domingo, 27 de febreiro de 2022

Na semana de Rosalía...A rosa incandescente

 ...estivemos alí, en Chantada, na presentación de A rosa incandescente, como dí Anxos García Fonte, a creadora do invento, unha producción audivisual que nos achega aos sentimentos e a forza de Rosalía de Castro que segue presente no noso corazón e nosos soños.


Esperamos que pronto nola traigan pola comarca, para disfrutar dela. De momento en Facebook e tamén en Instagram.

mércores, 23 de febreiro de 2022

Día de Rosalía de Castro

 

O Día de Rosalía conmemorarase por primeira vez hoxe 23 de febrero, tras a aparición de nova documentación que desvela a data real do seu nacemento. Tanto da o día, o importante é lembrar á nosa poeta máis universal con lectura dos seus poemas, cun pasapalabra, con xogos, con un obradoiro de papiroflexia, con música... todo é posible neste día. 

Vivamos por Rosalía!

martes, 22 de febreiro de 2022

Tal día como hoxe... faleceu Antonio Machado


Un dos poetas españois máis admirados da historia probablemente sexa Antonio Machado. Pero non alcanzou a popularidade tan só pola calidade dos seus versos, senón tamén pola súa indiscutible talla humana. De feito, Machado foi definido en moitas ocasións como un "home bo".

Un dos poetas máis importantes da literatura española e un dos máximos expoñentes da xeración do 98. Descobre no artigo do National Geographic a historia do escritor que afirmou: "Camiñante, non hai camiño, faise camiño ao andar".

luns, 14 de febreiro de 2022

Galicia no tempo de Afonso X. Un rei galeguista

Nin entrara en declive, nin a monarquía abandonáraa, nin era —só— unha terra de curas e monxes. No século XIII Galicia seguía sendo un peza crave no mapa político e cultural peninsular. E Alfonso X de Castela (1221-1284), o contraditorio rei de fama ‘ antigallega’ que tiraba de galaicoportugués para as súas Cantigas, non mostrou tanta desidia polo noroeste como tradicionalmente escribiuse. Unha nova publicación do Consello da Cultura Galega desposúe ao ‘rei Sabio’ desta inmerecida lenda.

Seguir lendo en ABC Cultura.

O mesmo monarca que foi quen de situar ao galego nun dos seus cumios literarios, coas Cantigas de Santa María ou coa súa lírica satírica, foi sinalado, entre outras cousas, como inimigo da Igrexa de Santiago, pouco entusiasta do fenómeno xacobeo, responsable do comezo da marxinalidade política de Galicia no conxunto da Coroa de Castela ou pouco proclive ao contacto coa nobreza e a Igrexa dun país que, por outra parte, nunca pisou durante o seu reinado.

Cal foi, en realidade, a relación de Afonso con Galicia e co galego? Para sabelo todo na web do Consello da Cultura de Galicia tedes a oportunidade de descargar o documento Galicia no tempo de Afonso X.

martes, 8 de febreiro de 2022

Tokio

La ciudad de #Tokio, la ciudad mas poblada del mundo vista desde las alturas. A foto foi tomada a case 700 metros de altura. Desde esta altura non se aprecia ben a infinidade de áreas verdes que hai en Tokio.

Levamos un tempo falando de Manga, Anime, cultura nipona... non só no club de lectura de manga, e mentras non poidamos viaxar, botádelle unha ollada aínda que sexa desde o ar.

Grazas a Mar Fernández Blas, exprofe do IES Fernando Esquío que nos achega estos xeitos de viaxar.

xoves, 3 de febreiro de 2022

Visita de autores: Espido Freire na biblioteca


Por fin, voltamos á "normalidade" coa visita presencial de Espido Freire, autora recoñecida e Premio Planeta 1999. Durante o curso pasado disfrutamos de Eva Mejuto, Andrea Maceiras e Rocío Leira á distancia por vídeo conferencia, pero agora esperamos seguir coas visitas in situ lembrando a última do 11 de marzo con Manuel Rivas que todos lembrades.

A escusa para contar con Espido Freire é a presentación da súa saga xuvenil que inicia con El chico de la flecha, que leron os nosos alumnos de 4º ESO e os do club de lectura de 2ºESO. Tras unha pequena presentación a cargo de Sabela, Lucía e Ainara, Espido falounos do seu amor pola cultura clásica que descubriu cando era unha rapaza de 9-10 anos grazas á biblioteca que tiña preto da casa e a escola. Alí atopou obras como Quo Vadis? ou Los últimos días de Pompeya e moitas outras obras que tanto a engancharon a este mundo. Contounos que a influencia romana e grega non se limita a dous séculos, senón que alongase durante mil anos: somos produto desta herdanza, as nosas tradicións, as leis, a familia, a nosa democracia...non só a lingua, fan de nos o que somos. O feito de estudialas nos fai comprender a nosa historia e respetar aos demáis.

Como dixo un dos nosos alumnos "Espido deixounos unha chuvia de cultura", un pracer para todos os asistentes. De Neda e a nosa biblioteca Espido levou os marcapáxinas de agasallo que sempre facemos para as visitas e asistentes á conversa, así como a chapa e marcapáxinas do noso club de lectura Pantasmas de papel, así como o a edición das catigas do noso trovador favorito Fernán Esquío.



martes, 1 de febreiro de 2022

Calendario do libro e a lectura 2022

O 'Calendario  do Libro e dá Lectura' de Galicia incorpora seis novas conmemoracións en 2022, polo que este ano contará cunha trintena de efemérides. O secretario  xeral de Cultura. Anxo M. Lorenzo, destacou a incorporación de datas como o 21 de xullo e o 21 de novembro, nas que se celebrarán os centenarios dos nacementos de Luz Pozo Garza e María Casares, respectivamente. No Día das Letras Galegas se fará homenaxe a  Florencio Delgado  Gurriarán.

Por outra banda na conmemoración do Día das Artes  Galegas, promovido pola Real Academia  Galega de  Belas Artes ( RAGBA) este ano se dedica a Laxeiro. O restantes catro novas citas no calendario serán o 3 de maio, Día da liberdade de prensa; o 21 de maio, Día da diversidade cultural; o 28 de setembro, Día do dereito de acceso universal á información, e o 24 de outubro, no que se conmemorará a semana da alfabetización mediática e  informacional.