martes, 31 de outubro de 2023

xoves, 26 de outubro de 2023

Polo Samaín... disfrutamos do medo, e tí?

 

Saberías dicir o título destas series e películas de medo?
Atréveste a mencionalas?

Participa no concurso con outro compañeiro, anota os títulos no Boletín de Samaín e deixao na biblioteca antes do 10 de novembro.

martes, 24 de outubro de 2023

Como dicía Ray Bradbury

 


Las bibliotecas son guardianas de la historia y el aprendizaje. En este #DíaDeLaBiblioteca, honramos su importancia en nuestra sociedad. on.unesco.org/3rS5GTU

Día das Bibliotecas Escolares.... e calquera outra


Dende 1997 celébrase o Día das Bibliotecas o 24 de outubro,  unha conmemoración impulsada pola Asociación de Amigos del Libro Infantil y Juvenil á que se foron sumando, xa dende hai algún tempo, o propio Ministerio de Cultura e todas as administracións autonómicas.

A Dirección Xeral do Libro, o Cómic e a  Lectura, a través da Subdirección Xeral  de Coordinación Bibliotecaria, impulsa a celebración do Día das Bibliotecas, este 24 de outubro de 2023.  
 
"O lema deste ano, "Tecendo Comunidades", pretende destacar o papel fundamental que desempeñan as bibliotecas na construción de lazos fortes dentro das nosas comunidades. Estas institucións son centros de conexión e aprendizaxe, onde as historias, as experiencias e os coñecementos son os fíos que unen aos cidadáns".

Desde a nosa biblioteca aportamos o noso gran de area lembrando un autor de recoñecido prestixio que os nosos alumnos non deben esquecer facendo lectura das súas obras e expoñendo a súa vida e creación literaria. Como sabedes este ano falamos de C.S. Lewis do que tedes a exposición na galería xunto cos materiais para o concurso.

Feliz Día das Bibliotecas porque ler é vivir dúas,
 tres, catro...infinitas veces!! 
Nunca deixemos de ler pois aprendemos a entendernos.

Lede a noticia completa no blog da Asesoría de BEs onde nos mencionan.

luns, 23 de outubro de 2023

Semana Mundial da Alfabetización Mediática e Informacional (AMI)

Na 23 a 29 de outubro: Semana Mundial da Alfabetización Mediática e Informacional (AMI) traemos a proposta da UNESCO "Alfabetización mediática e informacional nos espazos dixitais: Unha Axenda Global Colectiva".

Porque alfabetización hoxe en día é moito máis que ler e escribir, é entender outras formas de comunicarnos. Botade unha ollada ao Pinterest Píldoras ALFIM que tedes á vosa disposición.

venres, 20 de outubro de 2023

Noite Internacional de Observación da Lúa 2023


A Agrupación de Astronomía Coruñesa Ío organiza no Castelo de San Antón, na Coruña, a Noite Internacional de Observación da Lúa, un evento mundial patrocinado pola misión Lunar Reconnaissance Orbiter (LRO) e outras organizacións astronómicas da NASA. Trátase dunha actividade gratuíta e aberta a toda a cidadanía cuxo obxectivo é contemplar o noso satélite a través de prismáticos e telescopios para así comprendelo mellor. Este ano o evento ía ter lugar o día 21 de outubro pero, debido á meteoroloxía, tivo que ser aprazado. Está previsto que se realice no mes de novembro. Estade pendentes!



xoves, 19 de outubro de 2023

Surfear na Rede: Campus FAD porque estar informado é ser intelixente

Educar aos máis novos no uso responsable da internet, ensinarlles a manexar as ferramentas dixitais de forma segura ou fomentar o seu pensamento crítico para evitar a desinformación en contornas dixitais son retos que educadores e familias temos que enfrontar no noso día a día. Surfear a Rede é un programa educativo dirixido a que o alumnado de Primaria navegue con seguridade (Se Xenial na internet) e a que o de Secundaria detecte e evite bulos e outro tipo de desinformación na rede (Eraser).

Tamén dispoñen de moitos outros recursos para que non nos enganen.

martes, 17 de outubro de 2023

No Día das Bibliotecas Escolares, 24 de Outubro, falamos de... C.S. Lewis


Como todos os anos, celebramos o 24 de outubro lembrando un autor de recoñecido prestixio que, quizáis, os nosos alumnos non leron ou non lembran. Neste caso falamos de C.S. Lewis coñecido por ser o autor das Crónicas de Narnia, un mundo de fantasía que non debemos esquecer.
Os alumnos de 1º BAC nos fixeron uns ropeiros fantásticos para ambientar a galería onde podedes ler a reseña biográfica do autor e recoller o boletín de participación no concurso
Tamén podedes atopar máis información no site específico de No Día das Bibliotecas Escolares, 24 de Outubro, falamos de...

Lembrade que sempre hai premios e non deixedes de ler a C.S. Lewis!!
Tedes ata o 30 de outubro para presentar as vosas solucións.

luns, 16 de outubro de 2023

Día das Escritoras: Marilar Aleixandre, Paula Carballeira e Yolanda Castaño

O Día das Escritoras é unha iniciativa organizada entre a Biblioteca Nacional de España, a Federación Española de Mujeres Directivas e Executivas Profesionais e Empresarias (FEDEPE) e a asociación Clásicas e Modernas, Asociación para a igualdade de mulleres e homes na Cultura. Ademais, contará coa colaboración de Asociación Colexial de Escritores (ACE)e o Centro Español de Dereitos Reprográficos (CEDRO). Desde 2016 búscase reivindicar o labor e o legado das escritoras a través da historia.

