xoves, 30 de outubro de 2008

E ti en que ano vives?


Sabías que...
os xudeus viven no ano 5769?
o seu ano novo empezou o pasado 29 de setembro?
o ano novo dos celtas é o Shamaín?
os chineses celebrarán o cambio de ano o 26 de xaneiro?
será o ano 4707 ano do boi?

Canto sabes do calendario e das outras culturas do mundo?
Entra na webquest e atopa as respostas.

http://sites.google.com/site/calendarioproxecto/Home

mércores, 29 de outubro de 2008

Brisingr, promesas sen cumprir...


...lealtade posta a proba, forzas que se enfrontan.
Brisignr xa está aquí.
Eragon e a súa dragona, Saphira, conseguiron escapar con vida logo da colosal batalla contra os guerreiros imperiais. Unha vida que Eragon sabe suxeita á forza das promesas sen cumprir. A primeira é a que Eragon fíxolle ao seu primo Roran: rescatar á súa amada, Katrina, das garras do rei Galbatorix. Con todo, este non é máis que o primeiro dos seus compromisos. Eragon tamén lle debe a lealdade aos Vardenos, quen necesitan desesperadamente o seu talento e a súa forza, e o mesmo sucédelles a elfos e ananos. Cando os problemas empezan a aflorar e o perigo ataca desde todos os flancos, Eragon vese obrigado a elixir. Unha elección que podería levalo a percorrer o Imperio enteiro, e ata máis aló das súas fronteiras; unha elección que podería acabar cun sacrificio inimaxinable.
Eragon é a única esperanza de salvar Alagaésia da tiranía. Poderá o fillo dun granxeiro unir ás forzas rebeldes e vencer ao Rei?

Le o primeiro capítulo

luns, 27 de outubro de 2008

Limóns.

Houbo unha vez un inglés que tocou a batería con Genesis (antes de Phill Collins), formou parte dun circo, recorreu Europa rapando ovellas, foi á China para facer unha guía de viaxe, e despois de todo iso acabou mercando un cortijo na Alpujarra. E alí leva vivindo moitos anos coa súa muller, Ana, e a súa filla andaluza Chlöe. Este inglés, chamado Chis Stewart recolleu no libro “Entre limones” o seu desembarco na Alpujarra e, como tivo éxito, fixo a segunda parte, “El loro en el limonero”.
Son dous libros moi divertidos, que contan como son os Alpujarreños e os españois dende o punto de vista dun inglés, aínda que, tal e como eu o vexo, pouco inglés, e relatan con moito humor a loucura dun home, que decide embarcarse el e, de paso á súa familia, na aventura de ser un granxeiro último modelo.
O verán pasado lin o primeiro e este verán a continuación, e pasei moi bos ratos, e entre risa e risa fai reflexións moi interesantes sobre a xente e as súas relacións. Así que, e con coñecemento de causa, volos recomendo. Facédeme caso e non o lamentaredes.
Aquí tedes unha entrevista co autor publicada en "El Pais" cando aínda non se publicara o seu libro en España, onde se ve que é un bo tipo e unha que lle fixeron en "El Mundo" cando se presentou ás eleccións municipais por "Los verdes de Andalucía". O que hai que ver, guiri e preocupado polo entorno.
Saúdos.


luns, 20 de outubro de 2008

Que é para ti a biblioteca, a lectura ou o libro?


Biblioteca
ven do grego, biblion = libro e thekes = caixa, literalmente sería “caixa de libros” ou de gardar libros; pero é moito máis que iso: é unha colección de libros e outros documentos impresos, audiovisuais, electrónicos ou informáticos debidamente organizada que sirve para cubrir as demandas xeráis ou específicas da lectura e información.
Pero para outros é un paraiso...

Esta semana imos pensar no que significa para nós a biblioteca, os libros e a lectura.
Para iso invitámosvos a dar a vosa opinión e revisar na galería do instituto unha selección de citas ao redor do libro dalgunhas 'importantes personalidades'... para mostra as seguintes regras de ouro do libro:

1. Quen len moito acaban cegos.
2. Quen len moito acaban trastornados.
3. Ler esgota a túa economía.
4. Ler complica a vida doméstica.
5. Ler complica a vida amorosa.
6. A lectura adoita ser fonte de toda infelicidade.
7. Os libros xeran frustración.
8. A lectura é algo lento e repetitivo.
9. Ler non serve para obter admiración.
10. A lectura non está ao alcance de todos.

domingo, 19 de outubro de 2008

II Encontros de Bibliotecas Escolares de Galicia


Este fin de semana 970 docentes encargados de bibliotecas compartimos experiencias nos II Encontros de Bibliotecas Escolares de Galicia, puxemos cara a eses nomes xa coñecidos, gozamos falando de libros, de estratexias para a integración da biblioteca na vida común do centro e das familias, buscamos solucións para fomentar actitudes positivas ao redor do libro e a lectura....e difrutamos escoitando cousas como estas:

'Leer es desear que un libro no se acabe nunca'.
'Leemos para adquirir conciencia del mundo y de nosotros mismos'.
'Cada libro é un museo do universo e, as veces o universo mesmo'.
'Lemos para saber que non estamos sós'.
'Cada lector es al leer, en el fondo, el lector de sí mismo'.
'La vida no es sino una narración ininterrumpida'.
'¿Qué pasa dentro de un libro cuando está cerrado?'.
'Xunto cos libros debera venderse o tempo suficiente para lelos'...

Ánimo, só queda un ano para o seguinte encontro!

luns, 6 de outubro de 2008

Con diez cañones por banda...


Ah! memoria! ¿Cuantas generaciones han tenido que aprender, y luego disfrutar de la Canción del pirata?
Hace años esa, tan denostada ahora, práctica memorística nos sirvió a algunos para conocer a poetas varios, ejercitar esa parte oculta tan productiva a veces y descubrir que gracias a la memoria podemos relacionar y profundizar en el conocimiento de otros contenidos aún mayores.
Ahora se utilizan otras prácticas para acercar la cultura a los jóvenes. Bienvenidas sean... pero ¿que nos depara el futuro a los docentes?.

La viñeta pertenece a un artículo sobre el día de los docentes en English is all around y no me he resistido a dejar de incluirla también aquí.

RTVE prepara otra serie de programas culturales interesantes 'La cultura en RNE... porque a ti te gusta' que se retransmitirán durante diez meses. Una muestra es esta versión rap de la obra de Espronceda. Disfrutémosla en lo que vale.

domingo, 5 de outubro de 2008

Día Mundial d@ Docente

Todos os días, en millóns de aulas en todo o mundo, leva a cabo o esforzo universal do ensino e a aprendizaxe. O don da alfabetización transmítese dunha xeración á seguinte, xunto ao amor á aprendizaxe e a sede de coñecementos. Cando se comparte o coñecemento, adquírense aptitudes e a vida pode cambiar.

O 5 de outubro, Día Mundial dos Docentes, un día reservado pola comunidade mundial para festexar aos docentes e o papel central que desempeñan no coidado e orientación dos lactantes, nenos, novos e adultos a través do longo proceso de aprendizaxe que é a vida.

Lembras ti os teus mestres e profesores? Nos somos afortunados polo lugar onde vivimos; a escolarización é unha obriga, pero qué pasa no resto do planeta?

Pensemos neses outros docentes que traballan noutras condicións!

Manifiesto de la Unesco