Páginas

mércores, 31 de outubro de 2007

Frankfurt connection

Estes días o instituto e a biblioteca do Esquío teñen embaixada en Frankfurt. Un grupo de alumnos acompañados por dúas profesoras do instituto, Concha e Begoña, están alá para visitar a sede do Banco Central Europeo no marco do proxecto denominado “Da Casa da Moeda de Xuvia ó Banco Central Europeo”. Ben, van estar alá unha semana, así que dixeron que ademais ían visitar o mercado Kleinmarkthalle, a Bolsa, os monumentos locais e non sei cantas cousas máis. Xa vos mostrarei as probas do que fixeron.

A poucos metros do instituto está a Casa da Moeda de Xuvia onde se acuñou moeda no século XIX. Agora en Xuvia, acúñanse alumnos de secundaria. As moedas devalúanse, pero a formación sempre ten valor. Así que Xuvia saíu gañando.

Polo de pronto déixovos unha foto dos emisarios. O que está ó fondo con xersei malva é o noso dire, el non foi. Obrigas do cargo.

"Español, que está cerca de nuestra cultura. Justo en la próxima estación"


Cerca de un millar de carteles con las estrofas más impactantes de algunos de los poemas escritos por Federico García Lorca, Antonio Machado, Miguel Hernández y otros poetas españoles o latinoamericanos, así como filipinos, adornan el interior de los vagones del metro de Manila.

¡Cualquier lugar es bueno para la lectura!

"Español, que está cerca de nuestra cultura. Justo en la próxima estación" es el lema de esta campaña, organizada por el Instituto Cervantes, que persigue promover la lectura entre los filipinos, muy poco habituados a tener un libro entre sus manos.

En Filipinas, donde la gente de a pie jamás aprendió castellano, perduran aún varios cientos de palabras españolas asimiladas por el tagalo y otras lenguas locales como el chabacano, que se emplea en Zamboanga, en la sureña isla de Mindanao.

(Vía Levante EMV.com)

martes, 30 de outubro de 2007

Avaricia e despilfarro.


Segundo publica o diario EL PAIS, unha organización mundial de consumidores, Consumers International, concedeu o premio “Mal Producto” a Cocacola, Mattel, Takeda e Kellog’s (entre outros).

Cocacola, por vender auga do grifo como auga embotellada “Dasani”.

Kelloggs por dirixir os seus produtos ós nenos, a pesar de que conteñen altos niveis de azucre e sal prexudiciais para o seu crecemento.

Mattel, fabricante de xoguetes (Barbie, Fischer-Price e Hoot Wheels) por non cumprir estándares de seguridade.

Pero eu o maior premio daríallo á menos coñecida, Takeda Pharmaceuticals, por anunciar pílulas para durmir para nenos, a pesares de coñecer os perigos do uso pediátrico do medicamento.

Detrás da imaxe idílica da publicidade so hai avaricia para amasar máis e máis diñeiro. Que no camiño se prexudica ós nenos, se engana e se estafa. Non importa.

Ó mellor non vos decatastes do caras que son as pequenas cousas que fan a felicidade: un “pequeno" ático en Nova York, un “pequeno” Ferrari ou un "pequeno" iate de 30 metros. Estes altos executivos, ¡¡dan unha pena!!

A nos so nos queda organizarnos, protestar e disfrutar da arte. Fixádevos ben no cadro de Dalí, nada é o que parece, pero a avaricia e a miseria van da man.

luns, 29 de outubro de 2007

Unha realidade incómoda (I)


Co gaio da visita de Al Gore pensei en algo que moitas veces falo na aula, o problema dos recursos.

O primeiro mundo consume unha grande cantidade de recursos e o resto do planeta tense que conformar coas faragullas. Cando un mira os xornais, o que se discute é cal é a fonte de enerxía menos contaminante e como producir máis contaminando menos.

Unha solución é optimizar o consumo, é dicir vivir igual de ben, ou mellor incluso, consumindo menos. A pregunta que se hai que facer é ¿realmente necesito ...? E outra solución consiste en aforrar e aforrar.
Para aforrar enerxía eléctrica basta cambiar as lámpadas incandescentes polas de baixo consumo e apagar os aparatos en vez de deixalos en espera (¿sabedes que consumen un 10 % cando están esperando por nos?).

