mércores, 21 de decembro de 2022

Qué miras bobo?

 

Agora que rematou o mundial de fútbol en Qatar, lembramos algún dos sucedidos como por exemplo a frase que dixo Messi nun momento de agobio, pero sabíades onde podemos atopar esta inscrición?

"Qué miras bobo?" é a curiosa inscrición que decora un dos medallóns de pedra do mosteiro de Samos. Pódese ver paseando polo claustro gótico, construído sobre o anterior de estilo románico, que foi destruído por un incendio a mediados do século XVI. Na web do mosteiro fan referencia ao rechamante gravado como bo exemplo da “picaresca medieval”. As letras vermellas fan que a inscrición, escrita “en forma xeroglífica”, sexa aínda máis atractiva a ollos do lector. Ao parecer, esta frase humorística é atribuída a Pedro Rodrígues, un mestre canteiro monfortino que se encargou de levar a cabo as obras da reconstrución do claustro entre 1562 e 1582 seguir lendo en GCiencia.

Pero non é a única mostra da picaresca dos canteiros de calquera época, son moitas as esculturas e gravados nos que os canteiros destacaban as súas ideas e protestas como os modernos fan hoxe grafitis.

martes, 20 de decembro de 2022

Recomendacións de lecturas para o Nadal

Por se o queredes ver os enlaces.

Novidade exclusiva asinada polo autor: O lume de David Rubín

Seguro que non lembrades a David Rubín, un dos nosos ilustradores e autores favoritos máis creativos, que veu de visita por alá no 2015.

Acaba de presentar a súa última obra O lume, e como temos contacto con él, nola asinou e dedicou ao club de lectura.

Un inmenso asteroide aproxímase á Terra en traxectoria de colisión. Alexander Yorba, un afamado arquitecto de mediana idade, é o encargado de idear e levantar con urxencia unha colonia lunar para asegurar a pervivencia da humanidade #ante o inevitable desastre. Inmerso na devandita construción, diagnostícaselle un tumor cerebral en fase terminal; apenas lle restan de vida os mesmos meses que faltan para que o asteroide choque co noso planeta. Este dramático feito fará que se reformule a súa propia natureza profesional e persoal, o que lle leva a renunciar aos seus labores na colonia para reunirse coa súa familia, coa que apenas tiña contacto. Unha decisión que desencadeará unha serie de fatídicos acontecementos que danarán o crédito profesional e a vida familiar de Alexander, condenándoo a vagar nunha dramática, visceral e reveladora odisea por diferentes lugares do mundo; unha desesperada carreira cara ao fin dos tempos, contra a morte, a tolemia e a súa propia e atormentada conciencia.

Estamos desexando ler esta obra tan agaiolante. Esta edición de Demo Editorial contén unha ilustración que enmarcaremos, a edición en castelán de Astiberri pon á venda o making of da obra cos borradores orixinais.

Grazas David pola dedicatoria.

luns, 19 de decembro de 2022

Xa estamos quentando motores para a V Olimpiada Cultural


A Olimpiada Cultural vai comezar e por iso vos invitamos a participar, será un reto estimulante que faremos por parellas seguindo as tres categorías doutros anos:

  • Junior   primeiro ciclo da ESO
  • Genius  segundo ciclo da ESO
  • Máster  bacharelato

Para participar tedes que inscribirnos na aula virtual seguindo as instruccións que atoparedes en Biblioteca e indicar nome do equipo e de membros, sempre da mesma categoría, tamén podedes  coller o boletín de inscripción que hai na biblioteca física. Tedes ata o vindeiro 24 de xaneiro para inscribirvos porque a Olimpiada comezará o 30!!!

Lembrade que tedes as preguntas dos anos anteriores no site da Olimpiada. Lede e as bases do concurso para coñecer cada unha das probas e lembrade que atopar os enigmas en libros para a Pregunta do día vos dará comodíns, así anulades erros nas respostas.

