venres, 29 de maio de 2020

Telémaco en busca de Ulíses


Para apoiar a campaña #QuedaNaCasa e #EuQuedoNaCasa, son moitos os autores de banda deseñada que, de forma desinteresada e gratuíta, puxeron algúns dos seus traballos a disposición do internauta, para que poidamos facer máis levadeira a estadía nos nosos fogares. 
O prestixioso crítico de cinema e cómics Asier Mensuro recomendará algunhas destas publicacións nas que a cultura ou a historia están na base do guión, presentándonos algunhas que forman e entreteñen a partes iguais: Telémaco en busca de Ulises

xoves, 28 de maio de 2020

Aprende coas mulleres galegas


A Secretaría Xeral de Igualdade acaba de botar a andar o proxecto "Aprende coas mulleres galegas", co que pretende achegar unha serie de actividades para coñecer e afondar na vida de mulleres destacadas polo seu labor en distintos ámbitos. Os materiais sobre as distintas persoeiras iranse publicando na web da Secretaría. Pódense consultar as publicacións referidas a:
  • Maruja Mallo
  • Mª Victoria Moreno
  • Ángela Ruiz Robles
  • Concepción Arenal
  • Ángeles Alvariño
  • Ernestina Otero
  • Mª Josefa Wonenburger Planells
  • Emilia Pardo Bazán
  • Olimpia Valencia
  • Filomena Dato

mércores, 27 de maio de 2020

Agochado no andel 21...El librero de Kabul



Neste tempo de penuria e confinamento non nos esquecemos de achegarvos nesta fiestra esos fondos que non sabedes que están, obras que vos recomendamos non por ser novidade senón por ser esenciais, interesantes e relevantes para a vosa identidade lectora.

Seguimos con esta serie de presentacións para que a volta as escollades pois levan un tempo agochadas no andel... El librero de Kabul

martes, 26 de maio de 2020

Pildoras ALFIN


Como sabedes, na columnas do blog dispoñemos de varios paneis onde incorporamos os fondos da biblioteca por materias, pero tamén outras suxerencias como por exemplo as Píldoras ALFIN (Alfabetización Informacional ou mediática como se coñece últimamente), ao longo deste periodo de confinamento fomos incorporando varios recursos que seguro serán do voso interese e para mostra a última infografía e o panel ampliado:


Papiroflexia na casa con Jorge Pardo: facemos un peixe


Jorge Pardo, director da EMOZ (Escola Museo Origami de Zaragoza) e coordinador da exposición «Papiromates. Matemáticas + Creatividade = Papiroflexia», apréndenos a facer figuras básicas con papel.
Esta exposición, que itinerou xa polas sedes de ABANCA na Coruña e Ferrol, ilustra a vital relación entre as matemáticas e a papiroflexia ou origami, e nela puidemos desfrutar de pezas de valor case escultórico nas que non se usaron cola nin tesoiras, tan só papel encartado.

Recomendacións desde El Templo de las Mil Puertas


As librerías xa empezaron a abrir as súas portas. Á espera de certas ansiadas novidades, El Templo de las Mil Puertas achega unha quenda de recensións entre as que atoparedes estupendas historias (ás que quizá aínda non puidésedes fincarlles o dente) que amenicen esa nova espera. Agora máis que nunca, non esquezades darlles todo o voso amor non só a estas historias, senón sobre todo aos vosos libreiros.

luns, 25 de maio de 2020

Horario de atención ao público da biblioteca: servizo de devolucións e préstamos


Desde o 25 de maio ata o 19 de xuño o 
horario de atención ó público no servizo de devolucións e préstamos será os:

MARTES E XOVES DE 10:10 ás 12:30

Agochado no andel 20: Kamal y los alfabetistas



Neste tempo de penuria e confinamento non nos esquecemos de achegarvos nesta fiestra esos fondos que non sabedes que están, obras que vos recomendamos non por ser novidade senón por ser esenciais, interesantes e relevantes para a vosa identidade lectora.