Poñer unha botella de litro chea de area na cisterna e usar redutores de caudal, atomizadores e perlizadores na instalación de auga corrente permite aforrar auga.

De seguro que se botades unha ollada ó voso arredor e buscades o xeito atoparedes moitas formas de aforrar. E aínda que a contaminación nos parece algo afastado, o aforro non o é e podémolo dedicar ó que queiramos. Por exemplo, facerlle un regalo o voso profesor de física.

domingo, 28 de outubro de 2007

Por fin, é tempo do poeta Pérez Parallé


Queridos e queridas, oportunidade dourada para achegarnos á vida e á obra de Don Xosémaría Pérez Parallé (Ferrol, 1909-1987): a Liga de Amigos de Barallobre (parroquia donde pasou a meirande parte da súa vida) ven de organizar un Congreso e unha Exposición entre os días 3 e 10 de novembro con ponencias a cargo de estudosos como Méndez Ferrín, Alonso Montero, Bernardo Maiz, Esperanza Piñeiro, Gillermo Llorca... e a presenza de Isaac Díaz Pardo ou Xosé Ramón Barreiro; haberá representacións, proxeccións e mesas redondas, e unha mostra fotobiográfica con documentos que saen á luz e que ata agora coñecían os seus máis achegados.


Profes, pais, alumnos e veciños da comarca temos unha cita a vindeira fin de semana co Segrel do Penedo, poeta con méritos dabondo para formar parte dos homes e mulleres homenaxeados no Día das Letras Galegas.

venres, 26 de outubro de 2007

Internet sí pero...




Ola meus! Logo do verán e de poñer en orde as miñas cousiñas para este curso, reincorpórome xunto aos meus queridos compañeiros da Biblioteca á edición de novas, coa humilde intención de que vos resulten de interese e máis aínda, formativas. Imos aló, ladies and gentlemen...

E comezo esta andaina xustamente tratando do medio polo que me achego a vós, a Rede. Porque estas fiestras que son as pantallas dos ordenadores permítennos ver o mundo enteiro, pero tamén ser vistos...e manipulados. Seguro que case a diario escoitades novas sobre delictos informáticos, uso inmoral de imaxes, captación de persoas a través dos chat para fins inconfesables... En fin, que asomarse a estas fiestras sen prevencións pode precipitarnos ao baleiro..., e por iso cómpre poñer sentidiño cando as abrimos.

E mira tí por donde, navega que te navega , atopei un porto seguro cunha serie de consellos moi útiles para todos, rapaces, profesores e pais. Un verdadeiro porto refuxio, de certo. Botade un ollo, non vos ha pesar!

Unha verdade incómoda

Estes días está en España dando unha serie de conferencias Al Gore, premio Nobel da Paz 2007, nas que comenta o seu famoso documental “Unha verdade incómoda”, galardoado con moitos e diferentes premios e estreado recentemente. En moitos institutos e universidades xa se proxectou e o Goberno de España habilitou unha partida presupuestaria co fin de mercalo para os centros educativos.
Ademáis escolleu España como o primeiro país de fala hispana para desenvolver o seu proxecto Climate Project Spain, e para tal fin convocou en Sevilla a partir de hoxe e ata o día 28 a uns 200 líderes co obxectivo de concienciar da necesidade de frear os efectos do cambio climático, ver as crónicas de ABC e EL PAIS.
Pero nunha sociedade libre onde todo o mundo ten dereito a opinar, como a que queremos construír, pode aparecer xente que discrepa. Algúns poden respostar a escuros intereses, pero outros non, así que podedes botar unha ollada ó seguinte artigo de La Voz de Galicia.
Internet pon nas nosas mans a información, pero nin a escolle nin nos dí quen ten a razón. Agora é a vosa vez. Unha persoa libre toma decisións despois de informarse e sopesar diferentes argumentos, non porque o diga calquera líder de opinión que saia pola tele ou que vista e fale ben. ¿Quen dixo que ser libres é doado?