Ánimo e non deixedes de participar!

venres, 16 de decembro de 2022

Novidade: Destino Santiago


A piques de rematar este Ano Santo tan atípico pois non sempre un ano dura 2...., vos achegamos esta obra en banda deseñada que vos fará ver o peregrinaxe doutro xeito.
Non deixedes de coller esta entrega de Demo Editorial, Destino Santiago.

sábado, 10 de decembro de 2022

Derechos Humáns

O 10 de decembro de cada ano, o mundo celebra o Día dos Dereitos Humanos, o mesmo día en que, en 1948, a Asemblea Xeral das Nacións Unidas adoptou a Declaración Universal dos Dereitos Humanos.

O lema do Día dos Dereitos Humanos deste ano é "Dignidade, liberdade e xustiza para todos e todas" e o chamamento á acción é #StandUp4HumanRights.

xoves, 8 de decembro de 2022

Adiccións e saúde mental


A través das historias de dous adolescentes este vídeo tenta sensibilizar sobre as adiccións sen substancia (tales como os videoxogos, xogos de azar, redes sociais, etc) como as adiccións con substancia (alcol e outras drogas).

Con motivo do Día Internacional contra o Tráfico Ilícito e o Abuso de Drogas Saúde Mental España dá a coñecer unha serie de materiais, dirixidos a persoas mozas, co obxectivo de traballar na sensibilización e prevención das adiccións con e sen substancia neste sector da poboación.

#EngánchateALaSaludMental e os seus materiais elaboráronse grazas ao financiamento do Ministerio de Dereitos Sociais e Axenda 2030.

mércores, 7 de decembro de 2022

Cómics para prevenir las adicciones comportamentales

 
preme na imaxe para ler o artigo completo

La Confederación Salud Mental España ha lanzado ya tres cómics dirigidos a jóvenes con la intención de sensibilizar y prevenir las adicciones comportamentales y que suponen el desencadenamiento de trastornos mentales. Se trata de los cómics Una más, orientado de prevención de la adicción al juego y a las apuestas; Entre dos mundos, centrado en la adicción al alcohol, el consumo de estupefacientes y su relación con la salud mental; y Next Level, centrado en la adicción a los videojuegos.

Leer máis en consaludmental.org  o en som360.org


martes, 6 de decembro de 2022

Aexia na Coruña, en Galicia

 
María Pedreda

Acabamos de coñecer que a candidatura elixida para acoller a sede da Agencia Española de Supervisión de la Inteligencia Artificial (Aesia) é a da Coruña. Esta candidatura é a decisión obxectiva e unánime do Nodo GalicIA. Unha vez tomada a decisión, a candidatura da Coruña contou co apoio da Xunta, das universidades, institucións e empresas da nosa comunidade. Esta foi unha das fortalezas, ser a candidatura de Galicia. 
No Sistema Universitario de Galicia (SUG) levan un longo percorrido de colaboración é cooperación na xeración do talento. O ultimo exemplo, crucial nesta ocasión, son os estudos en Intelixencia Artificial (IA) interuniversitarios impartidos nas tres universidades galegas, ofertando cada curso 150 prazas de grao en IA, ás que se engaden outras 60 do Máster de IA. Unha magnífica canteira conxunta de talento especializado. 
En Galicia contamos co potencial I+D+i dos nosos campus, protagonizado polas facultades e escolas e polos centros de investigación do SUG especializados nas tecnoloxías da información e as comunicacións: o Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e as Comunicacións (CITIC), da UDC; o Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías Intelixentes (CITIUS), da USC, e o Centro de Investigación en Tecnoloxías da Telecomunicación (atlanTTic), da UVigo..... seguir lendo en La Voz de Galicia.

Así que xa sabedes rapaces a IA é o futuro dos vosos estudos.

44º Aniversario da Constitución Española, a Carta Magna que nos une a todos

luns, 5 de decembro de 2022

Novidade na biblioteca: Diana & Charlie

 

Diana e Charlie teñen 17 anos, son trans e son inseparables. Pero o seu último ano de instituto estáselles facendo cada vez máis costa arriba: o pai de Diana négase a que esta comece un tratamento hormonal para transicionar; Charlie, pola súa banda, non termina de atopar o seu lugar neste mundo tan binario, e a súa saúde mental empeza a tambalearse...

Diana & Charlie, xa na biblioteca e no itinerario de pinterest sobre os Dereitos Humáns

venres, 2 de decembro de 2022

Tal día como hoxe 2 de decembro...

