lunes, 27 de septiembre de 2021

"Ahora soy Medea"


 "Sucedió hace muchos años, una clase de latín. Sí, era el tiempo en que estudiabas griego y latín y hasta francés. Ese tiempo. El profesor se llamaba Solano y era un hombre de una intensidad bestial. Todavía resuena en mi cabeza su voz, siempre al borde del quebranto y hasta del alarido, pronunciando con acento tenebroso las inmortales palabras de Medea tras matar a sus hijos: «¡Medea nunc sum!». '¡AHORA SOY MEDEA!'.
Recuerdo su mirada enfebrecida, los ojos saltones, la mano levantada, mirándonos inquisitivo, fiero, como si fuéramos sus hijos agonizantes. Sus explicaciones, que nos dejaban boquiabiertos: «Medea no mata a sus hijos para vengarse; no hay ni un asomo de venganza en ese acto: los mata para SER, porque sólo una mujer sola, despojada de todo rastro de feminidad, de maternidad, una mujer que ha vuelto a ser YERMA, puede enfrentarse a la traición suprema del hombre que ama»....

Seguir lendo a Isabel Coixet na Revista XL

Escoita o artigo na voz da autora: 

viernes, 24 de septiembre de 2021

Vidas cruzadas. Un cómic sobre o bullying


«Vidas Cruzadas» propón 4 historias relacionadas có Acoso Escolar que se van entrelazando, ao longo de cerca de 60 páxinas que se van lendo en tempo real coas voces e interpretacións de actores de doblaxe e efectos sonoros que nos fan adentrarnos nunha experiencia inmersiva (é recomendable ler o cómic con auriculares para apreciar mellor os detalles). No fondo, estamos ante unha forma narrativa moi orixinal que queda entre unha película e un audiolibro.

Máis información na Fundación Educacuentos

jueves, 23 de septiembre de 2021

Novidades de Cultura Clásica

Premede nas imaxes 

Canto sabedes de Julio César e de Zeus? Para averigüar as seguintes preguntas teredes que ler as novas incorporacións da biblioteca.

Por que Rómulo estaba sempre tan enfadado? Como foi iso de que un par de gansos parlanchines salvasen o Capitolio? Por que Cleopatra deixouse envolver nunha alfombra polvorienta? E por que deben dous grandes amigos enfrontarse nun combate de gladiadores? César e compañía cóntannos neste divertido libro ilustrado todas as súas aventuras sen pelos na lingua. Unha viaxe fascinante e educativa á Antiga Roma

Por que Aquiles é o heroe máis famoso de Grecia? Que teñen que ver Afrodita e unha mazá coa guerra de Troia? Por que se coñece a Artemisa como a deusa da Lúa? Por que Europa deu o seu nome a un continente? Da A de Afrodita á Z de Zeus, este libro ilustrado mergullarache nas historias máis famosas e apaixonantes da mitoloxía grega. Prepárate para unha viaxe sen igual da man dos deuses e heroes.

martes, 21 de septiembre de 2021

Efemérides: Morte de Carlos I de España e V de Alemaña


21 de setembro de 1558 faleceu Carlos I de España, e V de Alemaña, no mosteiro de Yuste, o lugar onde o monarca que dominou o mundo decidiu pasar os seus últimos anos de vida, despois das abdicacións de Bruxelas —celebradas un par de anos antes—, tras as cales o seu irmán Fernando quedou ao mando do Imperio Germánico e o seu fillo Felipe II tomou posesión do reino de España e das posesións do Novo Mundo.

Paradoxos do destino: o home que dominou o mundo coñecido, que se enfrascou en múltiples batallas, non tivo unha morte heroica nin gloriosa. Foi un insignificante mosquito o que liquidou a un dos reis máis poderosos da historia da humanidade.

Se queres saber a historia do neto dos Reis Católicos e a súas xestas segue lendo en Zenda.

lunes, 20 de septiembre de 2021

Comezo do roteiro ao redor do mundo


O 20 de setembro de 1519, Fernando de Magallanes partiu para emprender unha das maiores fazañas da navegación, que serviu para demostrar que, efectivamente, a terra era e é redonda. O mariño portugués partiu desde Andalucía ao mando dunha flotilla formada por cinco barcos (a Trindade, a San Antonio, a Concepción, a Vitoria e a Santiago) e 247 homes. Pero Hernando —como tamén era coñecido o navegante— de Magallanes non estivo só na súa xesta. O luso foi o encargado de comezar a aventura, pero quen a finalizou con éxito, e demasiadas penurias e fatigas, foi o vasco Juan Sebastián Elcano.

A expedición de Magallanes e Elcano, que partía tal día como hoxe, foi a primeira en "percorrer e descubrir toda a redondez do mundo" segundo palabras do propio Juan Sebastián de Elcano como recordamos nunha das Olimpiadas Culturais...

Le máis en Ruta Elcano

martes, 7 de septiembre de 2021

Visita de Manuel Rivas á nosa biblioteca


Manuel Rivas estivo connós o pasado 11 de marzo do 2020, si ledes ben xusto antes do confinamento pero ata o de agora o vídeo resistíase a subida a youtube.
Esperamos que disfrutedes con él tanto coma nos no seu momento, e se rastrexades no blog tamén podedes botar un ollo á galería de imaxes do acontecemento pois ter ao autor na biblioteca de Fernán Esquío, un trobador medieval de quen Manuel Rivas tomou unhas palabras para titular unha das súas obras, Qué me queres amor...?, foi todo un acontecemento.
Alí rodeados de tantos rapaces como puidemos meter na nosa biblioteca, trala presentación de Marta e Claudia, de ver os traballos dos alumnos de francés coas versións das obras de Rivas na lingua franca, e o mural que fixeran o alumnado de EPV baixo a mirada de Carmen Ozema..., o autor falounos da súa escrita, da súa nenez, dos seus sentimentos sobre a lingua, de tantas cousas que non fixo falta música de fondo pois trátase dun xoglar do século XX.
Moitas grazas Manuel por estar connós xusto antes de que as tebras da pandemia nublaran a nosa mirada.