xoves, 31 de maio de 2018

Diego Ameixeiras presenta a súa última novela, «A crueldade de abril», no club de lectura de Neda


O xornal Diario de Ferrol publicou unha información sobre a presentación da novela A crueldade de abril, de Diego Ameixeiras, no club de lectura de Neda ao que estivemos invitados.

mércores, 30 de maio de 2018

Premio dos clubs de lectura 2018 a Carlos Negro


Na XI Xornada dos Clubs de Lectura, que reune o vindeiro 1 de xuño en Compostela (Palacio de Congresos) ao profesorado que coordina os clubs de lectura en 235 centros adheridos á convocatoria desta consellería, entregarase o PREMIO DOS CLUBS DE LECTURA 2018 ao poeta Carlos Negro.

Nos non podemos asistir por ter a festa polo 25 aniversario do noso instituto e ben que sentimos non estar polo interesante da xornada, coma sempre, pero nesta ocasión por ver a Carlos Negro a quen apreciamos ben no noso centro e nos clubs de lectura.

O pasado 18 de abril, a D.X. de Centros e Recursos Humanos publicaba unha Resolución pola que se concedía este galardón a Carlos Negro por ser o escritor galego máis lido nos clubs de lectura. Aínda que na relación de autores e autoras máis lidas polos clubs de lectura no pasado curso 2016/2017 Carlos aparece cuarto na lista, cómpre lembrar que este premio só se entrega a autores en vida e que cada autor ou autora pode recibilo unha soa vez.
É de salientar que entre os títulos máis lidos polos clubs de lectura no curso 2016/2017aparecen tres títulos de Carlos Negro: Penúltimas tendencias, Makinaria Masculino singular, o que indica ben que os seus poemas chegan á rapazada e consegue desmontar un dos prexuízos máis estendidos, ese que di que "á mocidade non lle gusta a poesía". Carlos Negro é, ademais, un dos autores cómplices co duro labor de educar en igualdade, desde o seu traballo como docente, e desde os poemas cos que nos agasalla ás persoas lectoras e ás mediadoras. 

Do seu libro, Masculino singular, este poema-declaración: 

"Sen pólvora e cun ramo de magnolias"

martes, 15 de maio de 2018

Obradoiro de ilustración con Anxo Fariña




Onte disfrutamos dun obradoiro de ilustración con Anxo Fariña, quen nos falou dos seus inicios no mundo da literatura como escritor e ilustrador, presentounos varios trucos o do CO, VULC, CT,D, b, U, LL, VM... con todas estas letras aprendimos a facer rostros e figuras dun xeito moi doado. Unha marabilla para os rapaces e os adultos que por alí estivemos.

MOITAS GRAZAS 
por este momento tan especial e 
polos libros que nos deixou como agasallo, 
a nova saga de 4_Xinetes!

Letras Galegas 2018: Xogo sobre María Victoria Moreno


Preme na imaxe para acceder ao xogo interactivo

Canto sabemos de María Victoria Moreno? Propoñémosvos nun xogo con dez preguntas e un premio virtual que permite achegarse á traxectoria da cuarta muller á que a Real Academia Galega dedica o Día das Letras Galega. De acertar, iranse sumando puntos para a recompensa final, virtual e relacionada coa autora. De non acertar, o xogo ofrece un vídeo explicativo que conduce á resposta correcta.
Pásate pola biblioteca para ver as obras da autora galardoada nas Letras Galegas 2018 

domingo, 13 de maio de 2018

7 Palabras para definir a traxectoria de Mª Victoria Moreno



Naceu en Estremadura, medrou entre terras castelás e Cataluña e fíxose filóloga en Madrid. Pero María Victoria Moreno quixo ser galega. Cincuenta e cinco anos despois da súa chegada a Galicia, a Real Academia Galega dedícalle o vindeiro Día das Letras Galegas a esta pioneira da literatura infantil e xuvenil na lingua de noso, á profesora que soubo espertar vocacións literarias e compromiso coa fala entre o seu alumnado adolescente, á mestra de mestres, á editora entusiasta.

Comprobámolo percorrendo súa biografía vital e literaria a través de sete palabras que teñen moito que dicir desta muller afouta das nosas letras!

Preme nas imaxes para descobrir o significado das palabras para a autora.


   
  Conversión                       Arroás                     Cachorro    
  Insurrecto


   

editor/a                     elexía                            ronsel     


 Vía Portal das palabras en Setestrelo
   
       

sábado, 12 de maio de 2018

Día Escolar das Matemáticas 2018: As Matemáticas e o poder dos votos




Por que un candidato perde fronte a outro que obtivo máis votos?

