mércores, 10 de decembro de 2025
martes, 9 de decembro de 2025
mércores, 3 de decembro de 2025
El porno NO mola
Desde que Internet ha puesto el porno al alcance de todo el mundo, el primer contacto con él se da a una edad cada vez más temprana y su consumo en la adolescencia se ha disparado. En este libro te explicamos cinco razones por las que el porno no mola y te ofrecemos herramientas para que no se convierta en tu educador sexual.
El porno No mola es una obra imprescindible para que entiendas cómo te afectará ver porno y puedas tomar tus propias decisiones. Una herramienta pedagógica para afrontar una de las mayores preocupaciones sociales del momento.
En este libro aprenderás:
- ¿Qué es el porno?
- ¿En qué se diferencia el porno del sexo real?
- ¿Tener curiosidad por la sexualidad es malo?
- ¿Qué es la violencia sexual?
- ¿Qué problemas sexuales puede generar el porno?
- ¿Por qué el porno es un pésimo educador sexual?
A partir de 11 años, pero léelo y valóralo según tu criterio y cómo sea ese chico o chica.
martes, 2 de decembro de 2025
Día Mundial para a abolición da escravitude
Segundo as últimas estimacións da Organización Internacional do Traballo (OIT), o traballo forzoso e o matrimonio forzado han aumentado considerablemente no últimos cinco anos. En 2021 había 10 millóns máis de persoas en situación de escravitude moderna en comparación con 2016, o que eleva o total a 50 millóns en todo o mundo. As mulleres e os nenos seguen sendo desproporcionadamente os máis vulnerables.
A pesar de non estar definida na lei, a escravitude moderna utilízase como un termo xeral que abarca prácticas como o traballo forzoso e o matrimonio forzado. Fai referencia a situacións de explotación das que unha persoa non pode escapar debido a ameazas, violencia, coerción, engano ou abuso de poder.
A escravitude moderna dáse en case todos os países do mundo, e traspasa todas liñas étnicas, culturais e relixiosas. Más da metade (o 52%) de todos os traballos forzados e unha cuarta parte de todos os matrimonios forzados atópanse en países de renda media-alta ou alta.
A OIT adoptou un novo Protocolo legalmente vinculante deseñado para reforzar a loita contra o traballo forzoso en todo o mundo, que entrou en vigor en novembro de 2016.
Seguir lendo na web da UNESCO. ou na de Nacións Unidas
luns, 1 de decembro de 2025
1 de Decembro: Día Internacional do SIDA
mércores, 26 de novembro de 2025
Marilar Aleixandre, primeira doutora honoris causa da Universidade de Almería
Continuar lendo aquí.
martes, 25 de novembro de 2025
25 Novembro: Contra a violencia de calquera signo
O Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller celébrase anualmente o 25 de novembro para denunciar a violencia que se exerce sobre as mulleres en todo o mundo e reclamar políticas en todos os países para a súa erradicación. Pero nos queremos destacar que dita violencia non só é contra a muller, senón contra todos os membros da unidade familiar.
Este ano queremos achegarvos unha selección dos fondos da nosa biblioteca entre os que destaca Invisibles, unha obra imprescindible para pensar no mundo que nos rodea e o que queremos ter. Tamén deixamos a guía didáctica da obra da que os nosos alumnos falaron coa autora o curso pasado, antes da pandemia... parece tan loxe xa.
luns, 24 de novembro de 2025
Cuestionate: Loita pola igualdade
xoves, 20 de novembro de 2025
Exposición Dalí-Arte-Dalí-Ciencia-Dalí-Soño-Dalí-Realidade-Dalí
Esta exposición que podemos desfrutar estes días no noso instituto IES Fernando Esquío naceu o 11 de maio do ano 2004, data do “cumprecentenario de Dalí”. É resultado da análise da obra deste xenio, levada a cabo por un grupo de seis profesoras de distintas disciplinas de secundaria do “Instituto de Educación Secundaria Castro da Uz” nas Pontes de García Rodriguez.
A orixe desta exposición estivo no propósito de mostrar que a ciencia forma parte do cotián e que debería verse como algo cercano e no tan difícil de comprender. A ciencia trátase, en xeral, como algo inhóspito, lonxano, casi coma un inimigo disposto a nos facer máis dura e “tortuosa” a aprendizaxe. Os nosos alumnos, en ocasións desculpados polo sistema educativo, temen ás matemáticas e á física, e venas inalcanzables.
