sábado, 30 de xaneiro de 2021

Día da Ilustración dedicado a

Unha das datas destacadas do Calendario do Libro e da Lectura de Galicia é o Día da Ilustración, que foi instaurado en 2014 cada 30 de xaneiro, coincidindo co día do nacemento de Alfonso R. Castelao. Como se vén facendo desde hai varios anos, este día, ademais de lembrar e reivindicar o papel dos profesionais da ilustración na industria cultural galega, serve para homenaxear un autor ou autora que aportou na historia da ilustración galega.

Este 2021 dedícase por vez primeira o Día da Ilustración a unha muller, Lolita Díaz Baliño (A Coruña, 1925-1963), artista multidisciplinar que foi unha relevante pintora e ilustradora e sorprendentemente esquecida durante moitos anos.

O seu estilo combina o art decó con temáticas influenciadas polo pensamento rexionalista. Do seu traballo na editorial Nós quedan fermosas portadas. Ademais de artista prolífica, destacou tamén como ensinante e formou a importantes artistas. En 1938 converteuse na primeira muller xunto con Carmen Corredoyra en formar parte da Real Academia Galega de Belas Artes. 

Trátase dunha auténtica pioneira que desafiu as convicións da época. Unha muller adiantada que abriu camiño para toda as que viñeron despois e por iso este merecido recoñecemento homenaxeándoa este 2021 e cunha exposición virtual da súa obra na Biblioteca de Galicia no Gaiáz.


mércores, 27 de xaneiro de 2021

Lembramos as víctimas do Holocausto


Cada ano, en torno ao 27 de xaneiro, debemos tributo á memoria das vítimas do Holocausto e manifestar o compromiso de loitar contra o antisemitismo, o racismo e toda outra forma de intolerancia que poida conducir a actos violentos contra determinados grupos humanos.
O 27 de xaneiro conmemórase a liberación en 1945 polas tropas soviéticas do campo de concentración e exterminio nazi de Auschwitz- Birkenau; a Asemblea Xeral das Nacións Unidas proclamou oficialmente esa data Día Internacional de Conmemoración en Memoria das Vítimas do Holocausto.


Se queres ler ou ver os fondos sobre esta temática na biblioteca...

martes, 26 de xaneiro de 2021

Desde "El templo de las mil puertas"...

 

preme na imaxe

...reseñas para inaugurar o ano.

Como sabedes El templo de las mil puertas é a nosa revista LIX favorita, onde atopamos novidades, reseñas de obras de sempre e atopamos entrevistas a autores incribles, e como non pode ser doutra maneira, ao comezo do ano fan unha selección de novidades e nolas comentan!!!

Se queredes entrar no último nº da revista premede aquí e se preferides algunha das novidades da imaxe accededes por ela, hai moitas máis...

luns, 25 de xaneiro de 2021

Mapa das carreteiras romanas

 

Cando Alarico saqueou Roma no 410 dificilmente podía imaxinar o impacto tan prolongado e traumático que a súa acción tería para o Imperio Romano. El, que durante anos ansiara pertencer á elite imperial, formar parte do centro político e cultural de Europa, xogaría un rol crave na eventual desaparición da institución. A desintegración do Imperio Romano de Occidente poñería fin a oito séculos de continuidade política e económica. O que inclúe ás súas infraestruturas.

Durante séculos, os arquitectos e os técnicos do imperio desenvolverían unha vasta rede de vías e estradas terrestres que conectarían os catro recunchos do imperio. Desde o muro de Adriano ata Otranto; desde o corazón de Lisboa ata Constantinopla; desde as costas Atlánticas do norte de África ata Palestina... como pódese ver no mapa.

Seguir lendo en Magnet-Xataca @mohorte

xoves, 21 de xaneiro de 2021

O Instituto Cervantes abre a súa caixa das letras

 
Preme na imaxe

O Instituto Cervantes abre a Caixa das Letras, que alberga no edificio madrileño da súa sede central, ao público de todo o mundo e mostra por primeira vez os seus segredos a través desta visita virtual.