Seguimos con esta serie de presentacións para que a volta as escollades pois levan un tempo agochadas no andel... Kamal y los alfabetistas, e de que vai?:


Como poden convivir, nunha historia urbana, alemáns, turcos, okupas, monstros, punkis, iluminados, nazis, anxos, resucitados, obsesos, bailaríns de Bollywood e o antigo alfabeto otomán? Aquí fano! Nesta trepidante aventura entre Istambul e Berlín; mediante un mosaico de culturas e unha colaxe de maneiras de ver e vivir a vida; a través dun ritmo Aquí fano! Nesta trepidante aventura entre Istambul e Berlín; mediante un mosaico de culturas e unha colaxe de maneiras de ver e vivir a vida; a través dun ritmo endiablado, a base de humor, ironía e gargalladas, con transformacións, violacións de morada, persecucións e teorías sobre o fin do universo incluídas

domingo, 24 de maio de 2020

Nova: Lista de Honra da Revista CLIJ do 2019 e selección da Oepli Literatura Infantil-Juvenil 2019




Acaban de sair as obras incluídas na Lista de Honra da Revista CLIJ e a selección da OEPLI do ano 2019, botádelle un ollo a ver cantas recoñecedes...


Esperamos facernos co resto dos títulos mencionados, norabóa a Ledicia, Andrea, Eva, Kim, Laura, Jesús, Alfredo, An e a Emma por ter compartido tan bos momentos coas súas obras e pola mención, non podían ser menos.
Lembraredes algún deles pois compartimos as obras en persoa: Ledicia, Andrea, Eva, Alfredo e a Emma quen tiña que ter vido a visitarnos a finais de marzo pero por mor da pandemia que nos ten secuestrados pero non parados, non puidemos compartir con ela as nosas opinións da súa obra tanto narrativa como poética.

Tal día como hoxe... inaugurouse a ponte de Brooklyn


Unha brillante fazaña da enxeñería do século XIX, a ponte de Brooklyn, ponte colgante que atravesa o East River desde Brooklyn ata Manhattan na cidade de Nova York, inaugurouse o 24 de maio de 1883. Foi deseñado polo enxeñeiro civil John Augustus Roebling.
A ponte de Brooklyn foi a primeira ponte en utilizar aceiro para cable de arame, e durante a súa construción utilizáronse por primeira vez explosivos dentro dun caixón pneumático. Foi designado como Monumento Histórico Nacional polo Servizo de Parques Nacionais de EE UU.

sábado, 23 de maio de 2020

185 Mulleres matemáticas para un 12 de maio


No Días Escolar das Matemáticas, o 12 de maio, xa falaramos do tema deste ano, e hoxe vos traemos unha iniciativa que comezou no 2019 pero da que nos facemos eco este ano: na mesma data se celebra o Día  Internacional das Mulleres Matemáticas, o cal ten como obxectivo inspirar a moitas máis a coñecer e explorar este fermoso mundo, fomentando un ambiente de traballo aberto, acolledor e inclusivo.
Aquí vai unha homenaxe para todas aquelas quen a pesar das dificultades e limitacións que se lles presentaron no seu camiño, lograron destacar e triunfar, transformándose nun exemplo para futuras xeracións, tal e como dí Carola Soto autora dun fermoso mosaico coas imaxes de 185 matemáticas. Picando sobre cada imaxe, aparece unha breve información sobre a matemática representada. Unha bonita homenaxe ás mulleres matemáticas.

Na web Mulleres con ciencia atoparedes a razón desta escolla e moita información sobre a data.

venres, 22 de maio de 2020

Agochado no andel 19: Sol de Inverno



Hoxe traemos a Rosa Aneiros con Sol de inverno, do que di:

"Sol de Inverno non é unha novela histórica, senón a historia de como Inverno procura recuperar o paraíso perdido da súa infancia no territorio de Antes".
Son casi 300 páxinas as que lle valeron á autora de Resistencia (2002) a edición número 26 do premio Xerais de novela. e non só isto. Có título Ás de bolboreta tambén gañou o galardón Fundación Caixa Galicia de Literatura Xuvenil, convocado desde 2006 pola mesma editorial.
"Traballei moito tempo en Sol de Inverno", recorda Aneiros. Tanto que xa durante o proceso final da súa anterior novela -Veu visitarme ou mar (2004)- a escritora anotaba escenas, bosquexos, mesmo o deseño imaxinario de Antes, a terra da protagonista, Inverno. "Antes existe como topónimo na Costa dá Morte", explica. Pero Sol de Inverno narra a perda e intento de recuperación dun espazo non só físico, senón mental.

