mércores, 30 de abril de 2008

Crebacabezas na clase de Historia

Na teima por facer do Servizo de Biblioteca un recurso cotián para Profesores/as e alumnos/as, incorporamos aos Fondos un "puzzle" moi atractivo que, a xeito de liña de tempo en espiral debuxada coma se fose unha banda deseñada, percorre todas as Idades da Historia da Humanidade e amosa os acontecementos e os personaxes máis salientables. Un caderniño complementario para os alumnos identifica o que representa cada tramo que van construíndo.

Son cincocentas pezas para formar e entreter, e efectivamente está dando moi bon resultado en 4ºcurso: No grupo A tardaron en facelo... ¡8 días co único tempo dos recreos e algunha hora de ausencia de Profesor!, e ademais cunha participación xeralizada e entusiasta. Porque no só aprenden senón que compiten entre eles para ver quen coloca máis pezas en menos tempo; e seica algún Profe tamén o intentou pero...

Seguiremos contando.

VIVA POLAQIA!!!

Nestes días nos que a tele nos quere convencer de que se pode ser famoso porque si, hai xente que pensa, traballa e crea obras fantásticas por amor ó arte. Un exemplo, o colectivo Polaqia. Este colectivo de auto-editores de banda deseñada fundado na Coruña no 2001 leva publicados unha vintena de cómics. O último, o número 11 da revista BARSOWIA, xa o temos na biblioteca. Tanto se vos gusta o cómic como se non podedes atopar unha historia que vos guste. Paréceme un número moi bo con historias cheas de enxeño e fantasía.

E todo vindo de xente que ten que compaxinar a súa faceta artística con outras cousas para poder chegar a fin de mes.

Como vedes, hai outras formas de ser e de vivir que ademais aportan algo.

NORABOA POLAQIA.

Para saber máis cousas sobre banda deseñada galega, podedes visitar esta páxina.
Outras publicacións de POLAQIA.

Espero os vosos comentarios.


luns, 28 de abril de 2008

El Templo de las mil Puertas II





Como ya comentábamos en el mes de enero, es un placer encontrarnos con revistas sobre lectura dirigidas a los jóvenes. En El Templo de las Mil Puertas siguen abriendo puertas entrevistando a autores como Jordi Sierra i Fabra o Maite Carranza,reseñando a autores de antes como María Gripe o Roald Dahl, comentando en su sección de "No sólo libros" el cómic y el manga... y mucho más.
Por si os habíais olvidado, os traemos la segunda y tercera entregas.
Además de leerlas en pantalla, ahora tenemos la opción de descargarlas en PDF en una versión en blanco y negro para imprimir y ahorrar tinta.

sábado, 26 de abril de 2008

Welcome to Yoknapatawpha

Todos los años nuestros alumnos participan en las Jornadas Literarias que la Concejalía de Cultura del Concello de Neda organiza coincidiendo con el Día del Libro.
Este año están dedicadas al escritor norteamericano William Faulkner, como aclaramos en el artículo del 13 de este mes,y nuestros alumnos presentan una ponencia titulada "Welcome to Yoknapatawpha", donde recogen los aspectos más interesantes de la vida, obra y peculiar personalidad de este autor, apoyados en esta presentación.
Estamos especialmente orgullosos de esta actividad porque ha creado tradición hasta el punto de que esta es la tercera vez que estos mismos alumnos participan con una ponencia.
Ahora sólo nos queda preparar la convocatoria del año que viene dedicada a Virginia Woolf!!