 ..sucederon moitos fitos, algún deles curioso pola coincidencia:

  • 1915, Albert Einstein presenta a teoría da relatividade.
  • 1942, En Estados Unidos, no marco do proxecto Manhattan, para a construcción da bomba atómica, un equipo liderado por o físico Enrico Fermi pon en marcha o primeiro reactor nuclear do mundo (o Chicago Pile-1).
  • 1949, a Unesco declara o Día Internacional para a Abolición da Escravitude.
  • 1971, a sonda soviética Mars 3 aterra en Marte, convirtíndose no primeiro vehículo humano que chega a este planeta. Como obxetivo tiña enviar fotografías da superficie do planeta e analizar a atmósfera.
  • 1993, a NASA lanza o transbordador Endeavour para reparar o telescopio espacial Hubble, que foi lanzado cun error no aparato óptico que sirve de guía ao espello principal do telescopio, e así non podía funcionar correctamente...
Cantos outros fitos nos deparará o futuro se en pouco máis de 100 anos sucederon estos eventos? 

xoves, 1 de decembro de 2022

Tal día como hoxe...en 1990

 ...os obreiros de ambos lados do Eurotúnel se encontraron.

A Canle da Mancha foi un símbolo da separación entre o continente europeo. 34 quilómetros de auga separan as costas francesas e británicas, o que supoñía un problema para o comercio europeo.

Tras varios meses de preparativos e comprobacións, o presidente francés François Mitterrand e a súa homóloga británica Margaret Thatcher asinaron o 29 de xullo de 1987 un acordo para construír o Túnel da Canle ou Eurotúnel, cun orzamento de 4.500 millóns de euros a través de empresas privadas.

Perfil geológico del túnel.
Fuente: WIkimedia Commons

A gran obra arquitectónica comezou en decembro de 1987. 4.000 obreiros ao lado británico e 4.000 do francés traballaron para terminar na data estipulada cada unha das súas escavacións, que se atoparían a metade de camiño. O proxecto para levar a cabo a construción submarina máis grande do mundo constaba de dous túneles ferroviarios principais, un túnel central máis pequeno e 245 pasarelas de cruzamento. Todo isto supuxo escavar un total de 153 quilómetros, polo que foi necesario utilizar un millón de toneladas de formigón para reforzar a estrutura.

Para saber más easyviajar.

mércores, 30 de novembro de 2022

Novidade: Gústamos da banda deseñada: Con las manos desnudas


Coas mans espidas é a biografía de Suzanne Nöel, outra desas pioneiras do século XX que merecen ser recuperadas para que ocupen o seu merecido espazo nos libros de historia.

A súa condición de muller fíxolle entrar no mundo da medicina tarde, aburrida da vida burguesa parisiense e co apoio do por entón o seu marido. De aí interesouse na cirurxía reconstructiva e os efectos da Primeira Guerra Mundial deixaron forte madeixa nela. Logo converteuse nunha gran defensora e innovadora da cirurxía plástica e defensora dos dereitos das mulleres, que tamén transformo nun activismo feminista desde a súa posición social privilexiada.

Xa na biblioteca Con las manos desnudas.

luns, 28 de novembro de 2022

Novidades sobre a educación en igualdade


Estos días que tedes a mostra de obras sobre o 25 de novembro "Contra a violencia de (calquer) xénero", queríamos chamarvos a atención de dúas obras moi interesantes que espertan o terror máis fondo pois non debería ser certo que o ser humano sexa capaz de cometer feitos de tanta violencia:

  • Hierba: a historia real dunha supervivinte: Le Ok-Sun, unha moza coreana que durante a Guerra do Pacífico foi explotada como «muller de consolo», o eufemismo utilizado polo exército imperial xaponés para referirse ás súas escravas sexuais. A día de hoxe, aquel segue sendo un dos capítulos máis escuros do século XX. Partindo das entrevistas que mantivo con Le Ok-Sun nunha residencia de anciáns, a autora narrou o devir da súa infancia nun ambiente extremadamente humilde, vendida sucesivamente a varias familias adoptivas, ata que chegou a ocupación xaponesa e en 1942 foi trasladada á forza a unha base aérea en China.
  • Los pies vendados: Seguindo o costume tradicional, segundo mandan os canons de beleza para así poder aspirar a un matrimonio que permita ás nenas subir de clase social, a moza Chunxiu é obrigada a vendarse os pés para que non crezan, coa tortura física que supón. Pero o calvario non termina aí. Coa chegada de Mao deberá soportar a presión dunha nova sociedade que rexeita os hábitos da Chinesa imperial. Os pés vendados constitúe un curso de historia de primeira man e, ao mesmo tempo, unha crítica aberta ás sucesivas revolucións vividas por China, pero tamén é a tráxica biografía dunha muller que as sufriu.
Non deixedes de revisar a selección e atoparedes verdaderas obras mestras!