Nós pensamos que a ciencia forma parte da nosa historia, da nosa evolución. As sociedades evolucionan en función do seu desenvolvemento científico. Con esta exposición, pretendemos dar a mensaxe de que a ciencia non está rifada con disciplinas aparentemente tan distantes como a arte. Ó longo da historia, artistas como Leonardo mostráronnos que a arte e a ciencia tiñan moito máis en común do que en moitas ocasións admitimos.
Pero, ¿por que Dalí? Ademais de porque o ano 2004 foi o seu ano, porque Dalí tiña un grande interese pola ciencia, estaba ó tanto de todos os descubrimentos científicos que se producían e sentía unha grande fascinación pola técnica.
En ningún momento pretendimos con este traballo xustificar ou nin sequera plantexar a cuestión sobre a relación que Dalí tiña coa ciencia: que coñecía ou si a súa obra esconde todo o que se lle quere atribuír. Para nós Dalí, a súa obra, é a desculpa, o vehículo para tratar distintas cuestións relacionadas coas matemáticas ou coa física, … algo así como o azucre do xarope.
Do que non temos dúbida é de que despois de coñecer algo máis da vida e da obra de Dalí, descubrimos un pintor extraordinario e unha personalidade moito máis profunda do que a súa excentricidade deixaba ver. Pero a intención é que cada un reflexione e saque as súas propias conclusións.
Por último, pode parecer estraña a inclusión da música entre os contidos da exposición, pero parecéronnos tan fermosos os cadros que non resistimos a tentación de incluílos. Ademais, arte, ciencia e música .... ¿No é unha boa combinación?
María José Vergara Leonardo
martes, 18 de novembro de 2025
III Concurso de postal de Nadal científica
O EDLG e a Biblioteca convocan o III Concurso de postal de Nadal científica. Tes ata o 12 de decembro para participar. Anímate, que hai premio! Consulta as bases aquí.
luns, 17 de novembro de 2025
100 Misterios de la pubertad ... para chicas y para chicos
Creencia popular: la adolescencia es una etapa de la vida que los chicos tienen que atravesar por sí solos, y en donde no hace falta enseñarles nada. ¡FALSO! Según los estudios, los adolescentes que no están informados sobre los desafíos de esta etapa tienen un 48% más de probabilidades de provocar embarazos no deseados, caer en adicciones, desarrollar baja autoestima y experimentar problemas de salud mental.
A puberdade pode parecer un territorio descoñecido, cheo de preguntas que a miúdo custa formular. Con "100 Misterios de la pubertad para chicas" e "100 Misterios de la pubertad para chicos" , a autora Magda Pabst ofrece unha guía clara, directa e baseada en estudos científicos para axudar aos adolescentes para comprender mellor os cambios físicos, emocionais e sociais que viven nesta etapa tan intensa da vida.
Os libros abordan cuestións como os cambios corporais, a saúde mental, a autoestima, a sexualidade, as adiccións, a amizade e o uso da internet. Cunha linguaxe próxima e sen tabús, pensado para mozos a partir da preadolescencia, é unha lectura que non só informa, senón que tamén empodera.
Ademais, é unha ferramenta moi útil para familias e educadores que queiran acompañar aos mozos con empatía e coñecemento. En definitiva, un libro necesario para romper silencios e abrir conversacións importantes.
luns, 10 de novembro de 2025
O Día da Ilustración homenaxea a Siro
mércores, 5 de novembro de 2025
Celebración do Samaín
O pasado xoves 30 de outubro celebramos o Samaín no noso IES. Antes do recreo, a marcha da Santa Compaña, capitaneada pola nosa encargada de Biblioteca, Begoña, desfilou polo corredor e polas aulas, acompañada dunha melodía terrorífica a cargo de alumnado de 3º da ESO, que tocou xunto coa súa profe de Música, Teresa.
Ademais, tamén alumnado de 3º da ESO fixo un túnel do terror no que había que ser moi valente para atreverse a entrar. Pero isto non foi todo, senón que durante a celebración repartíronse os premios do concurso de microrrelatos de Samaín e puidemos desfrutar dun rico chocolate.