xoves, 24 de abril de 2008

Mes do libro: Amor pola lectura


“O amor pola lectura é algo que se aprende pero non se ensina. Da mesma forma que ninguén pode obrigarnos a namorarnos, ninguén pode obrigarnos a amar un libro. Son cousas que ocorren por razóns misteriosas, pero do que si estou convencido é que a cada un de nós hai un libro que nos espera. Nalgún lugar da biblioteca hai unha páxina que foi escrita para nós". Alberto Manguel

mércores, 23 de abril de 2008

XIX Feira do Libro de Ferrol


Nestes días, en todas as cidades conmemórase o Día do Libro, e na nosa comarca, tal e como anunciabamos a semana pasada, ademais das Xornadas Literarias sobre William Faulkner de Neda, convócase a XIX Feira do Libro de Ferrol.
Nesta feira ademais de actividades lúdicas como maxia, conta contos, talleres de "cómic" ou papiroflexia, gozaremos coa participación de escritores como Manuel Rivas, Luís García Montero, Antón Cortizas, Paula Carballeira,Teresa Moure, Farruco Graña, Rosa Aneiros ou Rafael Lema.(Ver programa)

Non deixedes de aproveitar esta ocasión de atopar ese libro que vos está esperando!

E saberiades dicir que sucedeu tal día como hoxe? Por que se conmemora o día internacional do libro un 23 de abril?

Mes do libro: Día do libro


Carlo Frabetti deixounos,ademais das súas obras que xa son un agasallo, estas verbas adicadas a tod@s os que amamos os libros e as bibliotecas. Disfrutade da mensaxe e si queredes saber mais poñede en práctica esta proposta didáctica ou facede a vosa recomendación nas pegadas da biblioteca, como vos dixemos o domingo...

martes, 22 de abril de 2008

Día Mundial da Terra



O día 22 de abril conmemórase o Día da Terra orientado á toma de conciencia dos recursos naturais da Terra e a súa manexo, á Educación Ambiental e á participación como cidadáns/as ambientalmente conscientes e responsables.
O Día da Terra foi celebrado por primeira vez nos Estados Unidos, Canadá e varios países de Europa Occidental, o 22 de abril de 1970. O seu obxectivo era propiciar o desenvolvemento dunha conciencia ambiental en todos os membros da poboación mundial.
Se queres facer algo:
Join 1.000.000 people worldwide, it is our time to change the politics of climate, register to vote, sign our sky petition...and watch out your ecological footprint, comproba si a túa forma de vida é sostenible ou tes que modificala, fai o test!

luns, 21 de abril de 2008

Mes del libro:¿Quieres ser escritor?

Esta es una recopilación de las 20 normas básicas y decisivas que todo aspirante a escritor deberá tener en cuenta si quiere llegar a ser un novelista de éxito y codearse con los best-sellers. Algunas nos las han hecho llegar y otras son fruto de nuestra propia experiencia editorial. Cuantas más pautas se dominen, más posibilidades tendrá un autor de destacarse en su nueva profesión.
Aquí van:
1. Lo primero: conoser vien la hortografia.

Seguir leyendo...

(Vía Libros en Red)

domingo, 20 de abril de 2008

Mes do libro: Libros que deixan pegada I


Cando abrimos un libro abrimos unha fiestra ao mundo, a moitos mundos, porque grazas a eles temos nas nosas mans a ocasión de viaxar, de ver, de coñecer, de aprender, de vivir outras vidas...
Se tivesemos que lembrar esas viaxes, eses mundos que coñecemos a través dos libros con cal deles nos quedariamos? Cal dos nosos libros recomendariamos a alguén que quixera soñar?
Todos levamos a impronta duns libros que nos deixaron pegada, non teñen que ser obras mestras; ás veces non teñen a calidade literaria dun Premio Nobel, senón que é un libro liustrado, un conto que nos leron de pequenos ou un poema que nos chegou moi fondo...
Fai a túa recomendación na pegada que atoparás na biblioteca, con elas faremos un camiño cara á biblioteca onde exporemos unha selección dos libros favoritos no Esquío, e contesta a este cuestionario..., pero sobre todo disfruta da lectura porque "non hai mellor fragata para levarnos a terras afastadas" (Emily Dickinson)








View this quiz on Quibblo
More quizzes on Quibblo
Quibblo

venres, 18 de abril de 2008

El Lazarillo de Tormes


Lazarillo de Tormes es, sin duda, una de las obras más importantes de la literatura española. Su realismo supuso una carta de presentación de una nueva narrativa que Cervantes, con su inmortal Quijote, se encargó posteriormente de certificar. Esta aplicación LIM recoge, en un amplio resumen con 24 diapositivas powerpoint, los episodios principales en la biografía del protagonista. Le sigue un análisis de la obra centrado en el género, la autoría y la crítica religiosa y social de la novela. La última parte está formada por una serie de actividades donde el alumnado podrá poner a prueba sus conocimientos sobre la novela.