xoves, 24 de novembro de 2022

Contra a Violencia de Xénero: Nin unha máis


Somos persoas, non importa sobre quen se exerza violencia, defendamos o respeto a ser como somos sen importar que ou como somos.

Nin un menos, nin unha mais!

mércores, 23 de novembro de 2022

Imparables; así somos

Desde a sabana de África ata os casquetes polares de Groenlandia, os humanos dominamos o planeta Terra. Pero, como o logramos? Porque somos Imparables

Os leóns son máis fortes que nós, os golfiños nadan mellor, e non temos ás! 

A través desta apaixonante viaxe de millóns de anos, descubrirás cal é este superpoder que nos fai imparables. Quen dixo que a historia da humanidade era aburrida? Ananos, serpes xigantes, o Espírito do Gran León, o dedo dunha nena que viviu hai 50.000 anos... Descobre os misterios da orixe da humanidade e penétrache nunha aventura épica e real: a nosa, a de todos os humanos.

Xa na biblioteca!!!

venres, 11 de novembro de 2022

Referentes: non todos xogamos coas mesmas cartas


REFERENTES é un programa que pon o foco na mocidade cultural e étnicamente diversa. Nenos, nenas e adolescentes que forman parte da sociedade española pero non ven o seu reflexo nela. Con REFERENTES Accem damos visibilidade a persoas relevantes racializadas e diversas culturalmente. Nadas ou criadas en España, do ámbito científico, universitario, do deporte, a música, a arte, a empresa, o cinema, a comunicación… para poñer en valor unha sociedade étnica e culturalmente diversa. Exemplos que serven como inspiración e rompen cos estereotipos que relacionan determinados fenotipos con certos postos de traballo ou a cor de pel coa nacionalidade. Que combaten condutas discriminatorias e normalizan a presenza de mozas étnica e culturalmente diversos en todos os ámbitos. Queremos que miles de mozos véxanos como os seus referentes, que sexan reflexo dunha sociedade diversa na que todos e todas esteamos representados e poidan contribuír a transformar as aspiracións das e os máis novos.

sábado, 5 de novembro de 2022

No mes da ciencia en galego: Itinerarios de....

No mes da ciencia en galego queremos lembrar as recomendacións desde os departamentos científicos que temos na nosa biblioteca, unha selección de lecturas importantes para o alumnado:
Tamén podedes visitar o noso catálogo baixo a temática de divulgación científica ou ben os nosos pinterests específicos....e sempre rodeados de boas lecturas e curiosidade a raudais.


luns, 31 de outubro de 2022

Novidades: Aprendemos xogando


OZOCO GZ é unha empresa sita no Carballiño que se encarga de crear xogos como os que acabamos de mercar: 

  • Ti non es de aquí? trata de mostrar curiosidades da nosa terra nun xogo tipo trivial con preguntas moi curiosas.
  • Vacaloura, trata dun xogo de 500 preguntas para aprender a nosa lingua.

Todo un desafío para pasalo ben e aprender!!!

mércores, 26 de outubro de 2022

Premio Nacional de Narrativa: Marilar Aleixandre

Por segundo ano consecutivo temos un Premio Nacional de Narrativa en galego. Tralo premio otorgado a Xesús Fraga con Virtudes (e misterios), nesta convocatoria a premiada é Marilar Aleixandre por 'As Malas Mulleres', obra que o xurado recoñece como “unha singular novela histórica sobre a situación carcelaria das mulleres no século XIX cun admirable dominio do diálogo e da linguaxe”. “Nunca te esperas estas cousas”, recoñece a escritora tralo fallo.