A elección de representantes políticos é unha das características da democracia e require resolver un problema aparentemente sinxelo: como reflectir a opinión da poboación nun número determinado de escanos. Diferentes modelos matemáticos deron resposta a esta cuestión definindo métodos de repartición. Aínda que ningún é perfecto, móstrannos a importancia da matemática que ademais se volveu a linguaxe da análise política.

Este ano habemos dedicamos pois o Día Escolar das Matemáticas a lles eleccións e os diferentes sistemas de reconto de votos. A proposta de traballo con alumnos: Matemáticas e o poder dos votos. foi elaborado por Antonio Moreno Verdejo, licenciado en Ciencias Físicas e doutor en Matemáticas. Exerce como profesor na Facultade de Ciencias da Educación da Universidade de Granada onde tamén coordina o Máster de Formación do Profesorado de Secundaria e Bacharelato.




domingo, 6 de maio de 2018

XIV Premio Frei Martín Sarmiento a Antón Riveiro Coello


A ferida do vento de Antón Riveiro Coello é a obra gañadora do XIV Premio Frei Martín Sarmiento na categoría de bacharelato e adultos.
A última novela de Riveiro Coello ata a data, de quen chegou ás librarías a finais do pasado ano a colección de microrrelatos Á sombra dos bonsais, consegue alzarse cun dos galardóns máis orixinais do panorama literario galego dos últimos anos. O Premio Frei Martín Sarmiento concibido coma unha actividade de animación á lectura en lingua galega, parte da proposta dunha serie de libros finalistas en diferentes categorías dende a Educación Infantil ata o Bacharelato que o alumnado le e comenta ao longo do curso, e sobre os que emite as súas valoracións para elixir o libro gañador en cada unha das diferentes categorías.
Antón Riveiro Coello fixérase xa co galardón grazas á novela Laura no deserto (2011), e repite desta volta con A ferida do vento, que suma xa catro reimpresións dende que chegase ás librarías en outubro de 2016, e que non deixa de sumar lectores. É esta unha novela de formación, escrita cunha ollada lírica e sensible, onde o autor limiao non só nos ofrece un fresco humano da súa vila, poboada de personaxes memorables entre os que figura o escritor Carlos Casares, senón tamén a reprentación exquisita do paso da infancia á adolescencia.
Os nosos parabéns ao autor e non perdades a oportunidade de lela!
Vía Editorial Galaxia

María Victoria Moreno: "constelación literaria" arredor dalgúns dos seus libros



Como contribución ao recoñecemento da figura de María Victoria Moreno, co gallo da celebración do Día das Letras Galegas 2018, desde a Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, ponse a disposición do profesorado interesado un material elaborado desde a Asesoría de bibliotecas escolares, arredor de varios títulos desta autora. 
Trátase dunha selección de títulos que se vinculan, a modo de "constelación literaria" con outros libros referenciais da literatura infantil e xuvenil galega, en base a distintos criterios (temática, personaxes comúns e outros). Para cada un dos títulos de María Victoria Moreno, hai ademais un espazo baleiro dispoñible que convida a continuar estas propostas.
Este cartel, que se pode descargar desde esta páxina en formato DIN A3, chegará en formato impreso a todos os centros de Galicia en breves datas.
Agardamos que sexa un material útil e que poida axudar no labor do profesorado e das bibliotecas escolares por conseguir vincular ao alumnado á lectura en galego, a través de textos  dos nosos autores e das nosas autoras e, moi especialmente neste ano, a través dos libros de María Victoria Moreno


xoves, 3 de maio de 2018

Nueva trilogía de Laura Gallego: El bestiario de Axlin


¡Por fin llegó el momento que muchos estabais esperando! A partir de hoy podéis encontrar en la biblioteca la primera entrega de Guardianes de la Ciudadela, la nueva trilogía de Laura Gallego: El bestiario de Axlin.
"Es solo la primera parte de una saga repleta de monstruos, aventuras, misterios y emociones fuertes, y espero que disfrutéis con su lectura tanto como estoy disfrutando yo a la hora de escribirla.
En los próximos meses podré compartir con vosotros más novedades acerca de los siguientes libros, pero por el momento, y acompañando a la publicación de la primera entrega, podéis acceder en la web a la ficha del libro, descargar el primer capítulo y leer una página de curiosidades"