Continuar lendo aquí.
Continuar lendo aquí.
A pesar de ter unha profunda formación relixiosa, Avelina rompeu coas normas sociais da súa época, rexeitando unha e outra vez os pretendentes que viñan "salvala" da súa soltería. A emigración, Galicia, a orfandade, a fe e a súa propia familia foron temas recorrentes nas súas composicións.
Ademais dos seus textos, a autora deixou constancia do seu talento en composicións musicais e en debuxos.
Antía Yáñez vén de gañar o premio Raíña Lupa de literatura infantil 2025, convocado pola Deputación da Coruña, pola súa obra Bragakadabra. O xurado destacou por unanimidade o humor, a imaxinación, a fantasía e a tenrura da obra, así como a reflexión que propón o libro sobre a capacidade de superación persoal e o empoderamento nun relato pensando para lectores novos pero de alcance universal.
Anímate a ler algunha das obras desta autora. Temos moitas delas na nosa biblioteca!
Unha figura de bronce lembra dende o pasado 29 a Domingo Villar na Alameda de Vigo unha das voces máis queridas da nosa literatura. A escultura, obra de Pedro Dobao, convida a sentar a carón do escritor e a compartir con el ese Vigo literario que soubo retratar coma ninguén.
Domingo Villar (Vigo, 1971 – 2022) Coa súa primeira novela, Ollos de auga (2006) iniciou a serie protagonizada polo inspector Leo Caldas. A segunda, A praia dos afogados (2009), supuxo a súa consagración no panorama internacional da novela negra con traducións en todo o mundo. Coas súas obras obtivo o Premio Frei Martín Sarmiento, o Premio Losada Diéguez e o do Libro do Ano da Federación de Libreiros de Galicia, ademais dos premios Sintagma e Brigada 21. Foi finalista dos Crime Thriller Awards e Dagger International en Reino Unido, do Premio Le Point du Polar Européen en Francia e do Premio da Academia Sueca de Novela Negra. En 2019 publicou O último barco. En 2021, viu a luz Algúns contos completos, un canto á amizade e reunións con amigos, fermosamente acompañado polos linogravados do artista Carlos Baonza. O libro Síbaris, foi unha obra de teatro publicada de maneira póstuma, en 2023, e levada aos escenarios por Lois Blanco, cun elenco formado por Carlos Blanco, Belén Constenla, Oswaldo Digón e Pablo Novóa.
Como vedes, todas as súas obras están na nosa biblioteca, e para mostrar o noso pesar polo seu pasamento fixemos un roteiro polo escenarios da súa última obra O último barco có club de lectura de adultos.
Chus Pato é a gañadora do Premio Nacional de Poesía 2024 por Sonora, un poemario publicado por Xerais en novembro de 2023. O xurado do premio, que entrega do Ministerio de Cultura, destacou este libro por ser “unha obra experimental, unha expansiva e concentrada conversa entre o poema e a morte, aquela que, tras a orfandade da nai, arrastra os lectores cara aos abismos da propia liñaxe”. O xurado define a autora como unha peza fundamental da poesía galega e subliña as “novas formas de deconstruír e reconstruír os marcos do pensamento poético tradicional”.
Do mesmo xeito, o xurado sinalou que o poemario crea “espazos textuais repletos de fugas: retóricas, semánticas, capaces de hibridar distintos códigos nos que se desprega toda a súa inextinguible potencia sonora. En Sonora, memoria persoal, social e política murmuran as múltiples voces dunha das poetas contemporáneos máis audaces. Chus Pato móstranos na súa obra o enfoque da poesía como elemento transformador da linguaxe”.
Na súa anterior edición, o galardón recoñeceu a Yolanda Castaño pola súa obra Materia. Deste xeito, é o segundo ano consecutivo que o Ministerio de Cultura recoñece a obra dunha poeta galega publicada en Xerais.
Pronto na nosa biblioteca!!!
Paula Carballeira
é unha autora polifacética que leva publicados numerosos libros que abranguen
todos os xéneros: en teatro, narrativa e poesía e álbum ilustrado. Ademais a
súa obra está dirixida a todos os tramos de idade, dende prelectores ata a
idade adulta.