“Está a facerse literatura de moita calidade en Galicia e está ben que os Premios Nacionais recoñezan obras escritas nas distintas linguas cooficiais. Hai xente á que non lle gusta moito pero a realidade é que é a lingua de Galicia”, sostén Aleixandre citando como exemplo a Ismael Ramos, vencedor do mesmo galardón este ano na categoría de Poesía Nova.

O xurado aplaudiu a forma en que “recupera a memoria dunha forma brillante en diálogo coa tradición literaria. Un coro de voces femininas de diversas clases sociais introduce elementos da poesía popular e a cultura oral”. Nesta liña, a autora recoñece que en efecto “a novela ten unha parte da historia das mulleres marxinadas e esquecidas que estiveron na desmemoria”. O comité encomiou igualmente a maneira en que Aleixandre “pon o acento nas desigualdades e á vez ofrece unha mirada esperanzadora: a capacidade de resiliencia e emancipación do ser humano, destacando a importancia da sororidade e do compromiso cos demais”.

Para saber máis da poeta, narradora e académica....

Marilar Aleixandre na nosa biblioteca.

martes, 25 de outubro de 2022

Premio Nacional de Investigación para Jóvenes Ángeles Alvariño


Foto de El Correo

Todos lembramos a Ángeles Alvariño, paisana da comarca de Ferrolterra; oceanógrafa, zoóloga e profesora, precursora na investigación oceanográfica mundial, en 1953-54 foi a primeira muller científica nun buque oceanográfico británico, o Sarsia. Pois o Ministerio de Ciencia e Innovación adoptou o seu nome para un Premio Nacional de Investigación para novos científicos nas áreas de ciencias e tecnoloxías dos recursos naturais. Este ano o premiado é Manuel Delgado Baquerizo polos seus estudos do bioma do chan como elemento clave para a saúde e, en definitiva, para a vida, nun escenario de cambio global.

Delgado é líder do Laboratorio de Biodiversidade e Funcionamento de Ecosistemas (BioFunLab) do Instituto de Recursos Naturais e Agrobioloxía de Sevilla (IRNAS-CSIC).

Gústanos saber de ciencia e máis se o premio leva o nome dunha recoñecida científica galega.

Norabóa a Manuel Delgado Baquerizo polos seus traballos  tan importantes para manter o noso ecosistema e protexer a biodiversidade.

Ler máis

luns, 24 de outubro de 2022

No Día das BEs falamos de...Jules Verne



Como sabedes por esta data sempre lembramos a un autor que nos gusta pero quizáis os máis novos xa non o teñan entre as súas lecturas máis directas. No 150º aniversario dunha das súas obras máis populares, A volta ao mundo en 80 días, traemos a Jules Verne á nosa biblioteca.
Igualmente temos un concurso polo que vos invitamos a todos a visitar a exposición, aprender deste autor e de paso ler as súas obras. 
No site específico de No Día das BEs falamos de... atoparedes todos os materiais: marcapáxinas, chapas... e logo colgaremos as fotos da exposición, pero de momento vos deixamos aquí o boletín de participación
Non o esquezades, sempre hai premios e a data límite para presentar resolto o boletín do concurso é 
o martes 15 de novembro.



domingo, 23 de outubro de 2022

Polo mundo tamén falamos en galego


Na estadía en Nüremberg coincidimos con docentes de Turquía, Gales e, cómo non, Alemaña. 
Todos eles aportaron o seu gran de area na nosa lingua.

luns, 17 de outubro de 2022

Día das Escritoras VII edición: Antes, durante e despois das guerras


A sétima edición do Día das Escritoras penétrase nun tema tan complexo e heterodoxo como a guerra desde o punto de vista das mulleres.
Unha selección de textos que, en galego, eúscaro, catalán e en moitos dos acentos do castelán de Latinoamérica e España escribiron un puñado de mulleres que, a día de hoxe, ninguén poderá dubidar forman parte de algo tan extenso como a cultura en español, por máis que, desafortunadamente, moitas delas case nin son coñecidas máis aló das súas fronteiras.
A maioría desas mulleres viviron, dun modo ou outro, a experiencia nefasta de distintas guerras -no máis amplo dos seus sentidos- e as súas secuelas e deixaron dun modo ou outro o seu testemuño por escrito.
Mujeres que, desde distintas disciplinas transmitíronnos a súa visión, a pesar de que algunha delas nunca publicase un libro: plumas do cotián, plumas desde a fronte, plumas na desesperación do exilio, plumas desde o coidado dos fillos, plumas na prensa, plumas políticas, e plumas ambientais… plumas, ao fin, que nos falan de ti a ti do vivido sen necesitar floreos e que podemos sentir coma se falásennos as nosas nais, as nosas avoas ou as nosas amigas. Mujeres, ao fin, que viviron ou sufriron a guerra.