xoves, 25 de outubro de 2007

Fragmento da historia da pintura

Hoxe conmemórase o Día Internacional da Pintura, quizais porque é o aniversario de Giogione, William Hogart, Alfred Sisley e o noso Pablo Picasso, entre outros. Recordémoslos con este fragmento da historia da pintura.
Un percorrido pola historia a través da obra de importantes artistas, recreadas por Joan Gtratz no vídeo utilizado nos procesos de aprendizaxe de Polimodal "Comunicación, Arte e Deseño" do Instituto Herman Hollerith.

mércores, 24 de outubro de 2007

Día da biblioteca escolar

Hoxe é o día da Biblioteca Escolar. Estes "días de" que non están promocionados polos cortesingleses de turno pasan sen pena nin gloria. Pois eu quero aproveitar este día para agradecer a todas esas persoas que adican o seu tempo, de lecer en moitos casos, e esforzo ás bibliotecas escolares e que nin as novas tecnoloxías e soportes nin as dificultades que xorden por doquier os frean.
Lograr que cada vez máis xente se achegue á cultura, no formato que sexa, é o mellor obxectivo que podemos afrontar e de seguro, acadar. A formación e a cultura nos fai máis libres e menos manipulables a todos.
Así que, ¡¡¡BO TRABALLO, COMPAÑEIROS!!!
E o ano que ven volveremos a celebrar este día.

martes, 23 de outubro de 2007

Lendas urbanas.


Nunha clase da semana pasada unha alumna puña en dúbida que o home chegara a Lúa. E falou do movemento da bandeira, de reflexos no casco, pegadas extranas e outras cousas. Xa metidos en mentiras falamos do caso da muller desaparecida nun restaurante chinés, do caso dunha parella que se quedou sen gasolina nunha estrada afastada de noite e que acabou moi mal, e poderíamos seguir ata o infinito.

A imaxe enlaza co libro das paradoxas que xa tratei. Se vos fixades no fume pódese ver o perfil de Satanas, Belcebú, o Demo ou como lle queirades chamar. Xa estou oíndo a alguén dicindo aquelo de ¿Casualidade? Eu coido que non. Pos sí, e casualidade. O que nos vemos é o resultado do que hai e da imaxe que constrúe o noso cerebro. E neste caso non hai máis que lapas e fume. Aínda que pareza mentira, un suceso extraordinario calquera é moi probable. O que é moi improbable é un suceso extraordinario concreto.

É sorprendente a capacidade que teñen estas lendas de transmitirse no espazo (hai lendas comúns a ambos lados do Atlántico) e no tempo (versións diferentes da mesma historia adaptadas a cada época). Ademáis son unha boa radiografía da sociedade que as produce.

Hai pouco saíu unha reedición dun libro no que se recollen estas lendas. O libro chámase "Leyendas Urbanas", publicado por Antonio Ortí e Josep Sampere, que xa forma parte dos fondos da biblioteca.
En calquera caso sempre é bo contrastar calquera afirmación e para iso as bibliotecas son o mellor sitio.

luns, 22 de outubro de 2007

Por fin unha televisión, non unha caixa boba


A televisión "non" está rifada coa cultura, senón que se considera un vehículo máis de formación e información, aínda que non sempre é así, moitas veces queixámonos porque parece un vehículo de desinformación e embrutecimiento de transmisión visual altamente contaxioso.
Pero estamos de parabén: o Instituto Cervantes acaba de inaugurar unha nova canle de televisión 24 horas on-line con programación adaptada ás actividades relacionadas coa cultura que se realizan en todo o panorama nacional.
A partir de 1991, ano da súa fundación, o Instituto Cervantes difunde o idioma español mediante diversas accións, entre as que destaca a organización dos cursos xerais e especiais de lingua española e nas linguas cooficiales, exposicións, conferencias, ciclos cinematográficos, presentacións de obras literarias.... e outras actividades culturais que organiza ou patrocina nos seus máis de 60 centros repartidos por cidades de todo o mundo.
Vexamos a sua programación:

domingo, 21 de outubro de 2007

Silencio. Lese


Este fin de semana máis de 1000 docentes preocupados pola lectura reunímonos nas Xornadas de Bibliotecas Escolares de Galicia en Santiago para falar de como conseguir novos lectores competentes, preparados para moverse con seguridade na sociedade da información, sensibles á literatura. Sentímonos reconfortados ao pensar que o que facemos día a día non está tan mal pero quizais deberiamos recordar que
"a paixón pola lectura transmítese por contaxio"
"o verbo ler non admite imperativo"
Así que revisemos a nosa actitude ante a lectura TODOS non só os docentes senón tamén as familias, institucións ....e sigamos as leis de Daniel Pennac que nos recordaron nestas xornadas:
- O dereito de non ler un libro.
- O dereito de saltar as páxinas.
- O dereito de non terminar un libro.
- O dereito de reler.
- O dereito de ler o que sexa.
- O dereito ao Bovaryismo (enfermidade textual transmisible).
- O dereito de ler onde sexa.
- O dereito de buscar libros, abrilos onde sexa e ler un pedazo.
- O dereito de ler en voz alta.
- O dereito de calar.

venres, 19 de outubro de 2007

Voda ás agachadas dos Reis Católicos


Na historia de España houbo tamén vodas por amor, e un exemplo delas foi a dos Reis Católicos. Isabel foi recoñecida herdeira (1468) polo seu irmán Enrique IV, quen tratou de casala con diferentes candidatos. Para coñecerse, Fernando entrou en Castela disfrazado. Contraeron matrimonio ás agachadas en Valladolid en contra do desexo de case todos o 19 de outubro de 1469. Cando soubo da voda, Enrique IV montou en cólera e volveu recoñecer como herdeira á súa filla Juana ("a Beltraneja"). Esta pouco práctica decisión motivou unha longa e dolorosa guerra civil. As tropas realistas aragonesas venceron ás insurrectas da Generalitat de Cataluña (1472). A monarquía franco-angevina intensificara os ataques no Rosellón e a Cerdaña, apoiaba as escaramuzas fronteirizas nos Pireneos e apoiaba a insurrección catalá. As campañas e xestións de Fernando resultaron moi proveitosas. O cardeal valenciano e futuro papa Rodrigo de Borja anuncioulles dispénsaa papal á súa voda entre curmáns. Rodrigo foi o mellor axente na política de expansión de Fernando e os plans de unión de Isabel. A principios de 1471 morren o papa Paulo, o duque de Guyena e Juan de Lorena. Á morte de Enrique IV (1474) a nobreza mobilizouse en diferentes bandos pero Isabel fíxose co poder con audacia. Á morte de Juan II (1479) Isabel e Fernando uniron os seus escudos de armas de xeito equidistante.

xoves, 18 de outubro de 2007

Thomas Alva Edison de novo


Non é a primeira vez que falamos no noso blog de Thoma Alva Edison, hoxe é o seu aniversario da súa morte e pode ser un bó momento para pensar que sin os séus inventos o mundo sería outro lugar moi distinto. Ademais é un exemplo de lector feroz quen antes dos dez anos estaba totalmente estaba absorto nos libros de ciencia e no laboratorio que se creou na cociña da súa casa repetía os experimentos que aprendera.
Daquela non facía falta campañas de promoción da lectura!