Os titores e titoras tamén fixeron un labor mrabilloso para ambientar o instituto e decoraron portas e taboleiros das aulas co seu alumnado. Por último, os estudantes de Anatomía aplicada de 1º de Bacharelato fixeron uns magníficos traballos sobre enfermidades terroríficas, relacionándoas con diversas personaxes do Samaín.
Deixámosvos un resumo da nosa celebración na presentación!
luns, 27 de outubro de 2025
Ledicia Costas, David Uclés e Lídia Jorge gañan o Premio San Clemente
Pel de cordeiro (Xerais), de Ledicia Costas; La península de las casas vacías (Siruela), de David Uclés; e Misericordia (La Umbría y La Solana), da autora portuguesa Lídia Jorge, son as novelas gañadoras da 29.ª edición do Premio Arcebispo Juan de San Clemente, que tne como particularidade que o xurado está formado por alumnado de bachillerato de dez centros educativos de Galicia, Madrid, Reino Unido, Francia e Alemaña.
Seguir lendo en La Voz de Galicia
sábado, 25 de outubro de 2025
Polo Samaín... novo concurso terrorífico
venres, 24 de outubro de 2025
24 de Outubro Día das Bibliotecas Escolares : contra a desinformación
Este ano, o Día das Bibliotecas, 24 de outubro, dedícase a un tema de máxima actualidade: a loita contra a desinformación. Con este motivo, La Voz de Galicia comparte un contido informativo de interese para os centros educativos, co obxectivo de concienciar ao alumnado sobre a importancia de acceder a fontes fiables, contrastar información e desenvolver o pensamento crítico.
O xornalista César Rodríguez ofrecerá un relatorio sobre a IA (desInformAción) na biblioteca do IES Urbano Lugrís, de Malpica, na que se abordarán cuestións como que é a desinformación, en que contexto se produce, a IA e a sabedoría das multitudes: algo é certo se se repite moito, imaxes e vídeos: autopistas para a desinformación e facilitará pautas para combater a desinformación clásica e a nova.
A charla, pensada para alumnado de educación secundaria emitiuse en directo por diferentes canles de La Voz de Galicia e o seu programa educativo (Prensa-Escuela) e eiquí a reproducimos completa:
24 Outubro Día das Bibliotecas Escolares: gañadores do concurso Astérix e Obélix
xoves, 23 de outubro de 2025
Bicentenario do nacemento de Avelina Valladares
A pesar de ter unha profunda formación relixiosa, Avelina rompeu coas normas sociais da súa época, rexeitando unha e outra vez os pretendentes que viñan "salvala" da súa soltería. A emigración, Galicia, a orfandade, a fe e a súa propia familia foron temas recorrentes nas súas composicións.
Ademais dos seus textos, a autora deixou constancia do seu talento en composicións musicais e en debuxos.
martes, 21 de outubro de 2025
Antía Yáñez gaña o premio Raíña Lupa
Antía Yáñez vén de gañar o premio Raíña Lupa de literatura infantil 2025, convocado pola Deputación da Coruña, pola súa obra Bragakadabra. O xurado destacou por unanimidade o humor, a imaxinación, a fantasía e a tenrura da obra, así como a reflexión que propón o libro sobre a capacidade de superación persoal e o empoderamento nun relato pensando para lectores novos pero de alcance universal.
Anímate a ler algunha das obras desta autora. Temos moitas delas na nosa biblioteca!
luns, 13 de outubro de 2025
Día das Escritoras
Como en edicións anteriores, a data elexida é o luns máis cercano á festividade de Teresa de Jesús, o 16 de outubro. A X Edición celébrase este ano 2025 o 13 de outubro baixo o lema "1975: Escribide, compañeiras!l".
"As escritoras activas ao redor de 1975 reflicten en moitas das súas obras o desexo dun cambio profundo e radical nas vidas das mulleres, denuncian a falta de liberdade e de autonomía, dan testemuño do que ocorre fóra de España, esixen unha nova orde amorosa e un cambio nas leis que as veu marxinando durante o franquismo". Anna Caballé, comisaria de la X edición del Día de las Escritoras
Desde as bibliotecas escolares propomos que se visibilice a obra das escritoras galegas, ben a través dunha exposición, ben lendo fragmentos nunha maratón literaria ou mesmo nos clubs de lectura ou a través de actividades de investigación, exploración ou creación...
