Amosando publicacións coa etiqueta Normalización. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Normalización. Amosar todas as publicacións

domingo, 29 de abril de 2018

IV Certame Literario Carmela Loureiro


O Concello de Ferrol entregou este sábado os galardóns da cuarta edición do certame literario Carmela Loureiro, que se convoca a través do departamento de Normalización Lingüística e a Coordinadora de Equipas de Normalización de Ferrolterra ( CENL).
A antiga capela do Torrente Ballester albergou a cita, que presidiu o alcale, Jorge Suárez, e contou tamén coa presenza do edil de Normalización Lingüística, Álvaro Montes, así como dos alumnos e alumnas premiados. O xurado destacou a calidade das obras presentadas e o talento das firmas. O premio, ademais, rende homenaxe a Loureiro, profesora de Ferrolterra que contribuíu en enorme medida á difusión da cultura e o idioma galego entre os mozos.
O Accésit foi para Sentido da vida, Lucía Pérez Serantes do noso centro IES Fernando Esquío

domingo, 24 de setembro de 2017

Aprender a pensar coa biblioteca escolar


"Aprender a pensar coa biblioteca escolar" é o lema escollido para os materiais que a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria edita a comezos do curso 2017/2018 con destino ás bibliotecas escolares dos centros educativos galegos. O ilustrador Xosé Tomás foi o encargado, nesta ocasión, de realizar a  interpretación gráfica do lema anual. 
Unha biblioteca  escolar actualizada no seu modelo, nos seus recursos e equipamentos, nas súas propostas; atendida con profesionalidade e integrada no día a día do centro educativo, supón unha oportunidade única para axudar a nenas e nenos a desenvolver o seu pensamento crítico, a "aprender a pensar".
Aprender a pensar a través dos contos, da tradición oral, das lecturas de ficción, da poesía, do teatro; a través das lecturas de materiais de divulgación científica, a través das investigacións. Aprender a pensar co cine e coa música. Aprender a pensar a través do diálogo, nos clubs de lectura, nas actividades compartidas. Aprender a pensar baixo a guía e orientación dun profesorado consciente da importancia da curiosidade como motor vital e, tamén, da importancia de activar no alumnado os mecanismos  para desenvolver o pensamento complexo. Aprender a pensar nas clases de filosofía, pero tamén fóra das aulas regladas, onde a vida flúe en todo o seu misterio. A biblioteca escolar é un espazo privilexiado para que o alumnado non perda a súa capacidade de asombro; para que aprenda a formularse preguntas diante dos distintos fenómenos naturais ou sociais e, tamén, a procurar algunhas respostas á complexidade que lle toca vivir. 

venres, 13 de xaneiro de 2017

As xeniais 12 tiras de Davila sobre o galego no calendario da UVigo

ciencia davila

Doce meses e doce tiras de Luis Davila para promover o uso do galego. Así é a iniciativa da Área de Normalización Lingüistica da Universidade de Vigo, que vén de publicar o seu calendario de 2017 cos xeniais deseños do debuxante de Bueu. Esta ducia de tiras fai un calendario onde o humor do artista galego fai mestura cunha reflexión sobre a lingua galega.