Máis que nada é
unha muller de teatro como escritora, narradora, directora e actriz de teatro e
televisión.
Estas foron algunhas das obras premiadas que xa tedes na biblioteca:
Dirección Xeral
de Ordenación e Innovación Educativa, da Consellería de Cultura, Educación,
Formación profesional e Universidades fai pública a Resolución de 21 de abril de 2023 pola que se recoñece a Manuel Núñez Singala co Premio dos Clubs de Lectura 2023.
No ano 2015 creouse este premio co obxecto de
recoñecer cada ano a aqueles autores e autoras que, cos seus libros, axudan á
construción de lectoras e lectores nestas etapas da adolescencia e a mocidade
que, no ámbito da lectura, están consideradas como etapas de risco de abandono,
ao ampliarse o abano de estímulos e intereses.
Até o momento recibiron este galardón os escritores Agustín FernándezPaz (2015), Ledicia Costas (2016), Miguelanxo Prado (2017), Carlos Negro (2018),
María Reimóndez (2019), Andrea Maceiras (2020), Eva Mejuto (2021) e Antía Yáñez
(2022).
Manuel Núñez Singala é un dos autores máis
seguidos polo lectorado infantil e xuvenil galego. Dous dos seus títulos, O achado do castro
e Atranco no banco, están entre os 50
libros máis lidos nos Clubs de lectura no curso 2021/2022.
Seguro que non lembrades a David Rubín, un dos nosos ilustradores e autores favoritos máis creativos, que veu de visita por alá no 2015.
Acaba de presentar a súa última obra O lume, e como temos contacto con él, nola asinou e dedicou ao club de lectura.
Un inmenso asteroide aproxímase á Terra en traxectoria de colisión. Alexander Yorba, un afamado arquitecto de mediana idade, é o encargado de idear e levantar con urxencia unha colonia lunar para asegurar a pervivencia da humanidade #ante o inevitable desastre. Inmerso na devandita construción, diagnostícaselle un tumor cerebral en fase terminal; apenas lle restan de vida os mesmos meses que faltan para que o asteroide choque co noso planeta. Este dramático feito fará que se reformule a súa propia natureza profesional e persoal, o que lle leva a renunciar aos seus labores na colonia para reunirse coa súa familia, coa que apenas tiña contacto. Unha decisión que desencadeará unha serie de fatídicos acontecementos que danarán o crédito profesional e a vida familiar de Alexander, condenándoo a vagar nunha dramática, visceral e reveladora odisea por diferentes lugares do mundo; unha desesperada carreira cara ao fin dos tempos, contra a morte, a tolemia e a súa propia e atormentada conciencia.
Estamos desexando ler esta obra tan agaiolante. Esta edición de Demo Editorial contén unha ilustración que enmarcaremos, a edición en castelán de Astiberri pon á venda o making of da obra cos borradores orixinais.
Grazas David pola dedicatoria.
Por segundo ano consecutivo temos un Premio Nacional de Narrativa en galego. Tralo premio otorgado a Xesús Fraga con Virtudes (e misterios), nesta convocatoria a premiada é Marilar Aleixandre por 'As Malas Mulleres', obra que o xurado recoñece como “unha singular novela histórica sobre a situación carcelaria das mulleres no século XIX cun admirable dominio do diálogo e da linguaxe”. “Nunca te esperas estas cousas”, recoñece a escritora tralo fallo.
“Está a facerse literatura de moita calidade en Galicia e está ben que os Premios Nacionais recoñezan obras escritas nas distintas linguas cooficiais. Hai xente á que non lle gusta moito pero a realidade é que é a lingua de Galicia”, sostén Aleixandre citando como exemplo a Ismael Ramos, vencedor do mesmo galardón este ano na categoría de Poesía Nova.
