Estes días, entre todas as coleccións que inundan os kioskos, apareceu unha de matemáticas. E o primeiro libro,
¡Ajá! Paradojas que hacen pensar, é fantástico. Nel
Martin Gardner recopila as paradoxas máis coñecidas e as explica de xeito que non é preciso ser un experto matemático para comprendelas.
Por exemplo, ¿sabías que nunha aula de 23 alumnos, hay unha probabilidade superior ó 50 % de que dous naceran o mesmo día? E que si na aula houbese 30 alumnos, a
probabilidade é superior ó 70 %. E se colleras cen alumnos, a probabilidade sería de
3 millóns de casos favorables fronte a un desfavorable.
Outra curiosidade, se colles a túa data de nacemento, por exemplo, 3 de xullo de 1993 e escribes 371993, reordenas as cifras ó chou, por exemplo 331997. Restas o maior do menor, da 39996, sumas as cifras, da 36, e volves sumar, dá
nove. Proba con calquera data de nacemento, reordea as cifras como queiras e repite o procedmento. Sempre dá
nove.
Por último, fíxate nas formigas da figura, poden percorrer as dúas caras da fita sen cambiar de rumbo. Clica na imaxe para ver o movemento. Esta fita é coñecida como
Fita de Moebius. E se che gustou o debuxo podes buscar no wikipedia ou no google datos sobre
M. C. Escher e visitar a súa
páxina oficial. Foi un mestre na representación de paradoxas visuais
.
E se queres máis, tamén existen paradoxas musicais. Pero eso, será outro día.
Por certo, o libro está á vosa disposición na biblioteca.