mércores, 17 de outubro de 2007

Paradoxas


Estes días, entre todas as coleccións que inundan os kioskos, apareceu unha de matemáticas. E o primeiro libro, ¡Ajá! Paradojas que hacen pensar, é fantástico. Nel Martin Gardner recopila as paradoxas máis coñecidas e as explica de xeito que non é preciso ser un experto matemático para comprendelas.
Por exemplo, ¿sabías que nunha aula de 23 alumnos, hay unha probabilidade superior ó 50 % de que dous naceran o mesmo día? E que si na aula houbese 30 alumnos, a probabilidade é superior ó 70 %. E se colleras cen alumnos, a probabilidade sería de 3 millóns de casos favorables fronte a un desfavorable.
Outra curiosidade, se colles a túa data de nacemento, por exemplo, 3 de xullo de 1993 e escribes 371993, reordenas as cifras ó chou, por exemplo 331997. Restas o maior do menor, da 39996, sumas as cifras, da 36, e volves sumar, dá nove. Proba con calquera data de nacemento, reordea as cifras como queiras e repite o procedmento. Sempre dá nove.
Por último, fíxate nas formigas da figura, poden percorrer as dúas caras da fita sen cambiar de rumbo. Clica na imaxe para ver o movemento. Esta fita é coñecida como Fita de Moebius. E se che gustou o debuxo podes buscar no wikipedia ou no google datos sobre M. C. Escher e visitar a súa páxina oficial. Foi un mestre na representación de paradoxas visuais.
E se queres máis, tamén existen paradoxas musicais. Pero eso, será outro día.
Por certo, o libro está á vosa disposición na biblioteca.

Chopin. O home que escribía poesía co piano



Fryderyk Franciszek Chopin esperta paixón coa súa música coma si de poesía se tratase aínda hoxe despois de tantos anos da súa morte en 1849. Recordémoslo.

martes, 16 de outubro de 2007

Día Mundial da Alimentación


A FAO celebra cada ano o 16 de outubro o Día Mundial da Alimentación, no aniversario da fundación da Organización en 1945 en Quebec, Canadá.

Este ano o tema do Día Mundial da Alimentación é "O Dereito á Alimentación", para recordar que este dereito humano básico é a miúdo ignorado xa que 850 millóns de persoas continúan sufrindo hoxe unha grave inseguridade alimentaria.

Segundo a lexislación internacional, o dereito á alimentación é o que ten toda persoa a contar cun acceso regular a alimentos suficientes, adecuados no aspecto nutricional e culturalmente aceptables para levar unha vida sa e activa. É o dereito de toda persoa a alimentarse a si mesma con dignidade, máis que o dereito a recibir alimento.

Desde o Cume Mundial da Alimentación de 1996, a FAO traballou cos gobernos e comunidades de todo o mundo para que se recoñeza este dereito humano básico.


Fíxate no mapa e na súa animación aquí

domingo, 14 de outubro de 2007

Doris Lessing: desobediente al miedo y a la injusticia



"Diminuta, enérgica, sobria, el cabello encanecido, levemente ondulado sujeto en la nuca, una blusa blanca y una falda azul oscura. Es la dignidad y la fuerza de una campesina”, así nos la describe Charo Alonso en este comentario sobre el desobediente discurso pronunciado por Doris Lessing cuando recibió el premio Príncipe de Asturias de las Letras en el 2001: Irán, Rhodesia, la lucha comunista, Inglaterra, la risa de África diezmada por el sida, el martirizado Afganistán, el calvario checheno, los derechos de la mujer, el “sanguinario” Sr. Bush, el prepotente Blair, su visión de Pakistán, Viginia Woolf, la España musulmana, el eterno Al Andalus... todo esto y mucho más forma el cuerpo de este discurso deslumbrado por el mundo, desobediente al miedo y a la injusticia...
con qué discurso nos sorprenderá esta "eterna nominada a los Premios Nobel" tras haberlo conseguido?

venres, 12 de outubro de 2007

12 de outubro


Hoxe conmemoramos a chegada de Cristóbal Colón a América, feito que marcou o inicio dun proceso polo que os dous reinos máis occidentais de Europa espallaron a súa cultura por todo un continente.

A colonización e conquista de América, motivadas por razóns económicas fundamentalmente, tivo episodios dramáticos e consecuencias terribles para os pobos e os territorios. Só fixádevos no mapa, que recolle o Tratado de Tordesillas, no que España e Portugal repartiron o mundo en dous pedazos. Pero un vistazo a poboación de Iberoamérica, da que unha enorme porcentaxe é xove, da pé á esperanza de tempos mellores.

