xoves, 30 de novembro de 2023
Lembramos a Margarita Salas
martes, 28 de novembro de 2023
RIP Hematocrítico
Hoy voy a explicar un conceto. El conceto de tróspido.El origen viene de una conversación oída a medias por un gran amigo en Carral, Zona Cero de millones de nomenclaturas peculiares, pero ninguna como ésta. El fragmento venía a ser éste:- Pódeste casar coa túa prima,pero sáenche os fillos tróspidos.A partir de ahí, cojan este vocablo y háganlo suyo. Pasó la fecha del yogur, está tróspido. Tienes el estómago tróspido. En el chino venden muñecos tróspidos, etc etc.El uso más popular de tróspido se da en las expresiones " la mano tróspida " y " el codo tróspido " que es como se llama el popular chascarrillo de meter mano disimuladamente en un pub lleno restregando la mano así como intentando pasar, o frotar unos pechos con el codo del brazo del cubata.Poco satisfactorio, pero bueno...Así que ya sabéis...¡extended la palabra!.No me seáis tróspidos.
luns, 27 de novembro de 2023
Xornadas micolóxicas de Neda
Hoxe abre o prazo de inscrición para as terceiras Xornadas micolóxicas de Neda, organizadas pola Asociación micolóxica Viriato en colaboración co Concello. Trátase dunha actividade gratuita de iniciación ao mundo dos fungos e dos cogomelos que se desenvolverá do 30 de novembro ao 2 de decembro. Terdes aquí toda a información.
Lembramos a Almudena Grandes no segundo aniversario do seu falecemento
Hoxe é un día de moitas entradas neste blog, porque tamén queremos recordar a Almudena Grandes no segundo aniversario do seu falecemento, unha escritora madrileña galardonada co Premio Nacional de Narrativa en 2018. Gran parte da súa novela ambiéntase na historia recente de España, concretamente na Guerra Civil e a ditadura franquista.
Lembramos a Gloria Fuertes no aniversario do seu pasamento
sábado, 25 de novembro de 2023
Contra a violencia digamos NON
Ferrol en feminino
venres, 24 de novembro de 2023
Día Mundial da Evolución
O 24 de novembro celébrase o Día Mundial da Evolución, coa finalidade de recordar dous acontecementos importantes para a humanidade: o primeiro deles, a publicación de A orixe das especies, obra escrita por Charles Darwin en 1859 e, o segundo, o descubrimento en 1974 do esqueleto de Lucy, pertencente á especie Australophitecus afarensis.
xoves, 23 de novembro de 2023
No Día Mundial de Fibonacci lembramos a súa sucesión e a relación coa proporción áurea
Matemáticos de todo o mundo celebran este mércores o Día Mundial de Fibonacci, en honra ao matemático italiano Leonardo de Pisa, tamén coñecido co nome de Fibonacci. porque os primeiros termos da súa sucesión (1,1,2,3,..) conducen ao 23 de novembro en expresión anglosaxoa.
É unha secuencia infinita de números naturais cuxos dous primeiros termos son 1 e 1 e tal que, calquera outro termo obtense sumando os dous inmediatamente anteriores. De maneira explícita, teriamos que a sucesión ou serie é: 1, 1, 2, 3, 5, 8, 13, 21, 34... En xeometría exprésase como espiral de Fibonacci: unha aproximación da espiral áurea xerada debuxando arcos circulares conectando as esquinas opostas dos cadrados axustados aos valores da sucesión; encostando sucesivamente cadrados de lado cos valores establecidos na serie. Está presente en ámbitos tan dispares como a arte, a natureza ou a publicidade.martes, 21 de novembro de 2023
Novidades_ Las aventuras del Equipo Ciber
Yaiza Rubio, una de las principales expertas en ciberseguridad de nuestro país, se convierte en la protagonista de este libro en el que enseñará a los chicos y chicas a utilizar internet de forma segura.
¡Las aventuras del Esquipo Ciber ya en la biblioteca!
xoves, 16 de novembro de 2023
Día Mundial de la Filosofía
mércores, 8 de novembro de 2023
Hoxe conmemoramos a Bram Stoker
martes, 7 de novembro de 2023
Premio Cervantes 2023
O escritor español Luis Mateo Díez gañou esta tarde o Premio Cervantes. O autor do reino de Celama, Os anciáns siderais, Laciana: ceo e soño, entre outras moitas obras, académico da Lingua desde 2000, alzábase co máximo galardón da literatura en lingua castelá. O Cervantes volve recoñecer en 2023 o traballo dun novelista tras premiar a poetas nas cinco últimas edicións.
O xurado destacou a súa “prosa singular, que sorprende polos seus continuos e novos desafíos”. Tamén recalcou a “mestura” que nas súas obras acomete entre o culto e o popular, “a súa pericia e dominio da linguaxe”, así como o seu “humor expresionista, paródico ou esperpéntico” co que retrata a complexidade humana.Tal día como hoxe de 1867... naceu Marie Curie
O 7 de novembro de 1867 naceu en Varsovia Marie Sklodowska, máis coñecida como Marie Curie, que foi a primeira muller en recibir un Premio Nobel e a primeira persoa en recibir dous. O seu descubrimento da radioactividade culminou coa incorporación de dous novos elementos á táboa periódica: o radio e o polonio.
sábado, 4 de novembro de 2023
4 de novembro, Día da Ciencia en Galego
O 4 de novembro conmemórase o Día da Ciencia en Galego e, como xa dixemos nun post anterior, novembro é o Mes da Ciencia en Galego nas Bibliotecas Escolares. Para celebralo, a Biblioteca de Galicia realiza varios obradoiros durante todo o mes nas tardes dos sábados. Cada un deles está dirixido a un público de distinta idade
venres, 3 de novembro de 2023
Europeana Classroom
Se es educador, estudante ou pai interesado nunha aprendizaxe innovadora, este é o teu lugar! Aquí atoparás unha selección de recursos educativos utilizando a cultura dixital: Europeana Classroom.
xoves, 2 de novembro de 2023
Tal día coma hoxe... os primeiros ocupantes da Estación Espacial Internacional no 2000
A primeira tripulación Un americano e dous rusos) residente chegarón á Estación Espacial Internacional.
Podedes ver en vivo o que están a facer por alí.