Non deixedes de ler, cando vos podades achegar á biblioteca, xa o luns, esta longa novela de sentimentos agochada no andel, que a medida que lemos e vemos máis preto as últimas páxinas desexaríamos que medrase para seguir indefinidamente.


xoves, 21 de maio de 2020

#historiascativas de Rosa Aneiros


Desde Aulas Galegas vos achegamos unha iniciativa de Rosa Aneiros nas que, como ela misma dí:
 #historiascativas nas que dialogo con personaxes de obras escritas e as sitúo en confinamento. Están subidas tamén en pdf e talvez poidan servir a alguén como material educativo xa que dialogo con obras de infantil e xuvenil que moitas leron e á rapazada tenlle a súa graza por falar do momento de actualidade inmediata.
AHistorias cativas. Son sete días e sete historias cativas polo tamaño e ambición, pero tamén pola súa natureza confinada. Trátase dun xogo no que dialogo con personaxes das miñas obras e os sitúo nun contexto de confinamento. Que lle acontecería a Eusebio e Patricia de Ás de bolboreta se o covid-19 os confinase xuntos? Como afrontaría Edelmira de Tres bichicomas, dúas illas e unha serea a distancia con Edelmiro? Que podería sucederlle á nai de Noelia e Miguel de A batalla da pequena Chañán Curi Coca cando baixa mercar o pan? Cal sería a conversa de Elba, a protagonista de “Deixando” sitio de Corazóns amolecidos en salitre co seu fillo Rodri?
Podedes acceder ás publicacións en Facebook clicando na seguinte ligazón: HISTORIAS CATIVAS. 



mércores, 20 de maio de 2020

Aulas Galegas para seguir formándonos na distancia


Aulas galegas é un portal educativo realizado por un colectivo de profesoras e profesores sen ánimo de lucro que cremos que ante a situación de illamento provocada polo coronavirus Covid-19 debemos ofrecerlle unha axuda educativa á sociedade.
Ofrecemos:
- recursos clasificados por nivel académico 
- recursos clasificados por áreas de coñecemento
- seccións xeneralistas de interese para toda a poboación
Na actualidade estamos a desenvolver varias actividades nas que buscamos tamén a participación do alumnado dos centros educativos:
Reto refraneiro organizado por GZ Visual ao longo do mes de maio no que cada día buscamos que o público lle dea forma visual a un refrán da nosa lingua.
Ouvea o lobo, este concurso é unha iniciativa altruísta de promotores culturais galegos para promocionar a escrita e o desenvolvemento do talento e a ficción sonora como xénero. O prazo de presentación de textos para seren versionados remata o 15 de xuño. Colaboran nesta iniciativa a Fundación Luis Seoane o Festival Internacional de Outono de Teatro (FIOT), e o Festival Internacional de Narración Oral Atlántica.
Estamos na casa pero non estamos parados. A educación en galego continúa.
Síguenos na nosa páxina web aulasgalegas.org ou nas nosas contas en Facebook, Twitter e Instagram.

luns, 18 de maio de 2020

domingo, 17 de maio de 2020

Día das Letras Galegas 2020: Ricardo Carvalho Calero

Grazas a Franciscanas OU


Ricardo Carvalho Calero no día das Letras Galegas 2020


Neste día queremos achegarvos a figura de Ricardo Carvalho Calero cos seguintes recursos:

mércores, 13 de maio de 2020

Manuel Rivas na nosa biblioteca


Para os que botades en falta esta reportaxe do 11 de marzo, non nos esquecimos, premede na galería para velas todas e descargalas... e todos coas nosas chapas e marcapáxinas para lembrar a visita:

 

Agochado no andel 18: saga de Basilius Hoffman

  

Neste tempo de penuria e confinamento non nos esquecemos de achegarvos nesta fiestra esos fondos que non sabedes que están, obras que vos recomendamos non por ser novidade senón por ser esenciais, interesantes e relevantes para a vosa identidade lectora.

