domingo, 7 de junio de 2009

Rosa Aneiros


O venres os participantes nas Xornadas de Clubs de Lectura disfrutamos de todos os relatores, das súas visións da lectura, as súas experiencias como lectores e como dinamizadores da mesma entre os rapaces.
(Se queredes saber máis visitade o blog do Segrel do Penedo)
Entre eles tivemos a visita de Rosa Aneiros, autora de Eu de maior quero ser, Corazóns amolecidos en salitre, O xardín da media lúa, Veu visitarme o mar, Resistencia entre outra obras.
Resultou do máis animada a súa conversa, explicándonos a súa experiencia como asistente aos encontros con autores dos clubs de lectura de Galicia, e a cen por hora, porque non pode falar doutro xeito, amosounos canto lle gusta ler, e aprender dos lectores porque cada un "le o que quere ler"; temos un prisma persoal polo que filtramos o que lemos e, según a nosa experiencia persoal, facemos noso o que lemos.
Saímos todos con gañas de ler Resistencia e o resto da súa obra. Foi unha ledicia escoitala, e máis hoxe ler nos xornais que gañara o premio Xerais de novela con "Sol de Inverno" ademais do premio Fundación Caixa Galicia de Literatura Xuvenil con "Ás de bolboreta".

Norabóa Rosa e grazas por facernos disfrutar coas túas verbas.

No hay comentarios :