venres, 30 de novembro de 2018

Novedades: Vivir bien la vida


Llega a España la traducción del brillante y lúcido discurso que J.K. Rowling pronunció ante los nuevos graduados de la Universidad de Harvard en el año 2008.

En él, la autora de la aclamada saga de Harry Potter alaba las virtudes del fracaso y el papel crucial de la imaginación, enraizando estos conceptos con momentos clave de su vida.

El discurso cuenta con ilustraciones originales de Joel Holland, adaptadas por Andrea “drBestia” Cavallini para esta edición.
«No necesitamos magia para transformar nuestro mundo; ya tenemos en nuestro interior todo el poder que necesitamos: el poder de imaginar algo mejor.»

xoves, 29 de novembro de 2018

Novedad: No te calles



La fuerza de la amistad, las consecuencias del odio y la importancia de dar voz a quienes no la tienen son algunos de los temas que el lector podrá encontrar en No tecalles, una antología de relatos que reúne a escritores, poetas, ilustradores y youtubers por una causa común: luchar contra el odio.

Javier Ruescas (PLAYProhibido creer en historias de amor) y la booktuber Fa Orozco han sido los encargados de coordinar a un equipo galáctico que incluye a Chris Pueyo (El chico de las estrellasAquí dentro nunca llueve), Benito Taibo (Persona normalCorazonadas), la ilustradora Sara Fratini y la youtuber Andrea Compton.


Seguir leyendo en El Templo de las mil puertas

martes, 27 de novembro de 2018

Novidades: Street Poems



Fran Alonso volve sorprender desde a poesía infantil e xuvenil, cunha ollada interdisciplinar, fundindo a frescura e a forza dos versos coa improvisación rebelde da "street art". 
Este é un libro de poemas inconformistas, críticos, gamberros e combativos; disparos de graffiti que poderían ser escritos nos muros e rapeados con pintura nas paredes, seguindo a estela da arte na rúa, un libro que procura espazos de confluencia entre as artes plásticas e a poesía. 
Os poemas de "Street Poems", volven mostrarnos un autor atrevido, capaz de actualizar e sacudir o lectorado de poesía infantil e xuvenil.

mércores, 21 de novembro de 2018

Contando Ciencia... con Xurxo Mariño



E estivemos alí; 11 IES da comarca de Ferrolterra disfrutamos da "Música da mente" con Xurxo Mariño, Doutor en Ciencias Biolóxicas pola USC, quen dividíu a charla en dúas partes: unha introducción sobre o sistema nervioso e o seu sentido evolutivo e en segundo lugar falounos da actividade eléctrica das neuronas e a conversión das descargas eléctricas en sons, co cal podemos escoitar o funcionamento do cerebro.


martes, 20 de novembro de 2018

No mes da ciencia e polo 25 de novembro lembramos ás mulleres que foron donas de sí

Preme na imaxe para velas


No mes da ciencia falamos en positivo das mulleres que foron donas de sí e superaron a fenda de xénero aínda que con antrancos.

Podedes disfrutar da exposición e descubrir as súas obras grazas ao traballo do equipo de biblioteca do CFPI Ferrolterra e a Juan Casal que nola cedeu.

No boletín da exposición podedes atopar as mulleres que se describen e se son correctos na biblioteca vos entregarán as pegatinas das mulleres.

luns, 12 de novembro de 2018

Homenaxe a Stan Lee



Desde NeptuNeda...con curiosidade

Os representantes estelares
Este curso embarcámonos nun proxecto intercentros. No CFPI Ferrolterra viron que representando o Sistema Solar a escala e sendo eles o Sol, o resto de planetas coincidían con varios centros escolares:
Mercurio (un pouco desubicado); IES Saturnino Montojo. Venus; IES Sofía Casanova. Terra; CEIP Recimil. Marte; CEIP Esteiro. Xúpiter; IES Canido. Saturno; IES Catabois. Urano; IES As Telleiras. Neptuno nos IES Fernando Esquío. Plutón rescatado; CEIP Couceiro Freijomil.
 Así o noso centro sería Neptuno polo que imos a estudar este planeta e relacionalo co resto. Pero qué sabemos de Neptuno?
Neptuno é o oitavo planeta do Sistema Solar e o máis afastado do Sol, que forma parte dos planetas exteriores ou xigantes gaseosos. Foi ademais o primeiro en ser descuberto grazas a operacións matemáticas, a partir do comportamento orbital de Urano, Saturno e Xúpiter.
O seu nome provén do Deus romano dos océanos, chamado polos gregos Poseidón.
Xunto con Urano, catalogóuselles como os “xigantes xeados” do Sistema Solar, dado que as súas órbitas distan demasiado do Sol para conservar temperaturas sequera próximas aos 0 ° C. Con todo, Neptuno é lixeiramente máis grande que Urano e bastante máis denso. 
Neptuno foi considerado o planeta máis afastado do Sistema Solar ata o descubrimento en 1930 de Plutón, ata que en 2006 recuperou o seu título, pois Plutón pasou a considerarse un planeta anano ou planetoide.
Seguiremos comentando…

sábado, 10 de novembro de 2018

Homenaxe á primeira muller enxeñeira da historia: Elisa Leónida Zamfirescu


Google homenaxeou co seu doodle á primeira muller enxeñeira da historia, Elisa Leónida Zamfirescu. Nacida o 10 de novembro de 1887 en Romanía, esta muller romanesa tivo que trasladarse a estudar á Universidade Técnica de Berlín porque non a deixaron ir a Bucarest. Se graduó con honras en 1912 en enxeñería mecánica -unha das primeiras mulleres en facelo- e traballou nun laboratorio do Instituto Xeolóxico de Bucarest como enxeñeira química. Zamfirescu, que foi enfermeira durante a Primeira Guerra Mundial, tamén foi unha gran defensora do desarmamento internacional.
Seguir lendo en La Vanguardia