luns, 29 de novembro de 2021
El miedo restante
venres, 26 de novembro de 2021
Agochado no andel: Manipulación televisiva con Operación Antártida
Andrea White adiántase no tempo máis de setenta anos á serie coreana de tanto éxito con nome de animal acuático, e presenta uns Estados Unidos realmente cambiados nos que a vida, máis que nunca, converteuse en xogo de azar.
Operación Antártida conta a historia de cinco rapaces de catorce anos que son elixidos para concursar en «Sobrevivente histórico da Antártida», un reality show onde se recreará a tráxica expedición de Robert F. Scott ao Polo sur realizada en 1912. Unha novela onde leva ao extremo a manipulación provocada polos medios audiovisuais e que expón se realmente pódese marcar un límite.
Están realmente sós na súa viaxe? É posible alcanzar o Polo sur nesas condicións? Ata onde chegarán os responsables do programa con tal de aumentar a audiencia?
xoves, 25 de novembro de 2021
Anatomía dunha serea
Anatomía dunha serea nace da necesidade de contar unha historia íntima, de transformar un acontecemento único e ao mesmo tempo común a moitas mulleres nun acto escénico compartido. Un relato aparentemente unipersoal e illado que de pronto ten eco noutras persoas en todo o mundo, converténdose nunha historia global contada nunha voz soa. Anatomía dunha serea é un proxecto de teatro documental e autobiográfico que fala das condicións nas que se dá a vida na sociedade actual, de como concibimos a maternidade nun mundo dominado pola lóxica do beneficio económico, de como asumimos a violencia contra as mulleres dentro dun hospital ou dunha sala de partos. Fala de violencia de xénero en lugares insospeitados. Da falta de respecto pola intimidade nas contornas sanitarias e de certos tabús que persisten na sociedade hoxe e aquí. Mulleres e homes temos responsabilidade no que se conta nesta peza, e temos a posibilidade de mudar o relato e a Historia.
Contra a violencia de xénero 2021: pero de todos os xéneros, fagamos do amor escudo e do respeto liberdade
mércores, 24 de novembro de 2021
martes, 23 de novembro de 2021
luns, 22 de novembro de 2021
Contra a violencia de xénero 2021: Escondite inglés
Curta baseada no guión gañador do VII Concurso de guións contra a violencia de xénero 2020 da Deputación da Coruña.
A curta, realizada por dúas alumnas de 2º BAC do IES de Arzúa no curso 2020-21, pretende mostrar diferentes formas de violencia de xénero por motivos económicos a través dun xogo infantil con múltiples valores simbólicos.
domingo, 21 de novembro de 2021
sábado, 20 de novembro de 2021
Contra a violencia de xénero 2021: Pantallas amigas
Preme no banner para acceder ao recurso
Con motivo do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mujeres, tamén chamado Día contra a Violencia de Xénero, que se celebra cada 25 de Novembro, desde Pantallas Amigas quixeron reforzar a campaña “10 formas de violencia de xénero dixital” que xa lanzaran o ano pasado, coa posta ao dispor de novas imaxes e mensaxes para ser compartidos por Twitter, Facebook e Instagram.
Por iso precisamos que toda a comunicade educativa e o contorno saiba destas iniciativas e recursos para identificar e previr 10 formas de violencia de xénero dixital, que é o mundo no que o noso alumnado máis se move e moverá.
venres, 19 de novembro de 2021
luns, 15 de novembro de 2021
Concurso Día das BEs: Robert Louis Stevenson
Esta é a solución ao encrucillado do noso autor homenaxeado e as gañadoras son as dúas parellas que seguen por estar empatadas:
Laura Alvariño e Alba García / Natalia Fernández e Lucía Leal
Moitas grazas a todos os participantes que tamén recibiredes un agasallo, e aos colaboradores que nos fixeron un mapa do tesouro tan fermoso e veráz!
Mentras lembramos a exposición coas fotos.
domingo, 14 de novembro de 2021
Tal día coma hoxe...naceu Claude Monet
xoves, 11 de novembro de 2021
Día das librerías
Coa elección dunha data fixa no calendario, co ofrecemento dun 10% de desconto, e con actividades por todo o territorio, o Día das Librerías regresa o próximo 11 de novembro para reivindicar, un ano máis, o seu carácter cultural, de comercio de proximidade, punto de encontro físico cos lectores e de fomento da lectura.
Seguir lendo na Revista Babar