Entre tanto podemos achegarnos ás xentes e a cultura de Iberoamérica gracias a autores que mesturan as dúas tradicións, ibérica e americana, e, ademáis, escriben en español e en portugués. Así, e a bote pronto, ocórreseme que é un bo momento para ler obras de Borges, Vargas Llosa, Cortázar. García Márquez, Paulo Coelho, Bryce Echenique e moitos outros.

mércores, 10 de outubro de 2007

O Nobel por facer posible os discos duros dos PC



O francés Albert Fert e o alemán Meter Grünberg fixéronse co Premio Nobel de Física 2007 polo seu descubrimento da magnetorresistencia xigante, un efecto da mecánica cuántica que permitiu o deseño de lectores de discos duros de computadores e a miniaturización destes dispositivos, comunicou hoxe a Real Academia de Ciencias de Suecia. O galardón premia así á primeira gran aplicación práctica da nanotecnoloxía: disciplina da física dedicada ao estudo da materia de tamaño menor a un micrómetro -unha millonésima parte dun metro.
(Vía El País)

domingo, 7 de outubro de 2007

"O único medio de conservar o home a súa liberdade é estar sempre disposto a morrer por ela"


Traducido por Baudelaire, Mallarmé e Córtazar -a quen tamén se debe un dos seus mellores apuntes biográficos-, admirado por Xullo Verne -quen lle dedicase 'A esfinge dos xeos', continuación de 'As aventuras de Arthur Gordon Pyn'- e situado por Pablo Neruda na súa "matemática tebra", Edgar Allan Poe foi o primeiro mestre universal do relato de terror e misterio, que desen os Estados Unidos, pero tamén o primeiro maldito, heterodoxo e alucinado que alumase a literatura naquela terra.
Hoxe é o aniversario da súa morte en 1849, e a pesar dos anos transcorridos segue quitando o soño aos seus lectores.
Sigamos disfrutando das noites en vela coas súas obras, e as películas que se fixeron a partirse delas, aquí temos unha mostra:

venres, 5 de outubro de 2007

Día Mundial d@ Docente


O 5 de outubro foi o día elixido pola Internacional da Educación e a UNESCO para recoñecer o labor que diariamente levan a cabo mestres e mestras de todo o mundo. Desde 1993 celébrase este día sen esquecer chamar a atención sobre a grave deterioro das condicións de traballo de moitos docentes. Os conflitos armados, a violencia nas aulas, a inseguridade económica, os limitados recursos humanos e materiais entre outros, fan que cada día sexa máis difícil levar a cabo un labor central na construción da nosa sociedade futura, o labor de educar.
O Día Mundial dos Profesores honra os docentes polo seu labor á vez que reivindica unha educación mellor, partindo de dúas premisas fundamentais: educación para todos e educación ó longo da vida.
Se queres saber mais lee o tríptico ou a Declaración do día mundial do Docente 2007.
Como dixera Alexandro Magno:"Ao meu pai débolle ó vivir, ao meu mestre ó vivir ben"

xoves, 4 de outubro de 2007

Sputnik


Hoxe cúmprense 50 anos dende o lanzamento do Sputnik por parte dos soviéticos. Se pulsas no enlace seguintes escoitarás o primeiro sinal que enviou.
DivShare File - sputnik.wav
Termos como guerra fría ou carreira espacial non din nada para o alumnado do instituto, pero os xornais, o cine e a literatura ocupáronse amplamente deles neses anos.
No tocante á tecnoloxía foi un fito extraordinario, xa que por primeira vez se puxo en órbita un inxenio humano e iniciouse unha carreira espacial que culminou, cando menos nunha primeira etapa coa chegada do home a Lúa acadada por una tripulación dos Estados Unidos.
Unha das grandes beneficiadas desta carreira foi a NASA que contou con grandes presupostos na década dos sesenta, e nosoutros, xa que os adiantos científicos e tecnolóxicos melloraron a nosa vida.
E o impacto na sociedade foi brutal, hoxe sabemos o que pasa en calquera lugar do globo no mesmo instante en que ocorre gracias ós satélites, obxectos de uso frecuente desenvolvéronse para o espazo, e, o máis preocupante, miles de ollos por riba de nós vixíannos día e noite.
A ciencia e a tecnoloxía poñen as ferramentas nas nosas mans, pero o uso que se lle dé é responsabilidade dos que as usan.

mércores, 3 de outubro de 2007

O Kiosko

Nun curso sobre qué era isto dos Blogs, Antonio, da Bibliotecado I.E.S. As Mariñas de Betanzos, falounos de Kiosko. É unha páxina na que recollen as portadas dos xornais españois máis importantes.

