xoves, 27 de maio de 2021

Eva Mejuto de visita...no IES Fernando Esquío

Hoxe estivo no centro aínda que de xeito dixital Eva Mejuto a quen coñecíamos do Salón do Libro de Pontevedra onde nos acolleu en anos anteriores. 

O motivo desta visita foi para falar cos rapaces de 2º ESO de “22 segundos”, a primeira novela xuvenil galega en tratar a temática  trans. Ademais está de norabóa porque recibirá o Premio dos Clubs de Lectura de Galicia 2021 a vindeira semana nas Xornadas de Clubs de Lectura.

No marco da súa obra a autora comenta o seguinte: “Durante moito tempo estiven a seguir  youtubers que contaban as súas historias, e todos empezaban igual: “Ola, chámome  Aidan,” “Ola, chámome Joseph”, “E conto a miña historia porque a min ninguén me axudou, non tiven apoio de ninguén e se cadra se o conto podo axudar a facilitarche a vida”. Paréceme algo moi xeneroso, contar a túa vida non por lucimento persoal, senón expoñerche porque pode axudar a outros”.

“Pero chegou un momento no que necesitaba algo máis, e entrei en contacto cun grupo de mozos  trans. A historia de Marcos chamoume moito a atención porque eu son de Sanxenxo e el é de Cangas” conta referíndose a Marcos  Ceive, cuxa experiencia foi a súa principal fonte de inspiración, e de quen tamén lle sorprendeu a súa forma de ver a vida. Ademais, Marcos e Eva manteñen agora unha forte amizade.

Eva explicounos que “22 segundos” é o tempo que tarda un vídeo que grava *Álex, un mozo  trans, en subirse a Youtube. No referido documento audiovisual, *Álex explica que se abre un blogue para compartir as súas experiencias, pero sobre todo o que está por vir, a viaxe cara a si mesmo. A historia, con todo, termina como empezou, con *Álex subindo o vídeo á rede, e por medio conta a vida de *Álex ata ese momento, e como chegou a descubrirse”.

O libro consta dun capítulo introdutorio e outros vinte e dous capítulos, un por segundo. Segundo conta a autora, isto non ten un significado especial, é un artificio para conseguir facer a novela áxil e amena para os mozos aos que non lles guste ler.

Toda unha sorte contar coa autora con nós facendo disfrutar aos rapaces coa súa espontaneidade, cercanía e compaña. Un pracer!!


luns, 24 de maio de 2021

As orixes e bases literarias e feministas de Emilia Pardo Bazán

 

Desde a revista WMagazine vos achegamos un artigo de Darío Villanueva e José Manuel Glez Herrán.

Cúmprense cen anos do falecemento dunha das escritoras españolas máis importantes e pioneira dos dereitos da muller. WMagazín, con apoio de Endesa, publica unha pasaxe da introdución das súas 'Obras completas' que dá claves sobre as primeiras influencias de Pardo Bazán: Victor Hugo, Byron, Heine ou a novela 'Crime e castigo'...

O prestixio de Emilia Pardo Bazán creceu neste século XXI ata obter o sitio que merece na literatura e accións sociais por ser unha gran defensora da igualdade e os dereitos da muller. Un figura relevante da literatura española entre os séculos XIX e XX nada na Coruña o 16 de setembro de 1851 e falecida en Madrid o 12 de maio de 1921. Foi condesa de Pardo Bazán, xornalista e case todo no mundo da creación literaria: @cuentista, novelista, poeta, ensaísta, dramaturga, tradutora, crítica literaria, editora, catedrática e quixo entrar na Real Academia Española (RAE) pero non llo permitiron.... seguir lendo

Emilia Pardo Bazán, unidade didáctica

No marco das conmemoracións do centenario de Emilia Pardo Bazán, a Xunta de Galicia pretende achegala máis que nunca ás nosas aulas polo que se valora especialmente a posta en marcha de ferramentas pedagóxicas que destaquen as principais obras, fitos, publicacións e documentos producidos por esta galega universal.

