mércores, 27 de febreiro de 2019

Sempre Rosalía no centro polo aniversario da autora



Producións Escentricas presentou Sempre Rosalía no centro o pasado venres 22 para homenaxear a Rosalía de Castro polo seu aniversario, o 24 de febreiro.

Xosé Lois (Diego Freire) atópase na aula facendo os primeiros esbozos da  biografía de Rosalía de Castro cando irumpe na mesma a propia Rosalía e inician un diálogo sobre a súa vida e obra. Diálogo protagonizado polos seus poemas e doutros poetas que escribiron sobre ela, como García Lorca e comentando a visión que tiñan dela.

Nesta intervención achegan ao alumnado a unha figura moi diferente á popularmente coñecida, como ela mesma lles decía "de chorona" pola dunha muller loitadora, por ela mesma e por todas as mulleres.

O obxectivo último deste espectáculo, tan cercano, é a celebración da figura de Rosalía de Castro e salientar o seu papel na nosa cultura, a pesar dos obstáculos que tivo que superar coma muller na súa época.

Moitas grazas ao Concello de Neda por ternos en conta para as súas actividades.

luns, 25 de febreiro de 2019

Último nº de EL Templo de las Mil Puertas



Os contidos son:

·         ¿Solo para adultos? La súbita aparición de Hope
·         ¿Solo para niños? Los hermanos Willoughby
·         Reportaje Libros navideños
·         Entrevista a... José Antonio Cotrina
·         #PostureoClásicos Canción de Navidad
·         Del papel a la pantalla Mi primer beso
·         El reportero recomienda El amuleto de Samarkanda
·         Autores de ayer Mira Lobe
·         Libros que no leerás en español Radio Silence
·         Reportaje Di mi nombre
·         Reseñas de novedades
·         Zona<20 a="">
·         La Comicteca de El Templo

xoves, 21 de febreiro de 2019

Así es Hipocampo, la nueva luna 'enana' de Neptuno



En 1989 la sonda espacial Voyager-2 alcanzó las inmediaciones de Tritón, la luna más grande de Neptuno. Las fotografías que tomó a su paso revelaron seis satélites interiores, hasta entonces totalmente desconocidos. Treinta años después, este gigante helado, el planeta más lejano del Sistema Solar, continúa desvelando sus secretos: el miércoles la revista Nature publica los detalles de una séptima luna interior, Hipocampo, que eleva a 14 el número total de satélites de Neptuno. El hallazgo aporta, además, nuevas claves sobre los fenómenos que dieron origen al cortejo de astros que orbita a su alrededor.
La nueva luna, que ha sido bautizada con el nombre de una criatura marina de la mitología clásica, es la más pequeña de las que rodea Neptuno. Tiene un diámetro medio de unos 34 kilómetros y sigue una órbita de sólo 12.000, que discurre siempre cerca de Proteo, la mayor de esas seis lunas interiores descubiertas por la Voyager-2. "Nuestros resultados sugieren que Hipocampo es, en realidad, un antiguo fragmento de Proteo", escribe Mark Showalter, investigador del Instituto SETI en California y autor principal del artículo.

Seguir leyendo en El Mundo ciencia.

domingo, 17 de febreiro de 2019

Como usamos os elementos químicos según a súa dispoñibilidade?



Nesta táboa elaborada pola Sociedade Europea de Química (EuChemS) para conmemorar o 150 aniversario da táboa periódica, podemos ver os elementos químicos ordeados según  a súa dispoñibilidade e os usos que lles estamos dando os humanos. Como veredes, moitos deles serán aínda máis valiosos no futuro, porque empezan a escasear. Más info

Vía Fogonazos e Antonio Martínez Ron

mércores, 13 de febreiro de 2019

Poéticas diversas: Dalí e a razón áurea




Neste mes de febreiro tan romántico de por sí, disfrutamos da exposición de Dalí e a razón áurea  grazas á nosa compañeira María José Vergara e ao seu grupo de traballo quenes no 2004 para conmemorar o centenario do nacemento de Dalí analizaron a súa obra desde o punto de vista da ciencia.
A idea xurdiu da afección das profesoras pola pintura polo que o noso punto de partida era tratar catro ou cinco temas: a proporción áurea, a xeometría, o hipercubo, a teoría da relatividade, a estrutura do ADN e as imaxes estereoscópicas. A medida que profundabamos na obra e a vida de Dalí atopámonos con que a través dos seus cadros podiamos ilustrar temas como a topología, fractales, a teoría das catástrofes, partículas elementais, enerxía nuclear e o átomo. Concretamente, os temas que se tratan nos carteis, clasificados por materias son:
  • Matemáticas: A proporción áurea; O número de ouro; A estrela pentagonal; A espiral áurea e o triángulo áureo; Xeometría proyectiva; O hipercubo; Os fractales; A teoría das catástrofes e latopología.
  • Física e Química: Mecánica cuántica; O átomo; Partículas elementais; A enerxía atómica; A teoría da relatividade e a estrutura do ADN.
  • Ilusións ópticas: Dobres imaxes e Imaxes estereoscópicas.
A exposición consta dunha parte relacionada coa música que nos non se mostrou por falta de espazo.

Os alumnos ademais de disfrutar da exposición situada na galería do centro, terán unha visita guiada coa profesora de matemáticas axudándolles a comprender os termos que se analizan con un boletín-guía.

Para coñecer a exposición ao completo se pode consultar a recensión en Divulgamat.


mércores, 6 de febreiro de 2019

Asesoría de Bibliotecas Escolares recibe o Premio Suso Jares


A Asesoría de BEs da Consellería de Educación recibe o Premio Suso Jares de Programas e Experiencias de Convivencia Escolar e Cultura de Paz, que outorga Nova Escola Galega e a Federación Olívica de Asociacións de Nais e Pais de Alumnos de Vigo e Comarca ( Foanpas).
O xurado decidiu concederllo á Asesoría de Bibliotecas Escolares por desenvolver "desde fai quince anos un programa cada curso máis diverso de innovación didáctica, tinguido cos valores do ensino cooperativo e da educación para a paz".
Deste xeito, o xurado destacou o traballo levado a cabo a través do Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares ( Plambe) para dotar aos alumnos das competencias craves relacionadas coas alfabetizacións múltiples e para reforzar a presenza e acción das bibliotecas nos centros educativos. Ademais, destacouse o avance da dinamización da biblioteca escolar "concibida como centro de recursos e espazo de contacto coa información dentro das escolas".
A parte de destacar outras iniciativas, a acta de concesión do premio resalta programas de fomento da lectura como 'Maletas Viaxeiras', 'Hora de ler' ou 'Clubs de Lectura', programas de innovación como o 'Concurso de Traballos por Proxectos' ou iniciativas solidarias como 'Voluntariado de lectura' ou o programa 'Biblioteca Inclusiva'.
Seguir lendo

 Norabóa por tan bo traballo!

martes, 5 de febreiro de 2019