Na selección de textos en galego a transcrición dos distintos fragmentos decidiuse manter a ortografía da escrita orixinal previa ás convencións derivadas das Normas Ortográficas e Morfolóxicas do Idioma Galego de 1983. Alén de ser unha mostra da literatura do momento, é tamén un reflexo das dificultades que comportaba escribir nunha lingua que carecía dunhas normas ortográficas e morfolóxicas estables.
Vaia con esta escolma o noso agradecemento e recoñecemento a estas dez autoras, mulleres que nos anos 70 publicaron en galego, pola súa obra e o seu compromiso coa nosa lingua e a nosa cultura.
SELECCIÓN DE TEXTOS EN GALEGO (Colaboración de Amelia Outeiro, Alexandra Cabana, Pilar Sampedro e Eduard Velasco)
venres, 10 de outubro de 2025
Contando ciencia de novo na Casa da Cultura de Fene
Novo Premio Nobel de Literatura 2025
László Krasznahorkai, un dos narradores máis orixinais da literatura europea, foi distinguido co premio Nobel de Literatura 2025.
O autor húngaro ha creado ao longo dos anos unha obra literaria singularísima, e talvez por iso comparoulla a miúdo coa doutros autores únicos na súa especie, como Kafka–o seu heroe literario–, Gógol, Beckett ou Bernhard. A desolación, a apocalipse e o absurdo, que constitúen o pano de fondo do seu mundo narrativo, non están rifados na súa obra coa procura da beleza ou o amor á natureza como reflexo da divindade. Aínda que Krasznahorkai afirmase que escribir é para el algo tan enigmático como «bailar no inferno», aos lectores a súa misteriosa danza parécenos máxica unha e outra vez.
domingo, 5 de outubro de 2025
Día do Docente
Celebrado anualmente o 5 de outubro desde 1994, o Día Mundial das e os Docentes conmemora o aniversario da subscrición da Recomendación da OIT e a UNESCO relativa á Situación do Persoal Docente (1966). Esta Recomendación establece criterios de referencia en canto aos dereitos e responsabilidades do persoal docente e normas para a súa formación inicial e perfeccionamento, a contratación, o emprego, e as condicións de ensino e aprendizaxe. A Recomendación relativa á Condición do Persoal Docente do Ensino Superior foi adoptado en 1997 para completar a Recomendación de 1966, abarcando así o persoal docente e de investigación do ensino superior.
É un día para celebrar como os e as docentes están a transformar a educación, para reflexionar sobre o apoio que necesitan para despregar plenamente o seu talento e vocación, e para repensar o camiño que queda por diante con respecto á profesión a nivel mundial.
O Día Mundial das e os Docentes convócase en colaboración co UNICEF, a Organización Internacional do Traballo e a Internacional da Educación.
xoves, 2 de outubro de 2025
Falece Jane Goodall
Hoxe dedicamos este post á etóloga británica Jane Goodall, falecida onte aos 91 anos de idade, e quen é considerada a maior experta mundial en chimpancés. Estudounos durante máis de 60 anos en estado salvaxe e descubriu neles pautas de conduta e habilidades descoñecidas ata entón. O seu traballo foi fundamental para comprender as raíces do comportamento humano, dada a proximidade evolutiva das dúas especies.
mércores, 1 de outubro de 2025
Astérix e Obélix...e tamén Ideafix claro
Visitade a web oficial da saga e saberedes máis da nova película... e no corredor do centro os nosos fondos:
- Aprende a debuxar aos nosos personaxes.
- Atopa a entrevista a Astérix e Obélix sobre a súa nova aventura.
- Fíxate se na nosa biblioteca están todos os álbumes-cómic
- Descobre as películas de animación e as de personaxes reais
- Quen é quen entre os galos e entre os romanos...incluso os outros personaxes.
martes, 30 de setembro de 2025
No Día das Bibliotecas Escolares... Astérix e Obélix
A piques de sair unha nova aventura de Astérix e Obélix, nesta ocasión en Lusitania, queremos invitarvos a descubrir esta saga tan marabillosa con motivo do Día das Bibliotecas Escolares o 24 de outubro.