Na columna da esquerda, onde dí Prensa prensada está o enlace a esta páxina e a outras similares en inglés e francés.

Gracias ó traballo de Antonio podemos dun vistazo ver o que se di en España.

Se picades nun xornal vedes a portada e xa están os chistes recollidos sen necesidade de ir buscalos, para empezar o día cun sorriso. Vamos que saber o que se dí sobre a actualidade dende diferentes puntos de vista nunca foi tan fácil.

Así que dende aquí, grazas Antonio.

Aniversario de la RAE


La Real Academia Española se fundó en 1713 por iniciativa de Juan Manuel Fernández Pacheco, marqués de Villena y Felipe V aprobó su constitución el 3 de octubre de 1714 colocándola bajo su «amparo y Real Protección».
Su propósito fue el de «fijar las voces y vocablos de la lengua castellana en su mayor propiedad, elegancia y pureza». Se representó tal finalidad con un emblema formado por un crisol en el fuego con la leyenda Limpia, fija y da esplendor, obediente al propósito enunciado de combatir cuanto alterara la elegancia y pureza del idioma, y de fijarlo en el estado de plenitud alcanzado en el siglo XVI.


La institución ha ido adaptando sus funciones a los tiempos que le ha tocado vivir. Actualmente, ha ido integrando las nuevas tecnologías en su servicio a la comunidad. Así, ante la duda tenemos:
Ortografía de la lengua Española
Nuevo Tesoro Lexicográfico de la Lengua Española.
Diccionario Panhispánico de Dudas.

martes, 2 de outubro de 2007

Fermosa lúa dende o polo sur


A lúa puido verse sobre o horizonte durante 14 días seguidos en agosto, desde o Polo Sur .
Pero durante a eclipse lunar total do 28 de agosto, virou no ceo a só 10 graos sobre o horizonte .
O feito de que a lúa estivese tan baixa no horizonte implica que a súa luz tivo que atravesar un gran espesor de atmosfera, que desenfocó levemente estas imaxes. Pero para Robert Schwarz, este non foi o principal problema á hora de obter esta secuencia de catro horas da eclipse .
Un problema máis grave foi a temperatura exterior de 68 ºC baixo cero (90ºF baixo cero).
O frío extremo fixo necesario facer as fotos a través dunha rendija nunha fiestra desde o interior dunha habitación con calefacción.
Aínda con todo, tivo a recompensa desta impresionante imaxe da eclipse lunar de agosto desde unha perspectiva única no planeta Terra .

(Vía Observatorio)

luns, 1 de outubro de 2007

A beleza das matemáticas


Poderías demostrar que todo número par superior a dous é a suma de dous curmáns?
Este é o problema exposto por un dos protagonistas de El Tío Petros y la conjura de Goldbach que lonxe de ser un libro para xente de ciencias con coñecementos de matemáticas avanzadas, é unha guía de viaxe polo mundo da investigación fascinante das ciencias exactas, que aquí se presentan como unha forma de creación de beleza e procura de harmonía e perfección.
Apóstolos Doxiadis presenta a seguinte historia: A ovella negra da familia Papachristos é o tío Petros, un ancián sereno e afable que vive dos beneficios que xera a fábrica, herdanza do seu pai. Por azar, antes de ingresar na universidade, o seu novo sobriño descobre que o vello que se dedica a ocasionais partidas de xadrez é unha eminencia matemática retirada. Este é o principio das investigacións do sobriño para descubrir como un mozo e prometedor xenio matemático consagra toda a súa vida a resolver un dos tres problemas máis difíciles das matemáticas, a conxectura de Goldbach.