O xurado aplaudiu a forma en que “recupera a memoria dunha forma brillante en diálogo coa tradición literaria. Un coro de voces femininas de diversas clases sociais introduce elementos da poesía popular e a cultura oral”. Nesta liña, a autora recoñece que en efecto “a novela ten unha parte da historia das mulleres marxinadas e esquecidas que estiveron na desmemoria”. O comité encomiou igualmente a maneira en que Aleixandre “pon o acento nas desigualdades e á vez ofrece unha mirada esperanzadora: a capacidade de resiliencia e emancipación do ser humano, destacando a importancia da sororidade e do compromiso cos demais”.
Para saber máis da poeta, narradora e académica....
Desde a revista WMagazine vos achegamos un artigo de Darío Villanueva e José Manuel Glez Herrán.
Cúmprense cen anos do falecemento dunha das escritoras españolas máis importantes e pioneira dos dereitos da muller. WMagazín, con apoio de Endesa, publica unha pasaxe da introdución das súas 'Obras completas' que dá claves sobre as primeiras influencias de Pardo Bazán: Victor Hugo, Byron, Heine ou a novela 'Crime e castigo'...
O prestixio de Emilia Pardo Bazán creceu neste século XXI ata obter o sitio que merece na literatura e accións sociais por ser unha gran defensora da igualdade e os dereitos da muller. Un figura relevante da literatura española entre os séculos XIX e XX nada na Coruña o 16 de setembro de 1851 e falecida en Madrid o 12 de maio de 1921. Foi condesa de Pardo Bazán, xornalista e case todo no mundo da creación literaria: @cuentista, novelista, poeta, ensaísta, dramaturga, tradutora, crítica literaria, editora, catedrática e quixo entrar na Real Academia Española (RAE) pero non llo permitiron.... seguir lendo
No marco das conmemoracións do centenario de Emilia Pardo Bazán, a Xunta de Galicia pretende achegala máis que nunca ás nosas aulas polo que se valora especialmente a posta en marcha de ferramentas pedagóxicas que destaquen as principais obras, fitos, publicacións e documentos producidos por esta galega universal.
A nova unidade deseñada polas profesoras Arantxa Fuentes e María López foi elaborada “coa máxima rigorosidade académica” e dará a coñecer entre o alumnado “as facetas máis agochadas da excepcional traxectoria vital e artística de Pardo Bazán, incidindo de xeito especial na súa condición de defensora dos dereitos das mulleres”. Está dirixida a estudantes de 4º da ESO e 1º de Bacharelato, aínda que conta cun enfoque transversal, polo que tamén permitirá traballar con alumnos e profesores doutros niveis educativos.
A unidade didáctica aposta por unha lectura crítica e reflexiva para fomentar o espírito investigador nun total de sete competencias clave, entre elas, a comunicación lingüística, expresións culturais, así como as competencias sociais e cívicas abordando aspectos como a perspectiva de xénero e a educación en igualdade.
Premede na imaxe para acceder
Grazas a Isabel Armesto, representante da editorial Xerais puidemos disfrutar de Rocío Leira, finalista do XI Premio Jules Verne de LIX de Xerais, aínda que fora na distancia e con algún atranco dixital o pasado xoves 13.
Os alumnos de 1º ESO presentaron a autora e a obra Trescatorcedesaseis que leron no club de lectura e proposta tamén de lectura deste nivel.«Xogamos?» Ese é o contido dun correo electrónico que un día recibe o profesor Benavides. O matemático acepta o lance e dende ese intre terá que desentrañar o misterio que se agocha tras os asasinatos que se están a producir no campus universitario. Coa axuda de Silvia, unha enigmática alumna da facultade de Matemáticas, Benavides deberá resolver os desafíos lóxicos que un intelixente asasino lle vai propor.
Mensaxes cifradas, pistas inquietantes e
códigos aparentemente irresolubles danse cita nesta aventura chea de intriga na
que entrarás de cheo nunha parte da historia das matemáticas. Comeza o xogo!
É a primeira vez que un documental se adentra na poesía galega, descubrindo a súa historia, contando a revolución literaria dos 90 e coñecendo como están sendo as novas formas de expresión poética.