Seguimos con esta serie de presentacións para que a volta as escollades pois levan un tempo agochadas no andel...

martes, 12 de maio de 2020

Agochado no andel 17: Cando cae a luz


«Moitas veces ouvín dicir que os lobos non atacan as persoas. E isto non é certo», así dicía Ánxel Fole. Claro que, arredor dunha lareira, coas tebras da noite caendo sobre as costas, as lapas bailando na negrura e debuxando monstros na cara, as palabras dos relatos podían vestir de negro os pensamentos máis agochados. Naquela escena resultaba máis críbel e aterrador.
Noites de inverno nas que as palabras, o caldo e o viño quecían máis que o propio lume. Traballar pola fresca da mañá e xuntarse para falar ao cabo do día eran os fitos que marcaban o calendario. Falar. Comunicar. Transmitir. Compartir.
Os radiadores, a calefacción, quentaron os corpos e arrefriaron os corazóns.
Claro que os lobos seguen a existir. Non son tan doados de ver. Ocúltanse no monte e baixan silandeiros, en forma de sombras, ruídos, bicos traizoeiros, treboadas, badaladas…

No DEM Día Mundial das Matemáticas 2020: Có meu móbil aprendo matemáticas


Ademais do acto institucional do día 12 de maio, como cada ano se elaborou un caderniño con ideas para traballar na clase, publicado no número 92 da revista Suma.
Nesta edición o profesor Juan Francisco Rodríguez móstranos diferentes programas e actividades para poder traballar có móbil nas clases de matemáticas. 
Juan Francisco Rodríguez é profesor, desde o ano 1988, de Matemáticas e Física/Química do colexio Hispano-Inglés de Tenerife. Traballa desde o enfoque flipped que lle permite encher o tempo na aula de actividades máis atractivas e dinámicas. Copromotor e impulsor das webs  estonoentraenelxamenestosientraenelxamen e da app  dedicada a Flipped Classroom.

Fe de erratas: Na páxina 5, Actividad para realizar en el aula#2, se fai referencia ao seguinte QR, necesario para realizar a actividade, e que non figura na revista:


luns, 11 de maio de 2020

Agochado no andel 16: Agatha Christie en banda deseñada

 
Preme para acceder Os Catro Grandes e Morte no Nilo


Neste tempo de penuria e confinamento non nos esquecemos de achegarvos nesta fiestra esos fondos que non sabedes que están, obras que vos recomendamos non por ser novidade senón por ser esenciais, interesantes e relevantes para a vosa identidade lectora. Neste caso misterios de Agatha Christie

Seguimos con esta serie de presentacións para que a volta as escollades pois levan un tempo agochadas no andel...

sábado, 9 de maio de 2020

Mais ciencia con Big Van Ciencia


‘¡Somos Clowntífics!’ é unha serie de ciencia divertida para rapacesrealizada por Big Van Ciencia, un equipo que realiza actividades de divulgación científica para todo tipo de públicos.
Podes seguilos nas súas web:

venres, 8 de maio de 2020

Agochado no andel 15: Atlas de curiosidades



Neste tempo de penuria e confinamento non nos esquecemos de achegarvos nesta fiestra esos fondos que non sabedes que están, obras que vos recomendamos non por ser novidade senón por ser esenciais, interesantes e relevantes para a vosa identidade lectora.
Seguimos con esta serie de presentacións para que a volta as escollades pois levan un tempo agochadas no andel...

mércores, 6 de maio de 2020

Pódese escoitar o universo?


A pesar de que o espazo é un lugar moi silencioso ademais de misterioso e fascinante, os científicos da NASA decidiron traducir unha imaxe do telescopio espacial Hubble á son, á música. A fotografía en cuestión, repleta de galaxias, foi tomada pola Cámara Avanzada de Hubble en agosto do 2018.
En 2019 a NASA descubríu unha forma de producir son na insonorización do espazo e os científicos que traballan có Hubble empregaron a imaxe 'cofre do tesouro galáctico' debido á cantidade de galaxias salpicadas nel como lenzo sobre o que traballar a súa particular peza musical.
Seguir lendo en Muy Interesante.

martes, 5 de maio de 2020

Agochado no andel 14: Eleanor & Park


Neste tempo de penuria e confinamento non nos esquecemos de achegarvos nesta fiestra esos fondos que non sabedes que están, obras que vos recomendamos non por ser novidade senón por ser esenciais, interesantes e relevantes para a vosa identidade lectora.
Seguimos con esta serie de presentacións para que a volta as escollades pois levan un tempo agochadas no andel...

