domingo, 23 de xuño de 2019

Axúdanos a conseguir o Premio Patrimonio Europeo/Europa Nostra 2019 á restauración do Pórtico da Gloria


Para facelo tes que seguir estas regras:
  • Selecciona 3 proxectos ( o primeiro levará 3 puntos, o segundo 2 puntos e o terceiro 1 punto)
  • Non poderás elixir os proxectos do mesmo país
  • Só poderás votar unha vez, e logo de facer a túa selección recibirás unha mensaxe no teu correo (que permanecerá oculto) para confirmar o teu voto.
  • Podes deixar algún comentario sobre a túa elección
  • Tes ata o 15 de setembro para participar

venres, 14 de xuño de 2019

Amador Castro, Emma Pedreira e Rosa Aneiros, gañadoras dos Premios Xerais 2019




Os xurados elixiron “Xelís, o guieiro das botellas de mar” de Rosa Aneiros, como Premio Merlín de Literatura Infantil, 2019; “Os corpos invisibles” de Emma Pedreira Premio Jules Verne de Literatura Infantil, 2019 e “Shanghai a Barcelona” de Amador Castro Premio Xerais de Novela 2019. 


Noraboa ós premiados, xa estamos desexando que chegue o outono para lervos...

Ler a noticia en Sermos Galiza

Saber máis na rede e na prensa

xoves, 13 de xuño de 2019

Lembrando a Charo Sánchez Gabriel


Querida compañeira, querida amiga.
Vimos de saber do teu pasamento e non podemos menos que dedicar uns intres na túa lembranza.
Hai tempo que faltas na familia PLAMBE que ti contribuiches a fundar. E xa daquela faltounos o teu humor fino, a túa intelixencia aguda, a túa ironía elegante, a túa mirada diversa, a túa man comprensiva, o teu gusto pola exploración en calquera territorio, o teu espíritu de pioneira, e o teu amor pola Lingua que abrazaches como propia e defendiches con máis forza que moitos dos seus fillos.
A túa forma de estar no mundo, sempre curiosa e sensible, sempre atendendo a todo con esa atención aparentemente distraída foi un exemplo para quenes tivemos a honra de tratarte.
Xa daquela, cando a enfermidade se cruzou no teu camiño deixáchesnos, no universo da Bibliotecas escolares de Galicia, un valeiro irreemplazable.
Pero o de hoxe é difinitvo: non só nos faltas a nós, fáltaslle ao mundo. Co que precisamos neste momento xente coma ti!
As Bibliotecas Escolares de Galicia, chórante.
Os que te coñecimos, despedímoste con amor e cun sorriso ao tempo que enviamos un abrazo cariñoso á túa familia.
Os que non tivéchedes a honra de coñecela, podedes achegarvos á súa maneira de entender o mundo paseando polo blogue que creou: Mesturas

Ata sempre, Charo!

Pilar Sampedro, Carmen Suárez, Isabel Vázquez, Beni Nerga, Emilio Roca, Olga Rodríguez e a familia PLAMBE á que pertence o Equipo de biblioteca do IES Fernando Esquío


domingo, 9 de xuño de 2019

Estudo sobre os Clubs de Lectura no Ensino Secundario de Galicia




O curso pasado desde Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, a través da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos /Asesoría de bibliotecas se nos solicitou a nosa participación nun estudo cualitativo sobre a lectura e os clubs de lectura.
Levamos desde o inicio das convocatorias, co club de lectura e foi unha honra que nos tiveran en conta para esta proposta. Mediante grupos de discusión Julio Abalde e Eduardo Estevez, establecían ides para falar e establecendo un clima de dialogo moi cómodo, tanto os rapaces nunha primeira sesión, como os adultos na seguinte, falaron do impacto que tivo a lectura e o club, en concreto, na súa andaina como persoa.
O venres 7 na Xornada dos Clubs de lectura se nos presentou o a versión pre-publicación para que o coñezamos. Supón un bo punto de partida para analizar o que estamos a facer e tamén nos serve para mellorar o noso traballo.
Moitas grazas aos nosos clubeiros pola súa dispoñibilidade a prestarse como cobayas do estudo e aos seleccionadores por ter pensado en nos, agora nos queda ler este documento:


martes, 4 de xuño de 2019

200 años del Museo del Prado


El Real Museo de Pintura y Escultura, que en 1868 pasó a denominarse Museo Nacional de Pintura y Escultura y posteriormente Museo Nacional del Prado, abrió al público el 19 de noviembre de 1819 con 311 pinturas de la Colección Real, todas de autores españoles, colgadas en sus muros. En 2019 celebraremos por tanto su Bicentenario, y lo haremos reflexionando sobre su historia pero con la vista puesta en el futuro.
La idea motriz del Bicentenario es celebrar el Museo Nacional del Prado como el gran regalo que se ha dado la nación española y explicar cómo, a consecuencia de acontecimientos sociales y políticos, una colección privada concebida para deleite de unos pocos acabó convirtiéndose en la principal institución cultural de todos los españoles. En torno a esta idea gravita la ambiciosa programación del Bicentenario.

domingo, 2 de xuño de 2019

7 Praias con biblioteca para ler sen límite

Praia do Amor en Pipa Brasil

Agosto, tamén coñecido polo domingo de verán pola apatía xeral a facer cousas novas, é un mes no que a praia segue sendo a raíña por encima todo. O día divídese entre mergullo, castelo de area e visita ao chiringuito, con certos momentos de lectura que pode ser desde unha revista ata un best seller. A ese libro que non pode faltar nun plan de praia, moitos quixeron darlle unha volta e facelo aínda máis vantaxoso. É o caso das novas biblioplayas ou praias con biblioteca.

Seguir lendo en Tokapp

A ver se cunde o exemplo da Praia do Amor en Brasil e temos unha nas nosas fermosas praias de Ferrolterra.