Por segundo ano consecutivo temos un Premio Nacional de Narrativa en galego. Tralo premio otorgado a Xesús Fraga con Virtudes (e misterios), nesta convocatoria a premiada é Marilar Aleixandrepor 'As Malas Mulleres', obra que o xurado recoñece como “unha singular novela histórica sobre a situación carcelaria das mulleres no século XIX cun admirable dominio do diálogo e da linguaxe”. “Nunca te esperas estas cousas”, recoñece a escritora tralo fallo.
“Está a facerse literatura de moita calidade en Galicia e está ben que os Premios Nacionais recoñezan obras escritas nas distintas linguas cooficiais. Hai xente á que non lle gusta moito pero a realidade é que é a lingua de Galicia”, sostén Aleixandre citando como exemplo a Ismael Ramos, vencedor do mesmo galardón este ano na categoría de Poesía Nova.
O xurado aplaudiu a forma en que “recupera a memoria dunha forma brillante en diálogo coa tradición literaria. Un coro de voces femininas de diversas clases sociais introduce elementos da poesía popular e a cultura oral”. Nesta liña, a autora recoñece que en efecto “a novela ten unha parte da historia das mulleres marxinadas e esquecidas que estiveron na desmemoria”.
O comité encomiou igualmente a maneira en que Aleixandre “pon o acento nas desigualdades e á vez ofrece unha mirada esperanzadora: a capacidade de resiliencia e emancipación do ser humano, destacando a importancia da sororidade e do compromiso cos demais”.
Todos lembramos a Ángeles Alvariño, paisana da comarca de Ferrolterra; oceanógrafa, zoóloga e profesora, precursora na investigación oceanográfica mundial, en 1953-54 foi a primeira muller científica nun buque oceanográfico británico, o Sarsia. Pois o Ministerio de Ciencia e Innovación adoptou o seu nome para un Premio Nacional de Investigación para novos científicos nas áreas de ciencias e tecnoloxías dos recursos naturais. Este ano o premiado é Manuel Delgado Baquerizo polos seus estudos do bioma do chan como elemento clave para a saúde e, en definitiva, para a vida, nun escenario de cambio global.
Delgado é líder do Laboratorio de Biodiversidade e Funcionamento de Ecosistemas (BioFunLab) do Instituto de Recursos Naturais e Agrobioloxía de Sevilla (IRNAS-CSIC).
Gústanos saber de ciencia e máis se o premio leva o nome dunha recoñecida científica galega.
Norabóa a Manuel Delgado Baquerizo polos seus traballos tan importantes para manter o noso ecosistema e protexer a biodiversidade.
Como sabedes por esta data sempre lembramos a un autor que nos gusta pero quizáis os máis novos xa non o teñan entre as súas lecturas máis directas. No 150º aniversario dunha das súas obras máis populares, A volta ao mundo en 80 días, traemos a Jules Verne á nosa biblioteca.
Igualmente temos un concurso polo que vos invitamos a todos a visitar a exposición, aprender deste autor e de paso ler as súas obras.
A sétima edición do Día das Escritoras penétrase nun tema tan complexo e heterodoxo como a guerra desde o punto de vista das mulleres.
Unha selección de textos que, en galego, eúscaro, catalán e en moitos dos acentos do castelán de Latinoamérica e España escribiron un puñado de mulleres que, a día de hoxe, ninguén poderá dubidar forman parte de algo tan extenso como a cultura en español, por máis que, desafortunadamente, moitas delas case nin son coñecidas máis aló das súas fronteiras.
A maioría desas mulleres viviron, dun modo ou outro, a experiencia nefasta de distintas guerras -no máis amplo dos seus sentidos- e as súas secuelas e deixaron dun modo ou outro o seu testemuño por escrito.
Mujeres que, desde distintas disciplinas transmitíronnos a súa visión, a pesar de que algunha delas nunca publicase un libro: plumas do cotián, plumas desde a fronte, plumas na desesperación do exilio, plumas desde o coidado dos fillos, plumas na prensa, plumas políticas, e plumas ambientais… plumas, ao fin, que nos falan de ti a ti do vivido sen necesitar floreos e que podemos sentir coma se falásennos as nosas nais, as nosas avoas ou as nosas amigas. Mujeres, ao fin, que viviron ou sufriron a guerra.