Comezar a ler

luns, 4 de maio de 2020

Agochado no andel 13: Pop-up. Luna


Neste tempo de penuria e confinamento non nos esquecemos de achegarvos nesta fiestra esos fondos que non sabedes que están, obras que vos recomendamos non por ser novidade senón por ser esenciais, interesantes e relevantes para a vosa identidade lectora.
Así comezamos esta serie de presentacións para que a volta as escollades pois levan un tempo agochadas no andel...

domingo, 3 de maio de 2020

Agochado no andel 12: Finanzas para frikis


Neste tempo de penuria e confinamento non nos esquecemos de achegarvos nesta fiestra esos fondos que non sabedes que están, obras que vos recomendamos non por ser novidade senón por ser esenciais, interesantes e relevantes para a vosa identidade lectora.
Así comezamos esta serie de presentacións para que a volta as escollades pois levan un tempo agochadas no andel...

sábado, 2 de maio de 2020

Agochado no andel 11: A Truth as a Temple


Neste tempo de penuria e confinamento non nos esquecemos de achegarvos nesta fiestra esos fondos que non sabedes que están, obras que vos recomendamos non por ser novidade senón por ser esenciais, interesantes e relevantes para a vosa identidade lectora.
Así comezamos esta serie de presentacións para que a volta as escollades pois levan un tempo agochadas no andel...
Neste caso atopamos esta obra que che arricará un sorriso...porque de humor se trata

venres, 1 de maio de 2020

Para non deixar de ler: audiolibros gratuítos


Agora que podemos saír a dar un paseo, ou ben se queremos facer deporte na casa, papiroflexia (non esquezades o concurso), manualidade, cociña..., o que seña que nos teña entretidos qué mellor que cun bo libro?
Nestas plataformas de audiolibos podedes atopar de xeito gratuíto auténticas marabillas, así que non hai excusa:

El Templo de las Mil Puertas nº 75


En su correo de presentación de este nuevo número nos dicen:
Se acaba de abrir la 75ª puerta en un momento algo extraño, en un confinamiento sin precedentes. Sin embargo, te traemos un nuevo número con más ilusión que nunca, esperando que así te sea más ameno.
Seguro que has aprovechado estos días para hacer mil recetas de pan, bizcocho o croquetas y te has convertido en todo un chef. Como Coco, la protagonista de Montserchef, de Begoña Oro, cuya reseña te trae Carlota Echevarría en la sección «¿Solo para niños?». 
También habrás sacado tiempo para verte todo el catálogo de Netflix, HBO y Disney+. Precisamente en esta última plataforma se acaba de estrenar Stargirl, adaptación de la novela homónima de Jerry Spinelli. Gabriela Portillo hace una comparación entre las dos versiones en la sección «Del papel a la pantalla».
Quizás también te has puesto las pilas con aquellos libros que llevaban tantos años cogiendo polvo en tu estantería, y puede que hayas encontrado en tus estantes Eidolon, cuya reseña te traemos este número, de la mano de Pablo G. Freire en «Libros Olvidados». O quizás sean incluso clásicos, como La casa de Bernarda Alba, que te trae Nerea Marco en «#PostureoClásicos»; o Matilda, de Roald Dahl, cuya reseña en «El reportero recomienda» firma Alicia D. Carballeira.

Hablando de autores clásicos: ¿por qué no le echas un vistazo al reportaje de Marta Álvarez en «Autores de ayer», que hace un repaso en la vida de J. D. Salinger?Si te apetecen autores más actuales, también te traemos una entrevista a Rafael Salmerón. Y por lo que a novelas se refiere, también puedes leer la reseña de Natalia Aróstegui en «Libros que no leerás en español» de Lions and liars o la de Daniel Renedo en «¿Solo para adultos?» de Cómo se hace a una chica. 
Y, cómo no, también tienes más recomendaciones en «Reseñas de novedades» o la «Comicteca». ¿Habrá ganado uno de estos libros algún premio? Si te interesa, puedes echarle un vistazo al reportaje sobre premios extranjeros que trae Víctor Heranz.