A Caixa das Letras garda nas súas caixas de seguridade máis de 60 legados que desde 2007 foron depositando personalidades —homes e mulleres— da cultura en español. Recoñecidos escritores —entre eles todos os premios Cervantes desde ese ano— e destacados nomes do cinema, a arte, a música, a danza, o teatro ou a ciencia deixaron nesta antiga cámara acoirazada do Instituto Cervantes en Madrid retrincos da súa traxectoria vital e profesional. A Caixa das Letras atesoura baixo chave eses simbólicos legados como memoria viva da cultura de España e dos países hispanofalantes. Agora, grazas a esta visita virtual que estrea o Instituto Cervantes, pódese coñecer este peculiar recuncho, pasear entre os seus case 1.800 caixas, descubrir os seus segredos máis recónditos e coñecer o contido dos legados e a pegada que deixaron os seus protagonistas.

mércores, 13 de xaneiro de 2021

martes, 12 de xaneiro de 2021

Isabel Zendal nos Arquivos de Galicia por Antonio López Mariño


Os galegos somos grandes descoñecedores do noso pasado, o que nos aboca a ignorar figuras e acontecementos de enorme transcendencia histórica. É o caso do protagonismo de Galicia na Real Expedición Filantrópica da Vacina (REFV), que partiu do porto da Coruña en 1803 para inmunizar contra a varíola —unha enfermidade letal para a poboación aborixe de América e que provocaba unha elevadísima mortalidade entre o resto— nos territorios de ultramar. 

Unha das protagonistas daquela expedición foi a enfermeira galega Isabel Zendal, encargada de coidar dos nenos que facían de portadores da vacina. Malia que foi considerada pola OMS como a primeira enfermeira da historia en misión internacional e que goza dun merecido recoñecemento en México, onde rematou os seus días unha vez concluído o traballo na Expedición da Vacina, Isabel Zendal foi sempre unha gran descoñecida no seu país de orixe...

Seguir lendo na publicación do Parlamento de Galicia.

Outras opcións son Os nenos da variola de María Solar ou a película 22 Ángeles de Miguel Bardém.

Vía Mulleres con Ciencia

luns, 11 de xaneiro de 2021

Past Women

Past Women é un proxecto colaborativo que exhibe as liñas de investigación en arqueoloxía e historia relacionadas co estudo da cultura material das mulleres.

Despois do éxito conseguido cos Calendario 2018, Calendario 2019 e Calendario 2020, o equipo de Past Women elaborou un novo calendario para 2021.

Seguir lendo en Mulleres con ciencia

venres, 8 de xaneiro de 2021

Comezamos o ano con ciencia: A ruleta dos Premios Nobel

 

Imaxe: Ziortza Guezuraga.
Xira a ruleta  este enlace (preme en GO). 

Atréveste a xogar na ruleta dos Premios Nobel? ¡Pon a proba os teus coñecementos! E, por suposto, busca en Mujeres con ciencia para axudarte a resolver este xogo.

Novo programa de divulgación histórica: El condensador de fluzo

 

Xa coñecíamos Orbita Laika, un dos nosos programas de divulgación científica favoritos no que aprendemos ciencia dun xeito divertido, e agora vos achegamos El condensador de fluzo. Durante unha hora en RTVE 2, fai realidade un clásico soño do cine: os viaxes no tempo grazas a divulgación histórica  desde o humor e entretemento. Un espazo centrado tanto nos grandes fitos históricos como nesas pequenas curiosidades que nunca nos contaron na aula. 

Para todos os que queirades achegarvos á Historia dun xeito ameno, accesible e atractivo, xa sabedes, os xoves ás 22:00

luns, 4 de xaneiro de 2021

A BNE dixitaliza e pon ao dispor do público máis de 1000 obras dun centenar de autores españois

A obra de 166 autores españois (escritores, xornalistas, artistas e músicos ) pasa en 2021 a ser de dominio público xa que se trata de autores falecidos en 1940. Entre eles atópanse o escritor e politico Manuel Azaña; o xornalista Lluís Companys, ou a escritora galega María Vinyals. Dunha parte destes autores, a BNE seleccionou obras que xa están dispoñibles na Biblioteca Dixital Hispánica, e, por tanto, pódese facer comunicación delas, pódense editar e reproducir. A lista completa de autores pódese consultar nesta ligazón ou visualizar por distribución xeográfica, nome de autor, por xénero, por provincia, por categoría… neste mapa.

Seguir lendo na BNE