Desde a primeira publicación dunha tira cómica de Astérix no primeiro número da revista Pilote o 29 de outubro do 1959, as aventuras de Astérix o Galo teñen percorrido un longo camiño: 40 álbumes de banda deseñada, 5 álbunes ilustrados, libros especiais e edicións de luxo moi buscadas polos coleccionistas...Esta saga traducíuse a máis de 110 idiomas e dialectos, é imprescindible!!
Para iso vos propoñemos un xogo, un concurso; no que teredes que demostrar canto sabedes dos irreductibles galos. Teredes que cubrir correctamente os boletíns do concurso e deixalos na biblioteca antes do 22 de outubro. As parellas gañadoras serán nomeadas o venres 24 de outubro e na festa do Samaín teremos a entrega de premios.
NON DEIXEDES DE PARTICIPAR
martes, 23 de setembro de 2025
II Concurso de microrrelatos de Samaín
xoves, 18 de setembro de 2025
luns, 23 de xuño de 2025
Revista Trovador Esquío
Tras meses de traballo e para pechar este curso, por fin podemos compartir con vós o primeiro número da revista Trovador Esquío, na que se recollen moitas das actividades realizadas ao longo do curso polos diferentes niveis e grupos. Esperamos que vos guste e que en edicións posteriores vos animedes a participar con máis crónicas!
venres, 20 de xuño de 2025
Letras Galegas 2026: Begoña Caamaño
A Real Academia salda unha débeda co feminismo e co xornalismo: Begoña Caamaño, Letras Galegas 2026.
A xornalista e autora Begoña Caamaño (Vigo,1964 - Santiago de Compostela,2014) será a protagonista das próximas Letras Galegas. Así o anunciou este venres a Real Academia Galega (RAG) nunha rolda de prensa no pazo de María Pita, en A Coruña, onde a institución ten unha das súas sedes mentres se reforma o seu edificio na cidade.
O presidente da Real Academia Galega, Henrique Monteagudo, subliñou que as Letras do 2026 serán «unha oportunidade para coñecer a unha figura tan inspiradora como é a de Caamaño». Ademais, sinalou que tamén serve para poñer o foco nos xornalistas «nun momento histórico oportuno para isto». Sobre a súa obra, indicou que aborda a mitoloxía clásica e artúrica. En canto a súa traxectoria profesional, apuntou que se centrou «na defensa dunha profesión xornalista e crítica».
Seguir lendo en La Voz de Galicia
mércores, 11 de xuño de 2025
luns, 2 de xuño de 2025
venres, 30 de maio de 2025
martes, 20 de maio de 2025
Novidade: De nenas a lendas: 15 historias de emprendemento feminino
venres, 16 de maio de 2025
Festexando as Letras
Hoxe festexamos por todo o alto o Día das Letras Galegas no IES: o alumnado de 3º da ESO recitou un poema da obra Cantares gallegos, de Rosalía de Castro e, ademais, un grupo de profesores/as e alumnos/as tocou música tradicional galega e bailou no patio do centro, mentres outros cantaron ao son da música. Deixámosvos uns vídeos da celebración e o enlace para ver a galería de fotos.
mércores, 14 de maio de 2025
Premios I Concurso de poesía
Imos cun pouco de retraso neste final de curso no que o tempo non nos chega, pero por fin publicamos as fotos da entrega de premios do I Concurso de poesía.
As gañadoras do concurso foron:
- Noelia Casal Otero, de 2º A ESO, na categoría de haikus.
- Aldara Pérez Serantes, de 1º B da ESO, na categoría de poesía escura.
- Isabela Abeledo França, de 1º A ESO
- David Abeledo Feal, de 2º A ESO
- Simón García Sisto, de 2º A ESO
- Laura Tojeiro Fraga, de 2º B ESO
venres, 9 de maio de 2025
A xeometría na Alhambra
luns, 5 de maio de 2025
Eva Mejuto na nosa biblioteca
xoves, 24 de abril de 2025
Coñecendo a xeoloxía da nosa contorna
O 22 de abril, o alumnado de Bioloxía, Xeoloxía e Ciencias Ambientais de 1º A de Bacharelato tivo a oportunidade de realizar unha saída para coñecer a xeoloxía da contorna do centro. Os/as estudantes estiveron no Coto de Ancos, onde puideron ver in situ os ortogneis característicos do lugar, así como comprender a formación da ría de Ferrol. Así mesmo, visitaron Penas Louseiras, onde descubriron as lousas verticais características da zona, así como as corneanas formadas como consecuencia do metamorfismo de contacto entre as lousas e os granitos. Por último, estiveron tanto a pé da fervenza do Belelle, como observándoa desde o miradoiro de Viladonelle, aprendendo sobre a formación das marmitas de xigante. Todo isto grazas ao xeólogo Francisco Canosa, que foi o guía da nosa visita.