Seguir lendo na páxina oficial.

xoves, 13 de outubro de 2022

A orixe da nosa lingua guapa


Unha meiga, unha profesora e un grupo de nenas e nenos ben espelidos protagonizan do CPI Santa Lucía de Moraña a primeira película de ficción da Real Academia Galega, baseada en feitos abraiantes pero reais como a vida mesma. Non perdades a fascinante historia do nacemento dun idioma especial coma ningún outro, porque sodes vós as persoas que tendes o superpoder de seguir a darlle mil primaveras máis de vida! Só tendes que berrar e practicar este retrouso máxico: Nós, en galego! A nosa lingua guapa!

A orixe da nosa lingua guapa é un filme producido pola Real Academia Galega a partir dunha idea orixinal da académica Fina Casalderrey,... seguir lendo na RAG

luns, 10 de outubro de 2022

'Dalle like á saúde mental. Polo dereito a crecer en benestar'

A celebración do Día Mundial da Saúde Mental o 10 de outubro é unha iniciativa da Federación Mundial da Saúde Mental (WFMH, nas súas siglas en inglés) que se celebra en máis de 100 países.

En España, supón unha das principais citas nas que todo o ámbito da saúde mental, e en especial o conxunto do movemento asociativo Saúde Mental España, mostra á sociedade o labor que realizan, visibiliza a situación das persoas con problemas de saúde mental e as súas familias e reivindícanse publicamente os dereitos deste colectivo

Segundo un informe de UNICEF, calcúlase que máis do 13% dos e as adolescentes de 10 a 19 anos padecen un trastorno mental. Tamén segundo este informe, a ansiedade e a depresión representan ao redor do 40% destes problemas de saúde mental, e a isto hai que sumar o malestar psicosocial de nenas, nenos e novos, que non alcanza o nivel de trastorno mental, pero que perturba a súa vida, a súa saúde e as súas expectativas de futuro.

A educación emocional é unha das pezas crave para fomentar a saúde mental desde as primeiras etapas da vida. Pero, ademais, existen unha serie de factores de risco que inflúen na saúde mental de nenas, nenos, adolescentes e mozos como son ser vítima de abusos sexuais, de acoso escolar ou ciberbullying, o xénero, as expectativas sobre o emprego ou o cambio climático, as adiccións con ou sen substancia, a soidade non desexada, ser migrante ou sobrevivir a un conflito bélico.

Por iso é prioritario incrementar os recursos destinados a estes grupos que abarquen a prevención e promoción da saúde mental, a detección, o diagnóstico, o tratamento e a continuidade de coidados dos trastornos mentais.


venres, 7 de outubro de 2022

Novedades: Los Simpson y las matemáticas

«Os Simpson» son algo máis que unha serie de animación para televisión, son un das iconas da cultura pop dos últimos 25 anos. Na cultura nerd ou geek son moi apreciados polas súas continuas referencias ás ciencias básicas; non en balde entre os seus guionistas hai licenciados e doutores en matemáticas, física e informática. Simon Singh, máis coñecido como o autor de «O Enigma de Fermat», descríbenos o universo matemático desta serie de animación no seu novo libro "Los Simpson y las Matemáticas"

As pílulas matemáticas que aparecen na comedia de Matt Groening non sempre son fáciles de entender para os fans, polo que Singh dedica gran parte do seu libro para explicar o seu significado para un público profano. A maioría aparecen documentadas nas web dos profesores Andrew Nestler e Sarah Greenwald (SimpsonsMath.com e Futurama Math).

Estas web inclúen material dirixido aos profesores de matemáticas de ensino secundario e bacharelato que estean interesados en usar Os Simpson nas súas propias clases.

