xoves, 30 de maio de 2024

DEM 2024 Galería de fotos e boletín

Desde que o profesor de matemáticas inglés, Rowland Hill (1795-1879), creara o primeiro selo postal da historia, o Penique Negro, moitos destes pequenos exemplares representaron os personaxes, eventos e curiosidades na sociedade na súa época.

Có gallo do Día Escolar das Matemáticas (DEM), o 12 de maio, queremos mostrar cómo os selos achegaron as figuras máis relevantes das matemáticas, os seus descubrimentos e curiosidades á sociedade pois non fai moito tempo, cando non había internet...., as comunicacións eran por correo postal e para elo se precisaban os selos postais.

Percorrede a mostra e buscade as respostas para as preguntas do boletín da exposición. En post anteriores tedes os calameos para velos polo miúdo.


luns, 27 de maio de 2024

Enquisa funcionamento da BE curso 2023/24

Premiados na VI Olimpiada Cultural

 

preme para ver a galería

O venres 24 fixemos entrega dos premios aos gañadores da 6º edición da Olimpiada Cultural, ou polo menos aos alumnos que non estaban en 2º BAC, pois están moi ocupados coa festa de graduación e as ABAU.

Lembrade que xa están as probas coas solucións publicadas no site da Olimpiada Cultural.

Grazas aos participantes e norabóa aos gañadores que curiosamente se duplicaron na categoría de máster e tivemos que dar doble premio aos 1º e 2º pois estaban empatados!!!

A vindeira edición será a 7º e se realizará en xaneiro así que, xa queda menos.

mércores, 22 de maio de 2024

Día Internacional da Diversidade Biolóxica


O 22 de maio celébrase o Día Internacional da Diversidade Biolóxica, declarado por Nacións Unidas, e que ten como finalidade concienciar sobre a importancia da conservación e a utilización sostible da biodversidade, así como da crecente ameaza que supoñen para a mesma as actividades humanas.

E para que poidades desfrutar das marabillas que temos no noso planeta, deixámosvos aquí as imaxes galardoadas no World Nature Photography Awards deste ano, un certame que celebra a biodiversidade. Esperamos que vos gusten!

xoves, 16 de maio de 2024

VI Olimpiada Cultural: preguntas e respostas

 
premede na imaxe para acceder

Xa están dispoñibles as preguntas e respostas da VI edición da nosa Olimpiada Cultural, botádelle unha ollada os que non participáchedes a ver se sodes capaces de responder.

O venres 24 faremos entrega dos diplomas e premios aos afortunados gañadores
 da proba no Salón de actos no 2º recreo.

Xa queda menos para a seguinte edición que será a finais de xaneiro, ide quentando miolos repasando todas as probas dos anos anteriores!!!

venres, 10 de maio de 2024

Hoxe non lemos...

mdaff en Freepik

...hoxe choramos polo noso compañeiro, alumno e amigo. Non temos palabras para describir tanta dor.

xoves, 9 de maio de 2024

Guía LIX según os Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable


A Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil (GALIX), sección da OEPLI (Organización Española del Libro Infantil) e representación do ámbito lingüístico galego no IBBY, publicou, co patrocinio da Xunta de Galicia, a Guía ODS (Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable) na que recolle todo tipo de materiais que tratan cada un dos dezasete obxectivos no camiño da Axenda 2030.

Trátase duns materiais imprescindibles para todo tipo de persoas mediadoras do libro e a rapazada , que convén ter en conta nas bibliotecas escolares e públicas, nos centros de ensino e no ámbito da educación social.

Os materiais están organizados por cada un dos obxectivos: 

1.Fin da pobreza, 2. Fame cero, 3. Saúde e benestar, 4. Educación de calidade, 5. Igualdade de xénero, 6. Auga limpa a saneamento, 7. Enerxía accesible e non contaminante, 8. Traballo decente e crecemento económico, 9. Industria, innovación e infraestrutura, 10. Redución das desigualdades, 11. Cidades e comunidades sustentables, 12. Produción e consumo responsable, 13. Acción polo clima, 14. Vida submarina, 15. Vida de ecosistemas terrestres, 16. Paz, xustiza e institucións sólidas e 17. Alianzas para acadar os obxectivos.

preme na imaxe para acceder

mércores, 8 de maio de 2024

98 anos de David Attenborough


No día do seu 98 cumpreanos, conmemoramos a figura de David Attenborough, un dos divulgadores naturalistas máis coñecidos e auténtico pioneiro en documentais sobre a natureza.

Se queredes coñecer curiosidades sobre o noso planeta, non dubidedes en coller algún dos documentais dos que dispoñemos na biblioteca.

venres, 3 de maio de 2024

Polas Letras Galegas 2024: Luisa Villalta


Firme defensora da lingua como piar da nosa identidade e comprometida con todos os colectivos que loitan e traballan pola dignidade do pobo galego, foi unha autora que renovou as nosas letras ao explorar a relación entre a música e a literatura e facernos “pensar o mundo”.

Selección de poemas desde o IES Isaac Díaz Pardo onde Luisa Villalta foi profesora. 

Na semana das Letras Galegas recibiredes un marcapáxinas conmemorativo.

xoves, 2 de maio de 2024

Día da Ciencia na Rúa




O próximo sábado 4 de maio, o Parque de Santa Margarida da Coruña acollerá unha nova edición do Día da Ciencia na Rúa, na que 54 centros educativos de diversas localidades galegas amosarán actividades de bioloxía, tecnoloxía, matemáticas e física para todos os públicos. Xunto eles, persoal de entidades da investigación e divulgación presentarán unha ampla programación para toda a cidadanía e haberá actividades paralelas na contorna do edificio da Casa das Ciencias. Nos Museos Científicos Coruñeses haberá tamén xornada de portas abertas.
Tedes toda a información do evento neste enlace.

mércores, 1 de maio de 2024

Novidade: ¡Basta! Guía de autodefensa feminista para adolescentes (y más...)

preme na imaxe

Ser mujer en esta sociedad implica enfrentarse regularmente a comportamientos machistas. ¿Cómo identificar y afrontar esas conductas? En este cómic las adolescentes (y más…) encontrarán un conjunto de técnicas para sentirse más preparadas, libres y seguras: posturas corporales, defensa verbal, el giro de ciento ochenta grados, la intervención paradójica, la defensa física… En definitiva, diferentes herramientas para ayudarles a sentirse más libres y seguras, tanto en los espacios públicos como en la esfera privada.