martes, 28 de febreiro de 2023

XXXIX Premio Xerais de novela: A culpa de María Solar, xa na biblioteca

Cada seis meses, coma un cravo, os empregados dunha pequena sucursal bancaria reciben a visita desagradable da señora Gondar, unha muller de aspecto miserable e cun fedor corporal insoportable que controla ata o mínimo detalle as súas contas millonarias. Amanda, unha novísima empregada da oficina, aténdea unha soa vez. Un mes despois do encontro, a señora Gondar falece e Amanda convértese inesperadamente na súa única herdeira. A moza, xunto co seu amante xornalista, Enric, comeza unha investigación sobre a identidade da anciá e descobre a historia vital que uniu de por vida a dúas mulleres poderosas: os terribles segredos que as devoran, as culpas que as perseguen e a tóxica relación entre elas que remata nun final perturbador.Amanda non só herdou unha fortuna, tamén herdou unha culpa. 

Con «A culpa» María Solar mergúllanos nunha narrativa na que non podemos tomar alento ata desvelar por completo esta historia de dominación, tolemia e morte onde a culpa é omnipresente.

Recensión na AELG.

luns, 27 de febreiro de 2023

Novidades: Harry Potter y la Filosofía


Preme na imaxe para velo na biblioteca

É o amor a maxia máis poderosa de todas? Por que Harry decide morrer? Debemos temer á morte ou enfrontarnos a ela? Que nos pode ensinar Severus Snape sobre a posibilidade de redención? 

Harry Potter pode parecer na superficie un conto sinxelo para nenos pero, como Hogwarts, é un universo cheo de portas ocultas, habitacións escondidas e segredos inquietantes. 

Cun exército de filósofos ás súas costas, Gregory Bassham reuniu neste libro un conxunto de ensaios excelentes que se atreven a discutir co mago da cicatriz, e con personaxes como Dumbledore, Sirius Black ou Hermione, sobre o amor, o mal, o feminismo, a morte, o poder, o sacrificio ou a esperanza. 

A través da análise dos sete tomos de J.K. Rowling, este libro é a guía definitiva de todos os fans que buscan coñecer o mundo de Harry Potter a un nivel máis profundo e de calquera lector ou muggle que queira explorar os recunchos máis sorprendentes do infinito cosmos que se abre tras a plataforma 9 e ¾

Ver a recensión na editorial.

Comezar a ler.


xoves, 23 de febreiro de 2023

Caldo de Gloria no Día de Rosalía

 

A Fundación Rosalía de Castro volve poñer en marcha este 2023 no aniversario de Rosalía o “Caldo de Gloria”, unha iniciativa inspirada no poema “Miña casiña, meu lar” na que a poeta explica como facer un caldo humilde e no que se relata a épica diaria da supervivencia.

COMO PARTICIPAR (*)

a) Fai un Caldo de Gloria:

– Podes seguir as instruccións que Rosalía dá no poema.  

– Ou consultar a receita de Picadillo (1905).

– Ou seguir os consellos de Xoanqui Ameixeiras, o noso cociñeiro convidado do ano pasado (o deste ano será Óscar Vidal, cociñeiro xefe d’O Pazo Asador de Padrón, a primeira Estrela Michelín da Terra de Iria. Tamén podedes ver aquí a proposta de Lucía Freitas (do restaurante A Tafona, estrela Michelín). 

b) Logo le un poema rosaliano (ou máis). Pode ser o ‘Miña casiña, meu lar’ que inspirou esta iniciativa, ou calquera outro.

c) Desfrútao e compárteo nas redes sociais cos seguintes cancelos (hashtags): #CaldodeGloria #DíadeRosalía

O caldo de Rosalía, a épica dos humildes

Queremos conmemorar o Día de Rosalía lembrando o poema “Miña casiña, meu lar” de Follas novas, no que unha muller pobre conta un capítulo da súa épica diaria: a de sobrevivir. Esta muller que vén de Santiago a Padrón e chega á casa mollada e esfameada, a pesar de que carece de todo e de que os seus avaros veciños lle negan o que lles sobra, consegue o milagre da supervivencia: facer un humilde caldo de gloria e un bolo do pote. No seu triunfo sobre a desventura e a pobreza, ao pé da quentura da lareira no seu fogar, está tamén a lección de como con case nada o ser humano é quen de sobrevivir e ademais ser feliz.

