dos dereitos dos nen@s.



En 1956, a Asemblea Xeral de Nacións Unidas recomendou que se instituíse en todos os países un Día Universal do Neno, que se consagraría á fraternidade e á comprensión entre os nenos e as nenas do mundo enteiro e destinaríase a actividades propias para promover o benestar dos nenos do mundo.
O 20 de novembro conmemórase a data en que a Asemblea Xeral aprobou a Declaración sobre os Dereitos do Neno en 1959 e a Convención sobre os Dereitos do Neno en 1989. Por iso, o 20 de novembro pasou a ser o Día Universal dos Nenos e as Nenas.

E tí qúe sabes dos teus dereitos?
Enrédate con Unicef e non os deixes pasar.

luns, 19 de novembro de 2007

As mazás do saber




Algunhas das preguntas que adoitamos facernos de cando en vez nunha colección amena.

sábado, 17 de novembro de 2007

Auguste Rodin


No aniversario de Auguste Rodin recordámolo cunha das súas máis famosas esculturas O Bico.
Esta escultura denominouse en principio "Francesca dá Rimini", nome dun dos personaxes do Inferno de Dante, que se namorou do irmán do seu marido, Paolo, á súa vez casado. Namorados mentres lían xuntos a historia de Lanzarote e Xenebra, foron descubertos e asasinados polo marido de Francesca. No Bico pode verse o libro na man de Paolo. Cando os críticos de arte viron a escultura en 1887, suxeriron o título menos específico do Bico (Lle Baiser) en lugar do de Francesca dá Rimini.

Hoxe podemos entrar no seu museo on-line

venres, 16 de novembro de 2007

Televisión con xeito (para ver sen morrer de pena)

Queridos e queridas, de novo con vós para suxerirvos emisións televisivas sen efectos secundarios indesexables.Nesta ocasión quixera chamar a vosa atención sobre un programa moi movido e xa veterán, que tanto se nos presenta desde un río africano como desde o Himalaia, desde o xeo antártico ou unha cova submariña:
"Al filo de lo imposible" é aventura en estado puro, auténtica, sen poses; os protagonistas son de verdade, non de deseño ou vestidos para a ocasión. Os riscos e as dificultades que vemos e narran son reais, e as súas fazañas sobrepasan o traballo televisivo e convértensen as máis das veces en verdadeiros fitos deportivos.

Al filo... é deporte, xeografía, camaradería, nun envoltorio de factura perfecta, con imaxes espectaculares e abraiantes. Queda dito.



Canle: TVE. La 2

Emisión: Domingos ás 22:00 horas

Duración e formato: Serie en capítulos normalmente individuais, de pouco máis de media hora, con voz en off do narrador mentres vemos o desenvolvemento real da aventura, sen dramatización.

Por que o recomendo?: Porque non se fai pesada, promociona o deporte de aventura feito con seriedade e ten unha calidade de imaxe e unhas historias espectaculares.


xoves, 15 de novembro de 2007

San Alberto Magno

Houbo unha época en que non se facía esa distinción entre "Ciencias" e "Letras" e nas universidades a formación era universal. Un dos máximos exponentes desa formación completa foi San Alberto Magno.

Nado no 1206 no seno dunha noble familia. Formouse e impartíu clase en importantes universidades europeas. Tomou o hábito dos dominicos e foi obispo de Ratisbona. Pero ademais foi un experto naturalista, gran pensador e fixo moitas investigacións en Botánica, Zooloxía, Química, Arqueoloxía, Filosofía e Teoloxía.

Na igrexa católica a súa festa é o 15 de novembro e é o patrón dos estudiantes de ciencias naturais.

Os seus traballos traducindo e comentando a Aristóteles formaron parte da base sobre a que se edificou a Ciencia da que hoxe disfrutamos. A roupa que levamos, os vehículos que acortan as distancias, os trebellos que nos permiten comunicarnos... son heredeiros directos de San Alberto Magno.

Así que hoxe, os estudiantes de ciencia estamos de celebración.

¡Felicidades!

mércores, 14 de novembro de 2007

O neno do pixama de raias


"O neno do pixama de raias" vén precedido por un gran éxito en Irlanda e polo aviso da súa tradución a dúas decenas de idiomas.
Conta a experiencia de Bruno, un neno de nove anos fillo dun oficial nazi, que é destinado a un campo de concentración.
O libro xoga coa contraposición entre a realidade sórdida e a mirada inxenua dun neno. Nesta fricción, dáse un proceso de aprendizaxe da traxedia dirixido principalmente ó propio lector.
En definitiva, unha boa narración, construída con delicadeza e recomendable para lectores desde a puberdade.