Trátase dunha saída organizada polo Departamento de Bioloxía e enmarcada no Plan Proxecta Antonio Fraguas Fraguas, co obxectivo de coñecer o patrimonio xeolóxico próximo ao centro educativo.
mércores, 23 de abril de 2025
domingo, 20 de abril de 2025
XX Xornadas Literarias adicadas a Alfonso Daniel R Castelao
A figura de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao será a protagonista da vixésima edición das Xornadas Literarias de Neda. O evento cultural, que se presentou na Facultade de Humanidades e Documentación do Campus de Ferrol, ofrecerá entre o 24 e o 27 de abril unha visión ampla de quen para moitos é o intelectual galego máis destacado do século XX. Escritor, político, debuxante, investigador…
A apertura das Xornadas literarias terá lugar o 24 de abril, a partir das 18 horas, na Casa das palmeiras, cunha intervención da rapazada que integra o Club de lectura Pantasmas de papel, do IES Fernando Esquío, e máis a conferencia do escritor e crítico literario Manuel Rei Romeu: “Castelao desta terra e deste tempo”.
venres, 11 de abril de 2025
xoves, 10 de abril de 2025
Rutas xeolóxicas
Esta semana santa, o Xeoparque de Cabo Ortegal organiza dúas XeoRutas guiadas en autobús:
- O venres 18 de abril, a XeoRuta da Costa, percorrendo a costa de Loiba.
- O domingo 20 de abril, a XeoRuta do Interior, visitando Pico Ferreira, os muíños de Loureiro e unha histórica canteira de toelo.
Tedes aquí toda a información. Dádevos présa, que as prazas son limitadas!
martes, 8 de abril de 2025
Cienciaflix
No mes do libro e da lectura, desde o Club de ciencia do noso IES fixéronnos unha serie de recomendacións de lecturas científicas que nos parecen moi interesantes e que compartimos con vós. Animádevos e levade algunha delas para estas vacacións de Semana Santa!
luns, 7 de abril de 2025
Novidades: Amar (o como se llame)
- Irene Gijón Caso por Trepadoras
- Paula Cubero Timón por Se busca
- Tania Rivero Rodríguez por Caleidoscopio
- Ana Belenguer Martín por Pasatiempos
- Gonzalo Sánchez Arias por De los sueños y el mar
- Esther Martínez Cartas por Daltonismo emocional
- Clara Molero Guío por Como dos teteras que sucumben al éxtasis
- Ignacio Llanes por Más o menos mágico
- Gabriela Portillo Menéndez por Pendiente de un hilo
- Julen Azcona Martín por No sé, dieciocho
venres, 4 de abril de 2025
Novidade: Los lobos esperan
−¿Estabas borracha? Nora se sintió arder de furia. Estaba harta de aquella pregunta. ¿Qué diferencia suponía que estuviera borracha o colocada o drogada o sobria, o si llevaba un vestido de campesina o un tanga, o si conocía a esos chicos, o si nunca los había visto en la vida?
Nora ha aparecido tirada en la hierba de un campo de golf. No recuerda nada desde que se bebió un refresco que alguien le dio hasta ahora mismo, cuando la ha despertado su amiga...
... Cam, que ha encontrado a Nora inconsciente. La cosa podría haber sido mucho peor, porque, hace un rato, Nora estaba rodeada de tres desconocidos a los que, por suerte, hizo huir...
... Adam Xu, el chico tímido y empollón de su curso. El mismo que empezó a crecer hace poco y ahora es deportista; el mismo que lleva desde cuarto de primaria enamorado en secreto de la chica perfecta:
Nora. Que solo quiere olvidarse de lo que ha ocurrido.