(Vía El tinglado)

martes, 15 de abril de 2008

Os top 10 de Leonardo



Leonardo da Vinci é para moitas persoas o prototipo de home do renacemento, de home que cultivou a arte, o pensamento, a ciencia e a tecnoloxía.

Hoxe é o seu aniversario pero... que coñecemos del?:

1.- O home vitruviano: Da Vinci modeló a súa forma humana perfecta baseándose nas proporcións postuladas por Vitruvius, un antigo arquitecto romano. O bosquejo que da Vinci realizou deste home con aspecto enfadado ten razóns para sonreir; agora é considerado unha das figuras máis reconocibles do mundo.
2.- Eras xeolóxicas: Placas tectónicas? ¡Ningún problema! A pesar de que a maioría dos seus contemporáneos explicaban a presenza de fósiles de moluscos nas cimas das montañas como restos do gran diluvio universal, Dan Vinci razoou dunha forma distinta.
3.- O vehículo autopropulsado: Non é un Ferrari, pero os deseños de da Vinci para un vehículo autopropulsado foron revolucionarios para a súa época. O seu "coche" de madeira, accionábase pola interacción de peiraos con rodas dentadas. Os científicos dun museo de Florencia construíron unha réplica en 2004 e descubriron que funcionaba tal e como da Vinci pretendía.
4.- A cidade ideal: Vivindo nunha Milán arrasada pola peste, da Vinci imaxinou unha cidade máis eficiente, á que el estaría orgulloso de chamar fogar. Os seus deseños arquitectónicos posúen un alto grao de detalle e ata inclúen cortellos para cabalos con tomas de ventilación para a entrada de aire fresco.
5.- O "helicóptero": Os científicos modernos están de acordo en que xamais se elevou do chan, pero o deseño de leste "helicóptero" de da Vinci sigue sendo unha das súas obras máis famosas. Este curioso dispositivo estaba pensado para ser operado por un equipo de catro persoas e podería haberse inspirado nun molinillo de xoguete popular en tempos de Leonardo.
6.- O canón de tres troneras: Sendo un pensador máis que un combatente, o pouco aprecio de da Vinci polos conflitos non lle detivo á hora de imaxinar deseños para canóns máis eficientes como este. Cos seus tres troneras e elevable mediante un gato, sería un arma temible no campo de batalla, rápido e lixeiro e cunha potencia de lume extra.
7.- O planeador alado: A imaxinación de da Vinci era fértil en ideas relacionadas con máquinas voadoras, incluíndo varios planeadores equipados con ás batibles. Este modelo de carcasa aberta, equipado con asentos e mandos para o piloto, non inclúe o deseño dun casco contra impactos.
8.- Ponte plegable: Sempre defensor das retiradas rápidas, da Vinci pensou que a súa ponte giratorio podería empregarse en tempo de guerra. Os lixeiros, pero robustos materiais, unidos a un sistema de enrolado a base de cordas e poleas, permitían a un exército recollelo e marcharse nun airiño.
9.- Equipo de inmersión: A fascinación de da Vinci polo mar espoleó moitos deseños encamiñados á exploración acuática. O seu traxe de mergullo, estaba feito de coiro e conectábase a unha manga de aire fabricada con canas e a unha campá que flotaba na superficie. Unha proba de que o artista era ademais un home práctico apréciase ao ver que o traxe incluía unha pequena bolsa para que o submarinista puidese ouriñar nela.
10.- Escritura especular: Foi unha estratagema para frustrar aos copiones do renacemento que miraban as súas notas, ou só unha forma de evitar as manchas de tinta dun zurdo ao escribir? Sexa cal for o motivo, a da Vinci seguramente lle gustaba a escritura especular: a maioría dos seus escritos están garabateados en modo investido.