Seguir lendo en Naukas

martes, 4 de outubro de 2022

Convención anual do HispaCón: Asociación Española de Fantasía, Ciencia-Ficción e Terror

Pórtico – Asociación Española de Fantasía, Ciencia-Ficción y Terror celebra un ano máis a súa convención anual: a HispaCón e nesta ocasión que cumpre os seus 40 anos terá lugar en Ferrol durante os días 7, 8 e 9 de outubro.

O espazo principal será o Centro Torrente Ballester (CTB), antigo Hospital da Caridade de Ferrol, que actualmente serve á cidade cunha nutrida programación de exposicións de arte contemporánea. Con todo, a HispaCón chegará máis lonxe, estendendo as súas actividades polo histórico barrio da Madalena e incluíndo lugares emblemáticos como o antigo Hospicio Municipal ou o Teatro Jofre.

Seguir lendo...

luns, 3 de outubro de 2022

Apoiamos a candidatura de Ferrol Patrimonio da Humanidade

 

Concello de Ferrol puxo en marcha no mes de xuño unha iniciativa en defensa da candidatura a Patrimonio Mundial que invitaba a participar a todos os ferroláns a través da fabricación de barcos de papel biodegradable para despois botalos ao mar. 
Implicáronse no proxecto «Contamos contigo?» asociacións, particulares e estudantes a través dos seus centros educativos como o noso pois tamén participamos desde varias materias e o obradoiro de papiroflexia. Finalmente, despois de varios meses recolectando os materiais, será o día 24 de outubro cando os barcos, que xa son arredor de 30.000, se boten ao mar dende o Arsenal militar de Ferrol.

E tí, pensas apoiar a iniciativa? Para elo entra na web oficial da campaña e súmate.

venres, 30 de setembro de 2022

Novidades: Elvis


Se testemuña dos humildes comezos do Rey do rock ‘nroll en Memphis como artista que loitaba por definir a súa voz e entrar na industria musical. Desde o famoso estudo de Sun Records ata os estudios de televisión de todo Estados Unidos, Chris Miskiewicz e Michael Shelfer exploran as vicisitudes do mozo Elvis Aaron Presley nesta apaixonante novela gráfica.

venres, 16 de setembro de 2022

Contando Ciencia

 

Comeza o II Ciclo Contando Ciencia ben preto de nos, desde a BE do IES de Fene, Violeta Miraz consigue o imposible, que científicos tan relevantes comuniquen os seus estudos ao público en xeral polo que non podemos deixar de asistir ás charlas na Casa da Cultura de Fene.
No cartaz tedes a temática, o relator e as datas...se sodes curiosos, asistide; non vos defraudarán.

xoves, 15 de setembro de 2022

Coñecendo a nosa contorna: A cova do Rei Cintolo, distinguida como a “Mellor Cova de Galicia 2022”

A Cova do Rei Cintolo, situada en Mondoñedo, é a gruta calcaria máis grande de Galicia e acaba de ser nomeada como “Mellor cova de Galicia, 2022” por Observer, axencia de turismo científico. Este destino foi explorado por primeira vez no século XIX e ao longo da súa historia foi obxecto de estudo de diferentes investigacións antropolóxicas. No ano 2019, a cova foi certificada por Observer como mellor destino científico da comunidade. O seu patrimonio natural, así como a boa xestión da súa conservación, foron algúns dos parámetros cos que Observer mediu a distinción desta cova, que finalmente foi nomeada como un dos seus destinos turísticos acreditados máis emblemáticos.

Seguir lendo en Destinos de Ciencia....

xoves, 8 de setembro de 2022

Coñecendo a nosa contorna: Ortegal, kilómetro cero do centro da Terra

Cabo Ortegal. Crédito: Deputación da Coruña

 Á sombra do cabo Ortegal fúndense o Atlántico e o Cantábrico. Para os mariñeiros das rías Altas é o quilómetro cero marítimo. Para os xeólogos, é o quilómetro cero da viaxe ao interior da Terra.

Un horizonte de pregamentos caprichosos con 1.160 millóns de anos en forma de cantís abruptos entre os máis escarpados da Europa continental (613 metros) onde se agarran con forza os crustáceos máis cotizados do litoral galego e descansan cada outono as aves europeas que emigran cara ao verán africano.

