Temos nova conta de Instagram da Biblioteca. Síguenos en @biblioesquio para estar ao día das novidades!
BlogFesquío
Blog da biblioteca do I.E.S. FERNANDO ESQUÍO de Neda (A Coruña)
mércores, 9 de setembro de 2026
martes, 30 de xuño de 2026
Revista Trobador Esquío
Aquí tedes o segundo número da revista Trobador Esquío. Esperamos que vos guste!
luns, 22 de xuño de 2026
Ler no verán en papel ou dixital, todo un pracer
Imagen de Carolina Cancanilla
Bota unha ollada ás recomendacións de lectura que vos entregamos coas notas e
no verán sempre cun libro.
no verán sempre cun libro.
xoves, 4 de xuño de 2026
Falece Marjane Satrapi
Hoxe faleceu, aos 56 anos de idade, a debuxante de cómics francoiraní Marjane Satrapi, autora da coñecida obra Persépole, que relata a súa infancia en Teherán e os cambios en Irán tras o derrocamento do Sha de Persia en 1979 e a instauración da República Islámica.
Marjane naceu en Rasht, Irán, en 1969. Medrou en Teherán nunha familia de intelectuais de esquerdas e a súa nai foi quen lle dixo algo que aparece en Persépole e que nunca esqueceu: "Na túa vida coñecerás moitos tontos. Se che fan dano, recorda que é porque son estúpidos. Non respondas á súa crueldade. Non hai nada peor que a amargura e a vinganza. Amosa a túa dignidade e a túa integridade". A súa nai tiña razón e Satrani pasou toda a súa vida demostrándoo.
Que a terra che sexa leve, Marjane.
luns, 1 de xuño de 2026
mércores, 27 de maio de 2026
Consumo responsable
Proxecto de investigación realizado polos alumnos de 3º ESO como parte do programa Nutriescolas sobre a información que ocultan as bebidas enerxéticas: a composición, efectos de hiper estimulación, insomnio, ansiedade e nerviosismo ademais de riscos psíquicos. A ley galega sobre a prohibición de consumo e venda a menores de idade é por algo.
luns, 25 de maio de 2026
Premio Xerais 2026: Alberto Lema, Ivana Gómez Abuín e Santiago Lopo
As obras cos títulos A boca do río, A banda da Albóndega e A lingua dos grifóns resultaron gañadoras do XLIII Premio Xerais de Novela, o XLI Premio Merlín de Literatura Infantil e o XVIII Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil. Os textos son obra de Alberto Lema, Ivana Gómez Abuín e Santiago Lopo, respectivamente.
Seguir lendo en Xerais.
Tras o proceso de edición das tres obras gañadoras, Xerais celebrará unha festa de entrega dos premios no mes de outubro, cando os libros estean xa nas librarías. O acto terá lugar o sábado 10 de outubro no Museo do Mar de Galicia, en Vigo.
Subscribirse a:
Publicacións
(
Atom
)