[Le aquí o poema]


venres, 17 de febreiro de 2023

Concurso de poesía 2023: Premiados

 

Norabóa a Susana e Noa polo esforzo por combinar os poemas ademais de buscar aos autores.

Tal día como hoxe...Sabías que...Gustavo Adolfo Bécquer?

 "Lástima que el Amor en un diccionario no tenga donde hallar cuándo el orgullo es simplemente orgullo y cuándo es dignidad!"

O poeta sevillano Gustavo Adolfo Bécquer naceu tal día como hoxe 17 febrero no 1836. 


Sabías que...?

  1. A pesar de que se coñecen unha infinidade de datos da súa vida e da súa obra, hai outros moitos que seguen sen ser descubertos pola gran maioría. Por iso, consideramos que é o momento perfecto para poder desvelar algunhas desas curiosidades que non todo o mundo sabe: 
  2. O seu verdadeiro nome era Gustavo Adolfo Claudio Domínguez Bastida. Se se deu en chamar Bécquer porque este era o apelido da familia de orixe flamenca da que procedía a súa nai e, por tanto, el mesmo. 
  3. Encantáballe a pintura e mesmo comezou dando clases para converterse en pintor, con todo, ao final decantouse por outra arte, o das rimas. 
  4. A súa paixón pola lectura foille inculcada pola súa madriña, Manuela Monnehay Moreno, coa que se foi a vivir despois de quedar orfo de pai e nai. E é que ela non só era unha gran apaixonada da literatura senón que tamén contaba cunha amplísima biblioteca. 
  5. A que fose a súa musa, a que lle inspirou precisamente poemas como A túa pupila é azul, deuse en chamar Julia Espín. Era unha atractiva cantante de ópera coa que nunca chegou a formalizar ningunha relación porque ela aspiraba a algo máis que a un escritor con vida bohemia. 
  6. Sempre mantivo unha relación moi estreita co seu irmán, o pintor Valeriano Bécquer. Tanto é así que, entre outras moitas cousas, chegaron a realizar un conxunto de láminas satíricas sobre a familia real que respondeu o título dos Borbóns en pelotas. Foron realizadas en acuarela por ambos e non se publicaron ata 1991, pois nas mesmas mostrábanse aos distintos membros daquela en situacións cotiás e pornográficas. 
  7. Escribiu en varios xornais e revistas da época, como sería o caso do Contemporáneo, A Ilustración de Madrid ou O Entreacto. 
  8. Tras morrer, e a pedimento do propio autor, varios dos seus amigos decidiron publicar as súas obras non só para conseguir que fose recoñecido senón tamén para que co diñeiro que se obtivese os seus fillos puidesen saír adiante. E é que como el mesmo díxolles antes de falecer: “se é posible, publicade os meus versos. Teño o presentimento de que morto serei máis e mellor coñecido que vivo”. 

Gustavo Adolfo Bécquer converteuse nun referente para multitude de lectores e de escritores. Entre estes últimos atópanse os afamados dramaturgos irmáns Álvarez Quintero. Ata tal punto chegaba a paixón destes polo poeta que, grazas á súa iniciativa, conseguiuse erixir erixir unha escultura na súa honra no famoso Parque de María Luisa en Sevilla

xoves, 16 de febreiro de 2023

Novidades: Que sabes da Guerra Civil e o franquismo?

A guerra civil e o franquismo contados para os máis pequenos

Que sabes da guerra civil? E do franquismo? Son acontecementos da nosa historia recente que aínda provocan fortes polémicas pero, ao mesmo tempo, son etapas bastante descoñecidas para as novas xeracións. 

Coñecer o pasado axúdanos a entender o presente. Este libro trata de explicar o que sucedeu de xeito ameno e obxectivo, contándonos tamén como era a sociedade e a vida diaria daquela época, daquel "tempo de silencio".

martes, 14 de febreiro de 2023

14 de febreiro cheo de poesía

 

Como todos os anos por estas datas revisamos cine, música, arte...romántico, nesta ocasión revisamos a poesía que máis nos gusta, e vos invitamos a botarlle unha ollada: están desorganizados e tedes que axudarnos a casar as dúas metades de cada un dos 28 poemas expostos na galería.