Como en edicións anteriores, a data elexida é o luns máis cercano á festividade de Teresa de Jesús, o 15 de outubro. A VIII Edición celébrase este ano 2023  o 16 de outubro.

E desde a nosa biblioteca queremos achegarvos e homenaxear a tres das escritoras galegas que están de norabóa recentemente polos seus Premios Nacionais:

• Marilar Aleixandre polo Premio Nacional de Narrativa pola súa novela As malas mulleres.
• Paula Carballeira polo Premio Nacional de Teatro.
• Yolanda Castaño polo Premio Nacional de Poesía.

Tres mulleres, tres galegas de nacemento e de convicción no caso de Marilar Aleixandre. Tres persoas relevantes na nosa cultura e por elas celebramos o Día das Escritoras.



mércores, 11 de outubro de 2023

Una novela con 800.000 autores +1

preme na imaxe para acceder

Pedro Ramos cocreará una novela con 800.000 estudiantes de España y Latinoamérica a través de la plataforma Fiction Express.

martes, 10 de outubro de 2023

10 de outubro, Día Mundial da Saúde Mental

 

Cada 10 de outubro conmemórase en máis de 100 países o Día Mundial da Saúde Mental. Trátase dunha iniciativa da Federación Mundial da Saúde Mental, apoiada pola Organización Mundial da Saúde, que ten como obxectivo concienciar acerca dos problemas de saúde mental en todo o mundo.

Cada ano establécese un tema central para a campaña e, no 2023, este lema é o seguinte: "Saúde mental, saúde mundial. Un dereito universal".

En España contamos cunha entidade, a Confederación de Saúde Mental España, que se encarga de promover a saúde mental.

Mira o que temos no noso catálogo sobre este tema tan relevante, se botas en falta algo, fai a túa recomendación no buzón da biblioteca.

luns, 9 de outubro de 2023

Novidades: Memento mori


Xa na biblioteca a trepidante novela de César Pérez Gellida Memento mori.

Septiembre de 2010. Aquella mañana de domingo nada le hacía presagiar al inspector de homicidios de Valladolid Ramiro San­cho que acababa de dar comienzo una pesadilla que lo dejaría marcado para el resto de sus días.

La investigación del asesinato de una joven ecuatoria­na a la que le han mutilado los párpados y cuyo cuer­po han encontrado unos versos amenazantes, ocupa las primeras páginas de esta novela negra narrada con un dinámico y atrevido lenguaje cinematográfico. Sin embargo, el autor nos arrastra por un camino inespe­rado al describir los hechos desde la perspectiva del propio asesino: un sociópata narcisista influenciado por la música más actual y por las grandes obras de la literatura universal.

venres, 6 de outubro de 2023

Novidade: La Historia de Troya

Un achegamento perfecto para o público máis novo á cultura clásica e os seus mitos, nunha maxistral versión da última gran lenda da Idade Heroica, o asedio de Troia: coa súa caída comeza a Historia.

Roger Lancelyn Green achégase unha vez máis á mitoloxía, nesta ocasión para contar a extraordinaria historia de Helena, cuxo rostro lanzou mil naves ao mar, e a do xuízo de Paris; a da reunión dos todos os heroes e a do asedio de Troia; a do feroz Aquiles e o seu vulnerable talón, guerreiro criado con mel salvaxe e medula de león por un centauro; a de Odiseo, o último dos heroes, e o seu ardid do Cabalo de Madeira, e a das moitas aventuras na súa longa viaxe de regreso a Grecia. A Ilíada, a Odisea, a Eneida, o Agamenón, Ovidio, Homero, Sófocles... Só Lancelyn Green conseguiría recoller nun único volume e para o lector máis novo aos grandes da literatura clásica. 

xoves, 5 de outubro de 2023

Día do Docente

O 5 de outubro celébrase o Día Mundial das e os Docentes. É a data en que a Unesco e Organización Internacional do Traballo (OIT), decidiron render homenaxe a unha das profesións máis valiosas dentro de calquera sociedade: o ensino, os docentes. Esas persoas que teñen o deber e a paixón de formar ás xeracións futuras e así garantir o desenvolvemento dos países.

A elección desta data débese a que ese mesmo día, pero no ano 1966, conmemorouse unha Conferencia Intergobernamental Especial sobre o Estado dos Docentes, para discutir sobre os deberes, pero sobre todo os dereitos do gremio docente a nivel mundial. Desde entón, o labor do docente foi gañando importancia. Tanto é así, que entre os obxectivos da Axenda 2030 de Desenvolvemento Sostible, a educación xoga un papel fundamental e polo tanto proxéctase que, no futuro, fará falta maior cantidade de profesionais nesta disciplina.

Lembremos esta figura cunha serie do obras:

martes, 3 de outubro de 2023

Realidade aumentada e biodversidade no Museo do Prado

A Sociedade Española de Ornitoloxía, SEO/BirdLife, en colaboración co Museo do Prado, presentou estes días un filtro de realidade aumentada que permite contemplar en movemento as aves do cadro El jardín de las delicias, de El Bosco, así como interactuar con elas. O obxectivo desta iniciativa é concienciar a sociedade sobre a importancia de conservar a biodiversidade, pois as especies que aparecen nesta obra de arte están gravemente ameazadas na actualidade, en perigo de extinción.