 A nova unidade deseñada polas profesoras Arantxa Fuentes e María López foi elaborada “coa máxima rigorosidade académica” e dará a coñecer entre o alumnado “as facetas máis agochadas da excepcional traxectoria vital e artística de Pardo Bazán, incidindo de xeito especial na súa condición de defensora dos dereitos das mulleres”. Está dirixida a estudantes de 4º da ESO e 1º de Bacharelato, aínda que conta cun enfoque transversal, polo que tamén permitirá traballar con alumnos e profesores doutros niveis educativos.

A unidade didáctica aposta por unha lectura crítica e reflexiva para fomentar o espírito investigador nun total de sete competencias clave, entre elas, a comunicación lingüística, expresións culturais, así como as competencias sociais e cívicas abordando aspectos como a perspectiva de xénero e a educación en igualdade.

Premede na imaxe para acceder

xoves, 20 de maio de 2021

Notas de corte nas universidades nacionais

 

Estos días os nosos alumnos de 2º BAC xa están preparando as ABAU e analizando as súas posibilidades de acceso e para que teñan unha comparativa achegamos unha proposta desde El País para que coñezan as notas de corte do curso pasado, a busca a poden facer por titulación ou por universidade.
Premede na imaxe para acceder.

martes, 18 de maio de 2021

Elisa e Marcela desde o Consello da Cultura Galega


O Consello da Cultura Galega presenta esta banda deseñada que, en palabras da autora Xulia Vicente, “relata a historia de Elisa e Marcela, dúas mulleres cuxa peculiar historia foi reconstruída a partir de documentos oficiais e de extractos de xornais, moitas veces con testemuñas de difícil comprobación. Necesariamente, este relato emprega a ficción para suplir algún ocos e facilitar a narración. Esta banda deseñada ten a intención de divulgar e visibilizar a vida destas mulleres, pero nunca debe tomarse como unha versión cen por cen fiel á historia”.

Ver a publicación ou descargala desde o Consello da Cultura Galega

Tamén na nosa biblioteca  noutra versión da historia.

luns, 17 de maio de 2021

Rocío Leira no IES Fernando Esquío

 

Grazas a Isabel Armesto, representante da editorial Xerais puidemos disfrutar de Rocío Leira, finalista do XI Premio Jules Verne de LIX de Xerais, aínda que fora na distancia e con algún atranco dixital o pasado xoves 13.

Os alumnos de 1º ESO presentaron a autora e a obra Trescatorcedesaseis que leron no club de lectura e proposta tamén de lectura deste nivel.

«Xogamos?» Ese é o contido dun correo electrónico que un día recibe o profesor Benavides. O matemático acepta o lance e dende ese intre terá que desentrañar o misterio que se agocha tras os asasinatos que se están a producir no campus universitario. Coa axuda de Silvia, unha enigmática alumna da facultade de Matemáticas, Benavides deberá resolver os desafíos lóxicos que un intelixente asasino lle vai propor.

Mensaxes cifradas, pistas inquietantes e códigos aparentemente irresolubles danse cita nesta aventura chea de intriga na que entrarás de cheo nunha parte da historia das matemáticas. Comeza o xogo!


A terra máis fermosa do mundo


Se Galicia é a comunidade autónoma con maior lonxitude costeira da España Peninsular, con 1.498 quilómetros, A Coruña é a provincia co litoral máis extenso: 956 quilómetros que dan cabida a numerosos cabos, praias e miradoiros. Estes miradoiros oriéntanse ao mar, a maioría situados en altos montes ou en escarpados cantís, para ofrecernos as mellores vistas da provincia coruñesa e os atardeceres con máis maxia de Galicia.....