Se queres ler as dúas primeiras páxinas entra aquí ou na nosa seción de novidades de Outubro.

martes, 13 de novembro de 2007

Cinco anos logo da traxedia sen fin



Mércores 13 de novembro: Un petroleiro con bandeira de Bahamas lanza un S.O.S a 50 quilómetros de Fisterra.
Ninguén o sabía entón, pero comezaba a maior catástrofe ecolóxica da historia de Galicia

E a historia se repite

luns, 12 de novembro de 2007

"Una de las dos Españas ha de helarte el corazón"


He de reconocerlo: tengo debilidad por Almudena Grandes. No es sólo que me gustan sus novelas porque describe las peripecias de los protagonistas con la naturalidad de lo cotidiano, sino porque sus historias son mis historias, las historias de una generación que creció callando lo que oíamos a escondidas, con temor a preguntar por descubrir algo que no nos dejaría dormir... y sobre todo porque somos de una generación que creció sólo con la carta de ajuste durante la merienda y poco más, que en las tardes de invierno sólo quedaba hacer dibujos con las pinturas que te regalaban los tíos, leer las historias de las maravillosas bibliotecas juveniles o... escribir. Almudena empezó a escribir porque esas tardes de domingo dibujaba muy mal. Benditas tardes lluviosas que ayudaron a conformar futuros escritores en ciernes.
Con El corazón helado su autora nos da una visión intimista de la historia del odio de este país.
Tal y como decía Antonio Machado:

Una de las dos Españas
ha de helarte el corazón


Lee un fragmento y disfruta de una entrevista con la autora.

sábado, 10 de novembro de 2007

Unha realidade incómoda (e III)

E agora unha para os políticos.

Moitos traballadores teñen que facer unha, dúas, tres ou mais horas para chegar ó seu traballo. Ese tempo multiplicámolo por dous, xa que teñen que volver. ¿Por que, ningún partido propón achegar as zonas residencias ás zonas de traballo ou viceversa? Dacordo que as industrias perigosas e contaminantes han de estar lonxe das poboacións. Pero nestes tempos de comunicacións instantáneas, ¿todas as oficinas de todas as empresas han de estar concentradas no centro das cidades?

En calquera supermercado podemos atopar laranxas de Valencia, fresóns de Almería, kiwis de Nueva Zelanda y uvas chilenas. Podemos atopar calquera froita en calquera época do ano. Este trasfego de froitas ten varios efectos, entre eles que a agricultura local de pequenos agricultores desaparece ó non poder competir coas multinacionais, co conseguinte empobrecemento do rural, e a contaminación xerada por ese transporte frenético é enorme e non para de medrar. ¿Por que non se fomentan as pequenas explotacións agrarias de produtos autóctonos e próximos ós mercados? Aforramos viaxes e fixamos poboación. En resume, xeramos riqueza. Isto que digo para a froita vale para outras mercancías. Hai que fomentar o consumo de productos locais adaptados ó medio, son máis baratos e máis sans.

O transporte en tren é máis rápido e económico. Sen embargo en España só se fomentou o transporte por estrada. As ¿¿infraestructuras ferroviarias?? en Galicia son as mesmas que había hai décadas. Os países máis avanzados teñen unha rede ferroviaria de transporte de persoas e mercancías rápida e moderna.

Apostar de verdade polo transporte público, incrementar rutas e frecuencias. Non pode ser que de Ferrol a Neda, por exemplo, en autobús (menos de 8 km) leve 45 minutos, con frecuencias de media hora.

A enerxía solar pode aportar moita enerxía. O país de Europa que máis e mellor aproveita a enerxía solar, para o noso escarnio, é Alemania. Galicia, tenopolo tanto, moito potencial. Instalación de placas solares nos tellados, construcción de vivendas orientadas para aproveitar a radiación solar, mellorar os aillamentos, etcétera.

A única solución non son os cambios horarios (que aforran menos do 1% nos fogares), nin centrais nucleares novas, nin encher os nosos montes aeroxeneradores. Planificación, control da especulación e sentido común poden aportar solucións que non impliquen nin perda de calidade de vida nin nos fagan dependentes do petróleo e o carbón.

Políticos, aportade solucións e ideas.

xoves, 8 de novembro de 2007

Televisión con xeito ( para ver sen morrer de pena )

Amigos e amigas, non sei se será idea de bombeiro, pero din en pensar... e por que non facer unha sección sobre boa televisión? Glubs!.

O primeiro de todo, quede claro que os meus gustos son os que son, así que excuse me se non acerto nas miñas recomendacións; eso sí, procurarei sempre escoller producións que misturen entretemento e calidade, así que non ides atopar espesuras infumables, pero tampouco lixo vergoñento.
En segundo lugar, prometo incorporar todos os xéneros e formatos sempre que pague a pena, de emisión nas canles abertas e gratuítas.

E en terceiro lugar, a idea é que poidades achegarvos de xeito periódico e constante, como parte fixa do servizo que vos ofertamos neste blog da Biblioteca (identificaredes estas entradas pola cabeceira invariable).