Un patrimonio incalculable que está a un pasiño de acadar o recoñecemento da Unesco coa declaración de Xeoparque, que pon en valor a historia da súa terra desde o punto de vista xeolóxico, paisaxístico e natural e ábrelle as portas a unha maior inxección económica para o desenvolmento do territorio...

Para saber máis GCiencia, entra de descubre, os resultados coñeceranse na primaveira do 2023.

luns, 27 de xuño de 2022

Olimpiada Cultural, preguntas e respostas


Preme na imaxe ou no QR do pé

Para despedir o curso queremos deixarvos a recopilación das preguntas e respostas da IV Olimpiada Cultural para que lle botedes unha ollada: os que participastedes para que lembredes o voso paso pola proba, e os que non participastedes para que vexades que con un pouco de interese e moita curiosidade podedes solventar as probas.

O reto é voso, queredes participar o vindeiro curso? pois quentade motores  porque nos xa estamos buscando probas, e non deixedes de anotarvos na vindeira convocatoria que salirá o 1 de decembro para ter a V Olimpiada Cultural á volta do Nadal.

Vos atrevedes??



domingo, 26 de xuño de 2022

Harry Potter cumpre 25 anos

 


preme na imaxe  e move o rato cara abaixo para despregar a información.

Harry Potter cumpre 25 anos e nos non deixamos de lelo.

Seguir lendo en La Vanguardia.
Máis info do 20º aniversario tamén en La Vanguardia.

Ano Santo: Iacobus Maris


Entre os días 24 de xuño e 22 de xullo, once grandes veleiros conmemorarán a viaxe do corpo do Apóstolo Santiago nun roteiro marítimo desde Xénova, en Italia, ata o porto de Vigo, durante unha travesía onde tamén percorrerán os territorios de Valencia, Sevilla e O Porto. Entre goletas, bergantines, pailebotes, carabelas e barcos da Volvo Ocean Race, o roteiro terá catro etapas ata a súa chegada a Galicia o 22 de xullo e poderá vivirse en cada un destes cinco portos onde recalará a frota. Posterior á chegada dos tripulantes ao porto vigués, serán trasladados en autobuses ata o Monte do Gozo para facer o último percorrido a pé ata Santiago de Compostela. Igualmente, os peregrinos terán dereito á Compostela, un recoñecemento que expide o Arcebispado de Santiago de Compostela en recoñecemento ao seu esforzo por completar a travesía.

Seguir lendo en La Voz de Galicia
Para saber máis Iacobus Maris.

Roteiro "O último barco"


Para rematar o curso, o grupo do club de lectura de adultos achegámonos a Moaña e Vigo para darlle unha homenaxe a Domingo Villar recentemente falecido.
Grazas á Asociación A illa dos ratos percorrimos as localizacións en Moaña, e Óscar, o noso guía, nos fixo lembrar moitos dos momentos relevantes na novela, grazas ao seu entusiasmo volvemos a ver a vila desde os ollos de Leo, incluso os de Estevez esperando os ladridos dalgún can no contorno. Visitamos a igrexia de San Xoan recentemente premiada pola súa restauración tan respetuosa e axeitada, vemos os miradores e as praias nas que Leo paseou con Walter, respiramos o mar salgado da ría de Vigo que vese ao lonxe, buscamos ao Vaporoso nas chalanas atracadas, imaxinamos a Camilo polas corredoiras, a Mónica no seu gabinete...e a Domingo, sempre Domingo falando coas persoas desta vila para forxar a súa historia.

Logo do almorzo, cruzamos a ría nun barco dos Piratas de Nabia para achegarnos á Escola Municipal de Artes e Oficios, onde esperabamos ver a Napoleón na porta co seu estimado Timur, paseamos polas rúas desta cidade que sempre está en obras, para finalmente ollar no Elixio, taberna sempre disposta a ofrecer unha cunca de caldo e un grolo de bo viño... 
Moitas grazas aos participantes por ter o ánimo por encima da tristeza de perder ao autor, para viaxar a Vigo e Moaña. Disfrutamos deste día perfecto no que a calor non fixo acto de presenza e a chuvia nos respetou o suficiente para ter unha xornada moi productiva.
E grazas de novo a Óscar quen nos fixo o roteiro do máis ameno.

Guía da visita en Moaña.