No boletín de participación por parellas podedes incluir a numeración das pezas estragadas dos poemas, e sempre atopade o autor, non nos deixedes coa incógnita da autoría!!!

domingo, 12 de febreiro de 2023

Tal día como hoxe... Julio Cortazar

Julio Cortazar morreu tal día como hoxe e por iso lembramos algunhas das súas citas:

“Las palabras nunca alcanzan cuando lo que hay que decir desborda el alma”.
“Andábamos sin buscarnos pero sabiendo que andábamos para encontrarnos”.
“La explicación es un error bien vestido”.
“No renuncio a nada, simplemente hago lo que puedo para que las cosas me renuncien a mi”.
“La cultura es el ejercicio profundo de la identidad”.
“¡Música! Melancólico alimento para los que vivimos de amor”.

sábado, 11 de febreiro de 2023

No Día das rapazas e a ciencia.... xogo de cartas

Mujeres na Ciencia” é un xogo de cartas que familiariza aos xogadores con cientícas sobresalientes e frecuentemente descoñecidas. Desta forma, o xogo ofrece modelos que poden servirlles de inspiración aos rapaces. Vos podedes imprimir o xogo de cartas a través deste arquivo, que grazas a Olga Martínez e o IES de Brión, xa as temos en galego. Este proxecto puido crearse grazas a unha campaña de financiación colectiva (crowdfunding). Moitísimas grazas a todos os que apoiaron a Luana Games!

Descobre 52 notables, a miúdo descoñecidas, Mujeres da Ciencia!

venres, 10 de febreiro de 2023

Novidades: banda deseñada en galego

 

Esta temporada estamos a mercar algunhas obras en banda deseñada que seguro vos gustarán. Premede nas imaxes para acceder ou ben escollede en novas incorporacións ou busca avanzada os termos banda deseñada e a lingua.

luns, 6 de febreiro de 2023

Novidade: Os seres queridos de Berta Dávila

Cinco anos despois de ser nai, a protagonista desta novela atópase inesperadamente na disxuntiva de decidir se quere volver selo ou non. O recordo doloroso do primeiro ano de crianza do seu fillo devólvelle un reflexo da experiencia que non resulta doado encaixar, atravesado pola culpa e o arrepentimento. Desde o relato das derradeiras semanas do ano, onde as reunións familiares se mesturan con acontecementos repentinos, a narradora fálanos da familia e da parella, dos lazos que non se escollen, pero tamén do loito, da amizade e da capacidade da literatura para recoller aquilo ao que nos custa poñerlle nome. 

Berta Dávila configura en «Os seres queridos», Premio Xerais de Novela 2021, un autorretrato incómodo sobre o que significa o amor maternal, unha historia que afonda nas arestas controvertidas da maternidade e confronta o relato edulcorado. Pero, por enriba de todo, a autora constrúe unha novela sobre os vínculos que nos atrapan e nos sosteñen, sobre se iso que somos é tamén o que queremos ser.

Entrevista en Nos TV

venres, 3 de febreiro de 2023

Fuera de control: Cómo llegar a adulto sin morir en el intento

 

Confidencial: Se non sabes como manexarche no instituto, non sabes por que o teu aspecto está a cambiar, como achegarche ás mozas... e ademais...ninguén che entende...Non desesperes!!! Este libro é unha guía para sobrevivir na adolescencia.

  • Adolescencia, a orixe. A inevitable transformación.
  • Guía para o amor: Na corda frouxa. Os segredos mellor gardados das mozas.
  • En busca de criterio: Cables invisibles.
  • Sociedade de adolescentes, S:A:: En sintonía co mundo.
  • Un novo comezo.

Unha guía para os mozos sobre os cambios que se producen durante a adolescencia. Este libro, especialmente recomendado para mozos a partir dos 13 anos, tamén comenta aspectos relacionados co lecer xuvenil, as tribos urbanas e os conflitos cos que os adolescentes se poden atopar.

Fuera de control: Cómo llegar a adulto sin morir en el intento xa na biblioteca.

mércores, 1 de febreiro de 2023

Nosas Meninas de Erasmus Dada


Durante a estadía no noso centro os días 15 e 16 de xaneiro dos alumnos de Erasmus provintes de Gales, Alemaña e Turquía organizouse nunha actividade plástico-festiva na que, con pincel na man, entrelazaron vínculos e falaron, non sabemos en qué, inglés, alemán ou a lingua dos signos, pero non deixaron de falar. A idea partíu de Carmen Ozema, a nosa artista favorita, quen dispuxo en grupos ao alumnado a compartir arte nuns días nos que o Olimpo caía a chuzos. Aquí vedes a producción rematada.

Grazas aos rapaces de 4ºESO por facelo posible.