  1. Cabo de Estaca de Bares, Mañón
  2. Os Picóns de Loiba, Ortigueira
  3. Vixía Herbeira, Cedeira
  4. O Paraño, Valdoviño
  5. A Bailadora, Ares
  6. O Castelo da Nogueirosa, Pontedeume
  7. Seixo Branco e Punta de Mera, Oleiros
  8. Santo Hadrián, Malpica
  9. Monte Branco, Ponteceso
  10. Monte Facho Lourido, Muxía
  11. Mirador do Ézaro, Dumbría
  12. Cubeiras, Carnota
  13. Monte Enxa, Porto do Son
  14. Monte Treito, Rianxo
  15. A Curota, A Proba do Caramiñal

Grazas a Emma Sexto Quincemil por lembrarnos que vivimos na terra máis fermosa do mundo.

domingo, 16 de maio de 2021

Xela Arias na RTVG

 


Programa 'O que vai vir' entrevista a Xela Ariase e a  Manuel Soto, organizador do XII Festival de Poesía do Condado, un evento de carácter único en Galicia

luns, 10 de maio de 2021

Xela Arias e o Consello da Cultura Galega


Co gallo da celebración do Día das Letras Galegas de 2021 en homenaxe a Xela Arias, o Consello da Cultura Galega publica en edición facsimilar 
Non te amola!. É un relato das experiencias da autora aos nove anos, das que acontecen e das que lembra, e incluso das mentiras que se lle ocorren e que as veces poden ser o mellor do día.

Chega acompañado de estudo crítico a cargo da profesora Ana Iglesias e de sete ilustracións realizadas por Bea Gregores.

domingo, 9 de maio de 2021

Día Escolar das Matemáticas 2021

Cada 12 de maio celébrase o Día Escolar das Matemáticas, data que coincide co nacemento de Pedro Puig Adam (no ano 1900), o insigne matemático precursor da didáctica das matemáticas en España durante a década dos 50.

Ademais nesta data desde 2019, o 12 de maio celébrase o Día das Mulleres Matemáticas. Conmemora o nacemento de Maryam Mirzakhani, que en 2014 gañou a Medalla Fields. Nos 85 anos que leva concedendo esta medalla, foi a única muller en recibila.

O obxectivo da celebración é compartir e realizar actividades sobre @dicha temática coa sociedade e especialmente con todas as comunidades educativas, nos centros dedicados ao ensino.

Este curso saímos do corrente e propoñémosvos un xogo de escape. Todo depende do atrevido que sexades.

Para aqueles que estades no 1º ciclo vos propoñemos o rescate da meiga Omega:

premede na imaxe


Para os que sodes máis atrevidos ou máis maiores que vos parece entrar no corredor do esquecemento lembrado?

premede na imaxe

Animádevos e pasádeo ben!!

venres, 7 de maio de 2021

Letras Galegas 2021: Concurso de acrósticos

 

Estades todos invitados a participar no concurso homenaxe a Xela Arias

Amplíase o prazo de entrega, falade coas profesoras de galego para coñecelo e non vos esquezades traer a vosa chapa de Xela Arias.

Sabedes de onde ven o GPS?


“Segunda rúa á dereita. A 500 metros chegaría ao seu destino”. Para moitos de nós, dar instrucións a un ser querido sobre como chegar a un sitio é algo xa  pouco habitual, empregamos o GPS.

Estes sistemas  GPS (siglas de Global Positioning System, ou sistema de posicionamento global, son algo tan habitual que convertemos esas siglas nunha palabra propia, gepeese e serven para que nos orientemos mesmo onde nunca estiveramos antes, incluso os que non saben como ler un mapa. Se isto é posible é grazas a Gladys West, matemática estadounidense que contribuíu a modelizar a esfera terrestre e a desenvolver os modelos satelitales que despois se utilizaron para a creación do GPS.

West naceu en 1930 en Virginia, Estados Unidos, e como persoa negra viviu desde pequena os efectos da segregación racial e a discriminación. Nada nunha familia de granxeiros, dedicou moito tempo na súa infancia para traballar nos terreos da granxa familiar. Con todo, desde pequena soubo que non quería traballar toda a súa vida recollendo tabaco e decidiu que a educación sería a súa forma de buscar unha vida diferente para si mesma....seguir lendo.

Vía Mujeres con Ciencia

domingo, 2 de maio de 2021

25º Aniversario do Capitán Alatriste

Se cumpren 25 anos do primeiro Capitán Alatriste, a serie que o académico inventou para reflexar o Século de Ouro "ante el desmantelamiento de la Historia y la Literatura en los plantes de estudio". "Tengo aún dos 'alatristes' en la reserva", desvelou nunha entrevista en El Mundo.