Comezo xa:


Canle: TVG

Título: Historias de Galicia

Xénero: Divulgativo de Historia

Formato/duración: Serie, relato dramatizado , 30 minutos aprox.

Emisión: Domingos ás 9:30 PM
Por que a recomendo?: É moi áxil, ensina cun formato actual e sen meterse en profundidades, duración axeitada, non se fai pesada.



martes, 6 de novembro de 2007

Viva la Ñ


La letra ñ (eñe) ganó su primera batalla en Internet

Muchos han querido borrarla del alfabeto, hacerla desaparecer o sustituirla anulando palabras como cariño, sueño y muchas otras...Sin embargo, la decimoséptima letra y decimocuarta consonante del alfabeto español ha sido defendida hasta el final por los amantes y estudiosos de la lengua española, gallega, vasca, aborígenes amerindias e australianas... Recientemente se ha dado un gran paso: podrá ser utilizada en los dominios de Internet ".es"

Neda no mundo (I)

Unha compañeira comentou que cando se lles pide ós alumnos que escriban algo sobre onde viven, moitos din que como Neda non hai nada. Entón ocorréuseme mirar cómo nos ven dende fóra. E o xeito máis doado e facelo dende internet.
Cando un escribe Neda en Google aparecen 6 millóns de resultados. Nos primeiros lugares enlaces insticionais do Concello, da Deputación, e un blog moi interesante dun veciño, adolfoneda. No medio hai algúns acrónimos nacionais e extranxeiros.
Nas páxina do Concello hai moita información e moi útil para os veciños sobre novas locais, organismos e novas municipais e por suposto un apartado adicado a promocionar o turismo. É unha páxina moi recomendable, non só para os veciños, senón para todos aqueles que queren saber o que ocorre en Neda.
A páxina da Deputación está dirixida fundamentalmente ós potenciais vistantes.
Por último, adolfoneda é un blog dun médico e concelleiro de Neda moi interesante.
Seguiremos buscando Neda.

luns, 5 de novembro de 2007

"El Prado" estrena novas instalacións e nova web



Dispoñible en doce linguas, a súa páxina web ofrece desde agora acceso en liña ás diferentes coleccións do museo, que aloxa aos grandes mestres españois, de Velázquez a Goya, biografías de artistas e un servizo de reserva de entradas.

Esta nova versión xorde cando o Prado acaba de concluír a maior operación de modernización e ampliación nas súas 200 anos de historia, logo de cinco anos de traballos.

As novas instalacións ocupan un total de 22.000 m2. Esta extensión, que permite ao museo ampliar nun 50% a superficie consagrada ás exposicións temporais e permanenetes, está integralmente aberta ao público a partir de finais de outubro. E de feito nesta semana pasada bateu cifras de visitantes coa semana de gratuidade 'Invitámosche ao Prado' e alcanzou as 100.000 visitas en cinco días. Cunha media de 20.000 visitantes por día, a Pinacoteca nacional 'superou con fartura' as mellores cifras da historia do Museo.
Noraboa a todos, porque este museo é de todos.

sábado, 3 de novembro de 2007

Matisse, o pai da cor


Esta semana é o aniversario de Matisse, un dos mellores pintores franceses do século XX, considerado o pai da cor comezou a pintar tardíamente e describía a pintura así: "O pintor xa non necesita preocuparse de detalles insignificantes, para iso está a fotografía que o fai mellor e máis rápido.., a pintura é para representar visións interiores..., ver xa é en si un acto creador, require un esforzo, todo o que vemos se deforma polos nosos costumes occidentais... hai dous xeitos de expresar as cousas: sinalarse brutalmente e outra evocalas con arte, evócase o que a mirada produciu en nós como acto que require traballo..., o pintor debe ter simplicidad de espírito...".

venres, 2 de novembro de 2007

Unha realidade incómoda (II)

Seguindo coa ecoloxía hai unha serie de cousas que non entendo:

¿Porque, se a velocidade máxima en estrada é de 100 km/h e en autoestrada é de 120 km/h, moitos modelos de vehículos empezan a súa gama con motores de a partir de 80 C.V. que superan os 170 km/h? Dos que teñen máis de 150 C.V., nin falemos.

¿Por que facemos deporte e réxime para adelgazar e despois collemos o coche para ir a buscar o xornal, se o quiosco está á volta da esquina?

Se nos movemos sempre por cidade e imos solos no coche, ¿para que mercamos un coche de máis de cinco metros?

Como non coidemos os recursos, o modelo de coche máis vendido en poucos anos será o da foto. Son todo ventaxes, usa biocombustible, ten velocidade de sobra para o tráfico urbano e pode levar ata catro pasaxeiros.

Co uso e abuso do coche poderíamos encher varios blogs. Non só contaminan as grandes multinacionais, nos tamén contribuímos. Por certo, as multinacionais gañan moito diñeiro con elo, pero nos pagamos por contaminar.