Unha meiga, unha profesora e un grupo de nenas e nenos ben espelidos protagonizan do CPI Santa Lucía de Moraña a primeira película de ficción da Real Academia Galega, baseada en feitos abraiantes pero reais como a vida mesma. Non perdades a fascinante historia do nacemento dun idioma especial coma ningún outro, porque sodes vós as persoas que tendes o superpoder de seguir a darlle mil primaveras máis de vida! Só tendes que berrar e practicar este retrouso máxico: Nós, en galego! A nosa lingua guapa!
A orixe da nosa lingua guapa é un filme producido pola Real Academia Galega a partir dunha idea orixinal da académica Fina Casalderrey,... seguir lendo na RAG
A celebración do Día Mundial da Saúde Mental o
10 de outubro é unha iniciativa da Federación Mundial da Saúde Mental (WFMH,
nas súas siglas en inglés) que se celebra en máis de 100 países.
En España, supón unha das principais citas nas
que todo o ámbito da saúde mental, e en especial o conxunto do movemento
asociativo Saúde Mental España, mostra á sociedade o labor que realizan,
visibiliza a situación das persoas con problemas de saúde mental e as súas
familias e reivindícanse publicamente os dereitos deste colectivo
Segundo un informe de UNICEF, calcúlase que
máis do 13% dos e as adolescentes de 10 a 19 anos padecen un trastorno mental.
Tamén segundo este informe, a ansiedade e a depresión representan ao redor do
40% destes problemas de saúde mental, e a isto hai que sumar o malestar
psicosocial de nenas, nenos e novos, que non alcanza o nivel de trastorno
mental, pero que perturba a súa vida, a súa saúde e as súas expectativas de
futuro.
A educación emocional é unha das pezas crave
para fomentar a saúde mental desde as primeiras etapas da vida. Pero, ademais,
existen unha serie de factores de risco que inflúen na saúde mental de nenas,
nenos, adolescentes e mozos como son ser vítima de abusos sexuais, de acoso
escolar ou ciberbullying, o xénero, as expectativas sobre o emprego ou o cambio
climático, as adiccións con ou sen substancia, a soidade non desexada, ser
migrante ou sobrevivir a un conflito bélico.
Por iso é prioritario incrementar os recursos
destinados a estes grupos que abarquen a prevención e promoción da saúde
mental, a detección, o diagnóstico, o tratamento e a continuidade de coidados
dos trastornos mentais.
«Os Simpson» son algo máis que unha serie de animación para televisión, son un das iconas da cultura pop dos últimos 25 anos. Na cultura nerd ou geek son moi apreciados polas súas continuas referencias ás ciencias básicas; non en balde entre os seus guionistas hai licenciados e doutores en matemáticas, física e informática. Simon Singh, máis coñecido como o autor de «O Enigma de Fermat», descríbenos o universo matemático desta serie de animación no seu novo libro "Los Simpson y las Matemáticas"
As pílulas matemáticas que aparecen na comedia de MattGroening non sempre son fáciles de entender para os fans, polo que Singh dedica gran parte do seu libro para explicar o seu significado para un público profano. A maioría aparecen documentadas nas web dos profesores Andrew Nestler e Sarah Greenwald (SimpsonsMath.com e FuturamaMath).
Estas web inclúen material dirixido aos profesores de matemáticas de ensino secundario e bacharelato que estean interesados en usar Os Simpson nas súas propias clases.
Pórtico – Asociación Española de Fantasía, Ciencia-Ficción y Terror celebra un ano máis a súa convención anual: a HispaCón e nesta ocasión que cumpre os seus 40 anos terá lugar en Ferrol durante os días 7, 8 e 9 de outubro.
O espazo principal será o Centro Torrente Ballester (CTB), antigo Hospital da Caridade de Ferrol, que actualmente serve á cidade cunha nutrida programación de exposicións de arte contemporánea. Con todo, a HispaCón chegará máis lonxe, estendendo as súas actividades polo histórico barrio da Madalena e incluíndo lugares emblemáticos como o antigo Hospicio Municipal ou o Teatro Jofre.
O Concello de Ferrol puxo en marcha no mes de xuño unha iniciativa en defensa da candidatura a Patrimonio Mundial que invitaba a participar a todos os ferroláns a través da fabricación de barcos de papel biodegradable para despois botalos ao mar.
Implicáronse no proxecto «Contamos contigo?» asociacións, particulares e estudantes a través dos seus centros educativos como o noso pois tamén participamos desde varias materias e o obradoiro de papiroflexia. Finalmente, despois de varios meses recolectando os materiais, será o día 24 de outubro cando os barcos, que xa son arredor de 30.000, se boten ao mar dende o Arsenal militar de Ferrol.