Pero lo que ha pasado no solo le ha pasado a ella: les ha pasado, y les sigue pasando, a todas las mujeres de su pueblo. De su estado. De su país. Del mundo...
xoves, 3 de abril de 2025
mércores, 2 de abril de 2025
Día do Libro Infantil e Xuvenil
luns, 31 de marzo de 2025
Visita ao Salón do Libro 2025
O pasado venres 28 asistimos ao Salón do Libro de Pontevedra xunto có club de lectura do IES de Breamo. Ademais da nosa visita guiada ao Salón disfrutamos dun encontro con Fran Alonso quen nos presentou a súa última obra "A revolta da lectura", asistimos ao musical Os miserabeis interpretado polo alumnado e profesorado do IES Illa de Ons de Bueu, visitamos no Museo Provincial os fondos da exposición arqueolóxica que teñen así como a sala Castelao coas súas obras... un pracer no Ano Castelao no que lembramos os 75 anos do seu pasamento.
venres, 28 de marzo de 2025
Día das Artes Galegas 2025
Este ano, o Día das Artes Galegas, que se conmemora o 1 de abril, está dedicado a Isaac Díaz Pardo. O EDLG elaborou a presentación que podedes ver nas diapositivas, que xa se atopa colocada no corredor do noso IES. Non deixedes de aprender sobre este referente cultural galego tan importante!
xoves, 27 de marzo de 2025
Día Mundial do Teatro
venres, 21 de marzo de 2025
Día internacional dos bosques... os nosos pulmóns e unha novidade
Sabes, de verdad verdadera, como es que funcionan los bosques? En un bosque todo está conectado. Pero además, todas las personas estamos también conectadas con los bosques. Y es que, sin duda, el bosque es nuestra casa. Entra en este libro y descubrirás un montón tan grande de cosas alucinantes (y que muy poca gente sabe) que te convertirás en especialista en bosques. Garantizado!
Con O bosque é a nosa casa atoparedes moita información.
mércores, 19 de marzo de 2025
Semana do Cinema Galego
Do 26 ao 29 de marzo, terá lugar a sexta edición da Semana do Cinema Galego, que se levará a cabo no Teatro Colón da Coruña. Durante estes catro días exhibiranse oito das producións máis recentes e recoñecidas da industria cinematográfica asinada en Galicia. A entrada é de balde ata completar aforo. Tedes toda a información sobre a programación aquí. Non vos perdades este evento!
martes, 18 de marzo de 2025
Novidades: Unha noite no tren da Vía Láctea
luns, 17 de marzo de 2025
Día do Cómic e do Tebeo
O 17 de marzo celébrase o Día do Cómic e do Tebeo e nós queremos conmemoralo recomendándovos a novela gráfica Rosalía Oculta, Premio Castelao de Banda Deseñada 2023, xa está á vosa disposición na nosa biblioteca.
Deixámosvos a continuación a sinopse:
Rosalía de Castro foi, sen ningunha dúbida, unha muller avanzada ao seu tempo. En pleno século XIX, cando a vida das mulleres practicamente se reducía ao fogar, unha escritora nova loita por expresarse libremente nunha sociedade que a ignora e a censura. A súa obra fálanos da súa terra, da opresión e da marxinación do pobo, de temas tan actuais como o feminismo, as diferenzas entre clases, a emigración, a Igrexa e a androxinia. Só podemos alcanzar a xuntar unha pequena parte do quebracabezas que compón a súa persoa e iso é, en definitiva, o que tenta mostrar esta novela gráfica.
I Concurso de poesía
O próximo 21 de marzo celébrase o Día Mundial da Poesía, que conmemora unha das formas máis preciadas da expresión, identidade e lingüística da humanidade. Nós queremos contribuír a conmemorar este día e, por iso, desde o EDLG e a Biblioteca, lanzamos o I Concurso de poesía, no que podedes participar a través de dúas categorías:
- Categoría A: creación de haikus
- Categoría B: poesía escura
Consultade aquí as bases.
Animádevos a participar, que hai premio!
venres, 14 de marzo de 2025
Día de Pi
Hoxe celébrase o Día de Pi e nós queremos conmemoralo co poema que a poeta polaca Wislawa Szymborska escribiu en 1976 e que vos deixamos a continuación. Esperamos ter feito unha tradución o máis fiel posible ao poema orixinal e que vos guste.


