domingo, 13 de abril de 2008

Mes do libro: VI Xornadas Literarias: William Faulkner


A Xornadas Literarias que se celebran en Neda en conmemoración do Día do Libro permiten facer de Galicia un lugar de referencia para o estudo da obra de autores como James Joyce, Marcel Proust ou Xullo Cortazar.
Este ano as xornadas dedícanse a William Faulkner e ao seu legado literario. Celebraranse os días 24,25 e 26 de Abril coa presenza dos escritores Ramón Pernas e Milagres Frías, os investigadores Rachel Olfft Basse (da Universidade de Nova York) e Ted Olson (da East Tennessee Universtity), e o escritor e tradutor da obra de Faulkner ao galego Xurxo Borrazás.
Ademais, como todos os anos, un grupo de alumnos do noso instituto achegará a súa visión do autor co relatorio "Welcome to Yoknapatawpha".
As xornadas organízanse en colaboración coa Facultade de Humanidades da UDC. A inscrición é gratuíta e obtense 1 crédito de libre configuración (pódese formalizar persoalmente na Casa da Cultura de Neda, por teléfono, fax ou e-mail: cultura@neda.dicoruna.es)

Animádevos e participade!!

Boletín de inscrición e programa de actividades.

sábado, 12 de abril de 2008

Benvido CEIP San Isidro!

Dos centros adscritos ao noso instituto, o CEIP San Isidro é o que nos dota do maior número de alumnos. É un centro especial porque forman unha piña, o equipo de profesores é único e cando os nosos alumnos falan deles, ilumínaselles a cara... por algo será. Acaban de inaugurar páxina web polo que lles damos a benvida a esta fiestra ao mundo.

martes, 8 de abril de 2008

Mes del libro: Arquitectura y bibliotecas

El Ministerio de Cultura ha puesto en red el proyecto Arquitectura y bibliotecas, desde el que quiere difundir el patrimonio arquitectónico de las bibliotecas públicas españolas. La web ofrece un recorrido visual por distintas bibliotecas públicas, mostrando imágenes de calidad de fachadas y espacios de los centros participantes. Asimismo, se ofrece la posibilidad de consultar de forma colectiva fotografías de diferentes bibliotecas, agrupadas por recorridos o itinerarios, ya sea por épocas, estilos o áreas geográficas. El proyecto se ha iniciado aportando imágenes de bibliotecas públicas de Granada, Guadalajara, Huelva, La Coruña, Las Palmas de Gran Canaria, Lérida, Salamanca, Teruel y Zamora. Se espera que este recurso vaya creciendo con las aportaciones de las diferentes bibliotecas públicas que deseen compartir imágenes de su patrimonio.

mércores, 2 de abril de 2008

Mes do libro: Que libro serías se as persoas fósemos libros?



"Todos temos un libro (novela, poemario, libro de contos, libreto, obra de
teatro, ensaio) ao que non só debemos agradecer a paixón que sentimos pola
Literatura, senón que marcou o rumbo das nosas vidas, non se trata do mellor libro escrito xamais, senón aquela obra que, ao lela, cambiounos para sempre".
A Escola de Escritores convoca a todos os internautas a celebrar o Día do Libro deste ano dunha forma diferente: revelando "o libro que seriamos se as persoas fosen libros".
Do 1 ao 23 de Abril poderase encher na páxina da Escola un formulario presentando un libro que polas súas características ou polas circunstancias nas que o lemos está tan unido a nós como para consideralo o noso outro eu.
Estos días estiven a falarlle ós meus alumnos de Hans Christian Andersen pola conmemoración de hoxe, da que falamos no post anterior, e por suposto coñecían "El soldadito de plomo", "El patito feo".... pero non sabían nada de "Las zapatillas rojas". Teño que pensalo con máis detemento, pero cando tiña oito anos impactoume terriblemente..., seguro que todos temos unha obra que aprenderiamos como facían os protagonistas da novela de Bradbury Fahrenheit 451.
Cal sería a túa? Por curiosidade, accede ao cuestionario e elixe... unha tarefa nada fácil.